John Wycliffe
John Wycliffe, nado en Hipswell, Yorkshire, Inglaterra, cara ao 1320, e finado en Lutterworth, Leicestershire, o 31 de decembro de 1384, foi un predicador, teólogo e filósofo escolástico inglés. Foi un dos primeiros disidentes da igrexa católica romana durante o século XIV.
John Wyclif | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c.1320 |
![]() | |
Falecemento | 31 de decembro de 1384 |
![]() | |
Nacionalidade | inglés |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | Protestantismo |
Alma máter | Merton College e The Queen's College |
Ocupación | Teólogo, tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Profesor na Universidade de Oxford, predicou contra o clero da época e propuxo unha serie de profundas reformas relixiosas inspiradas na Biblia. Os seus seguidores foron os lollardos, considerados precursores da Reforma protestante, opoñéndose mesmo á autoridade do Papa. Por este motivo, Wycliffe ten sido alcumado como a "Estrela da Mañá da Reforma". Tamén levou a cabo unhas das primeiras traducións da Biblia a unha lingua vernácula, en concreto ao inglés, completada en 1382 e coñecida co nome de Biblia de Wycliffe.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- John Wyclif's Political Philosophy, na Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés).