Galicia na Segunda República

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

A proclamación da II República editar

Desde fins de xaneiro ata mediados de febreiro de 1931, o goberno de Dámaso Berenguer foise desmembrando a base de dimisións.

Tras unha serie de negativas de importantes figuras políticas (Alba, Sánchez Guerra, Álvarez, ...), formouse o Goberno Aznar. Este goberno non conseguiu calmar a axitación da opinión pública: os disturbios universitarios seguiron e ante eles non se adoptou unha política coherente polas tensións que había entre os membros do Gabinete. Esta axitación é mostra evidente de que o goberno non fora capaz de paliar os males do país, que se lle atribuían ao goberno anterior.

A promesa máis inmediata de Aznar consistía na convocatoria de eleccións municipais e levouna a cabo rapidamente. Isto foi un erro desde o punto de vista da Monarquía, xa que nas eleccións municipais é onde resulta máis visíbel a diferenza de comportamento entre o mundo rural e o urbano: distintamente ao que ocorre nas eleccións lexislativas, o voto rural non compensa os resultados do urbano, e na cidade é máis difícil exercer os métodos caciquís e hai máis elementos populares dispostos a se opor.

A ausencia de eleccións en 1922 provocou incerteza sobre os resultados das que se producirían o 12 de abril de 1931. Foi unha novidade que o poder público non intervise, e tamén foi un dato importante a apatía dos monárquicos, que nin sequera intentaron unirse para levar a cabo unha campaña electoral coherente, que, incluso por separado, foi practicamente inexistente.

Deste xeito, o único que lle quedaba á Monarquía eran os caciques, que non foron capaces de se enfrontar ao espertar da opinión pública.

Agás en moi poucas cidades (xa fose polo seu conservadorismo ou a súa corrupción electoral), nas capitais de provincia conseguiron a vitoria as esquerdas. En todos os distritos de Barcelona e Madrid a vitoria foi para os republicanos (antimonárquicos). Por primeira vez en España, o goberno era derrotado nunhas eleccións.

Cada sector político monárquico optou pola súa propia actuación. Romanones non vía outra posibilidade que a transmisión de poderes. O resto do Consello de Ministros dubidaba entre declararse dimitido ou agardar ás eleccións lexislativas.

A actitude dos republicanos era dubitativa, pero a actitude do director xeral da Garda Civil, José Sanjurjo Sacanell, e a desunión dos dirixentes monárquicos animáronos a tomar o poder. Sanjurjo presentouse ante Maura e aseguroulle que tanto el como o Instituto acataban a vontade popular.

O desenvolvemento dos acontecementos induciu o Rei Afonso XIII a optar pola suspensión do exercicio da potestade real e a abandonar España.

Así, o 14 de abril de 1931, dous días despois das eleccións municipais, foi proclamada a II República Española en medio dun entusiasmo xeneralizado, pero con case todos os problemas importantes sen resolver entre os que estaban algúns que afectaban especialmente ó territorio galego.

Durante a II República editar

A Constitución Republicana de Decembro de 1931 foi a máis progresista da historia de España, ata o momento. Era liberal con tendencia popularizante, inspirada na da República Alemá de 1918, na mexicana de 1917, ... O texto definía España como unha república democrática de traballadores de toda clase, con sufraxio universal masculino e feminino (por primeira vez na Historia de España) e como un Estado aconfesional, aínda que se respectan todos os cultos e crenzas. Recoñecía os dereitos individuais e estabelecíanse amplas liberdades públicas e privadas. A Constitución facultaba ao goberno para expropiar bens considerados de utilidade pública. Establecía un modelo de economía liberal e o traballo como dereito e obriga. A muller alcanza o dereito ao voto, e non foi o único cambio positivo, xa que tamén se decretaba a igualdade de home e muller no matrimonio, e o dereito ao divorcio, e a igualación de fillos lexítimos e ilexítimos en dereitos.

Decreta a compatibilidade entre a soberanía nacional e o poder autonómico, desde o punto de vista de que aínda que o Estado se configuraba de forma integral, aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións. O poder lexislativo residía nas Cortes (unicamerais), o poder executivo no Consello de Ministros e no Presidente da República, asentándose a independencia do poder xudicial. Porén, o poder lexislativo primaría sobre o executivo.

Tamén se establece a separación efectiva entre Igrexa e Estado (liberdade de culto, prohibición da Igrexa no ensino e nas actividades económicas,...).

Forzas Políticas e sindicais editar

As forzas políticas e sindicais eran moi variadas. Eran de carácter republicano, por norma xeral, a pequena burguesía, a clase media, e no caso galego tamén algúns propietarios de ·"grandes empresas".

Forzas Políticas republicanas galegas editar

Eran:

Estes partidos van confluír, a partir de 1934,mediante o método da fusión ao partido estatal Acción Republicana (capitaneado por Manuel Azaña), formando, xunto con outros moitos partidos de esquerda, a Izquierda Republicana e a Unión Republicana.

Forzas políticas obreiras editar

As forzas políticas obreiras máis destacadas que operaban dentro do territorio galego eran:

Forzas nacionalistas editar

O principal partido de corte nacionalista en Galiza foi o Partido Galeguista, o cal contaba con figuras do talle de Ramón Otero Pedrayo, Lois Tobío Fernández, Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Antón Villar Ponte, Ricardo Carvalho Calero, Alexandre Bóveda ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Debido a que para as eleccións de 1936 o Partido Galeguista decidiu a súa unión á Fronte Popular, Vicente Risco, que xa realizara a súa viaxe a Alemaña e comezaba a simpatizar timidamente co fascismo e co nazismo, non podía soportar que o Partido Galeguista (o cal, lembremos, fora na súa orixe un partido de tendencia dereitista), concorrese ás eleccións na mesma confederación política que comunistas e socialistas. Por este motivo, el e mais un reducido grupo de militantes escindíronse do Partido Galeguista e fundaron a Dereita Galeguista.

Forzas conservadoras editar

Os partidos antirrepublicanos podían ser de dous tipos: ou ben respectaban a República, como a CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas) ou a URD (Unión Regional de Derechas), sendo este último un partido de masas monárquico-católico; ou ben eran de extrema dereita. Entre estas últimas achamos Renovación Española (representada en Galiza por José Calvo Sotelo), a Comunión Tradicionalista (constituída por carlistas) e a Falange Española (que contaba con poucos militantes en Galicia).

Forza centrista editar

Por indicacións de Niceto Alcalá Zamora, presidente da República ata Febreiro de 1936, Manuel Portela Valladares, colaborador do presidente desde os primeiros días da República, creou un partido de centro que pretendía estabelecera unha terceira forza política que superase a dicotomía esquerda-dereita, xa que aínda que Alcalá Zamora era de dereitas, se negaba a que a CEDA conseguise facerse co goberno de España, como sucedera no 1933. Mais o partido non tivo aceptación porque non tiña apoio popular nin unha propaganda convincente. Así pois, non pasou de ser unha frustrada tentativa de organizar un verdadeiro centro na II República.

Os problemas específicos galegos editar

Neste apartado, a realidade galega contou con varias problemáticas específicas neste período. Aínda así, destacan entre elas a cuestión agraria e mais a cuestión da autonomía.

Canto á primeira delas, esta radica na dificultade patente á hora de aplicar no noso país a reforma agraria republicana, dificultade motivada polas insuficiencias do Decreto de Redención de Foros aprobado en 1923. Debido ás particularidades históricas e socioeconómicas Galicia precisaba dunha lexislación agraria adecuada ás súas necesidades. Mais esta non chegou a existir nunca. Alén disto, os efectos da crise de 1929 notáronse na nosa comunidade, a pesar do seu illamento económico, de xeito que toda a estrutura agropecuaria vai resentiuse. A pesar do dito, algunhas das propostas da reforma republicana van ter unha aplicación directa e positiva no noso territorio, como pode ser a promoción de cooperativas, a creación de créditos agrícolas, a mellora das canles de comunicación (facendo estas máis áxiles), a declaración da pequena propiedade como patrimonio inembargábel,...

O segundo dos problemas, o da autonomía, conta con escasas peticións ao principio do réxime. Pese a isto, debemos lembrar que esta xa estaba presente antes do comezo da II República, posto que na Asemblea Nacionalista de Monforte de 1922 xa se demandaba a instauración dun réxime federal a nivel ibérico, onde Galiza tería case plena autonomía.

No ano 1931, Ricardo Carvalho Calero e Lois Tobío Fernández, membros da área de Ciencias Sociais e Xurídicas do Seminario de Estudos Galegos, presentaron o Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza. Este traballo, realmente avanzado en todos os planos, sentou as bases do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, en cuxa elaboración participaron, alén dos dous autores citados, personaxes do talle de Antón Villar Ponte, Aleixandre Bóveda ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O autonomismo fora gañando efectivos durante a época republicana, polo que non é de estrañar que fose aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936. O 15 de xullo foi entregado ao Presidente das Cortes, mais o golpe de Estado do xeneral Francisco Franco, levado a termo o día 18, truncou calquera posibilidade de aplicación do Estatuto recentemente aprobado.

Comportamento electoral dos galegos durante a república editar

Finalmente, outro dos problemas destacados deste período consistiu na carencia de limpeza electoral. A existencia de caciques dentro dos partidos republicanos, a falta de tradición electoral, o feito de que non existiron as eleccións municipais antes de 1934 (os alcaldes eran postos no seu cargo "a dedo") dificultaron e impediron a limpeza electoral que os republicanos pretendían cando chegaron ao poder.

O dito arriba debe ser moi tido en conta á hora de interpretar os resultados expostos a continuación. As tendencias de voto nas eleccións a Cortes foron os seguintes:

Notas editar

  1. VVAA, A gran historia de Galicia. Historia Política da Galicia Contemporánea. Tomo XI, Volume 5: República, Guerra Civil e Franquismo. Arrecife Edicións Galegas, Edición La Voz de Galicia. ISBN 978-84-96931-26-8

Véxase tamén editar

Outros artigos editar