Augusta Emerita
A Augusta Emerita, ás veces tamén citada como Emerita Augusta, ou máis simplemente Emerita, era o nome latino da actual cidade española de Mérida.
Conxunto arqueolóxico de Mérida | |
---|---|
Maqueta de Emerita Augusta | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1993 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 664 |
NomeEditar
Varias personalidades defenden que o nome da cidade era Colonia Iulia Augusta Emerita[1][2][3][4] Alicia M. Canto atribúe el epíteto Iulia da cidade, documentado en diversas inscricións, como tubaxes de chumbo públicas[5], a unha posible fundación cesariana entre 48 e 44 a.C., como praesidium militar ou como municipium, anterior por tanto á única data admitida da creación colonial ex novo, a de Augusto. Non obstante, José María Álvarez Martínez, director do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida, rexeita a proposta de lectura I(ulia) (da cal só está documentado o I), e suxiren outros desenvolvementos desa inicial, como "I(mmunis)", xa que se sabe por fontes clásicas a súa condición de colonia inmune.
HistoriaEditar
Emerita foi a capital da provincia hispana de Lusitania. Foi fundada 25 a.C. por Publius Carisius, legado de Augusto, que estabeleceu nela veteranos das lexións Alauda V e Gemina X, ao remate do seu servizo logo das guerras cántabras (emeritus era en latín o licenciado ou xubilado). Inicialmente foi unha colonia romana, adquirindo logo o dereito itálico. Ademais de ser a capital da Lusitania, era tamén a capital do Convento xurídico emeritense. Emerita ocupaba un lugar estratéxico para o paso do río Anas, nas comunicacións entre a Bética e as explotacións mineiras da Gallaecia, pois Vía da Prata, como máis tarde foi coñecida, era a calzada romana que unía o porto de Gades (Cádiz) con Asturica Augusta (Astorga).
A actual Mérida, cuxo nome é a evolución de Emerita, conserva aínda abundantes restos arqueolóxicos e monumentais do seu esplendoroso pasado romano.
Sitios protexidosEditar
Código | Nome | Lugar |
---|---|---|
664-001 | Acueduto dos Milagros | Mérida |
664-002 | Acueduto de San Lázaro | Mérida |
664-003 | Cloaca | Mérida |
664-004 | Alcazaba | Mérida |
664-005 | Anfiteatro | Mérida |
664-006 | Arco de Tiberio | Mérida |
664-007 | Xenodoquio | Mérida |
664-008 | Basílica Casa Herrera | Mérida |
664-009 | Basilica de Santa Eulalia | Mérida |
664-010 | Casa do Anfiteatro | Mérida |
664-011 | Casa do Mitreo | Mérida |
664-012 | Circo | Mérida |
664-013 | Colección de arte Visigoda | Mérida |
664-014 | Columbarios | Mérida |
664-015 | Dique do Guadiana | Mérida |
664-016 | Cornalvo | Mérida |
664-017 | Encoro de Proserpina | Mérida |
664-018 | Foro | Mérida |
664-019 | Murallas de cidade | Mérida |
664-020 | Museo Nacional de arte romana | Mérida |
664-021 | Obelisco de Santa Eulalia | Mérida |
664-022 | Ponte do río Albarregas | Mérida |
664-023 | Ponte do río Guadiana | Mérida |
664-024 | Teatro | Mérida |
664-025 | Templo de Diana | Mérida |
664-026 | Templo da Concordia | Mérida |
664-027 | Templo de Marte | Mérida |
664-028 | Baños c/ Diego M.ª Creuet | Mérida |
664-029 | Baños romanos de Alange | Alange[6] |
Fonte:UNESCO
NotasEditar
- ↑ Étienne, R. e Mayet, F. (1984): "La dénomination antique de Mérida", en Lucerna, Homenaje a D.D. de Pinho Brandão. Porto, páx 159-172.
- ↑ Canto, A. M. (1989): "Colonia Iulia Augusta Emerita: Consideraciones en torno a su fundación y territorio", Gerión 7, páx. 149-205
- ↑ Canto, A. M. (1990): "Las tres fundaciones de Augusta Emerita (1987-1990)", Múnich, 289-297.
- ↑ Canto, A. M. (2016): "Colonia Iulia Augusta Emerita. Su posible fundación cesariana, 30 años después". Museo Arqueológico Nacional. Vídeo.
- ↑ Fundación Mérida: Tuberías de plomo con CIAE, en Celtiberia, 1 de decembro de 2005 (en castelán).
- ↑ A 18 km ao suroeste de Mérida.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augusta Emerita |