Federación Anarquista Ibérica

A Federación Anarquista Ibérica (FAI) é unha organización fundada en 1927 en El Saler (Valencia) como continuación de dúas organizacións anarquistas, a portuguesa Unión Anarquista Portuguesa, e a española Federación Nacional de Grupos Anarquistas de España malia que foi fundamentalmente unha organización española[1]. Na actualidade a organización forma parte da Internacional de Federacións Anarquistas.

Bandeira da CNT-FAI

Traxectoria

editar

Desde a súa fundación ata a chegada da ditadura franquista desempeñou un papel importante no movemento obreiro español, sobre todo a través da denominada trabazón coa CNT, coa presenza de elementos faístas na organización anarcosindicalista. A intención era que o sindicato non se afastase dos postulados ácratas. Desta maneira, na década dos anos 30 o sector faísta da CNT opúxose ó sector trintista.

A súa organización estaba baseada sobre grupos pequenos de activistas autónomos. A FAI permaneceu como unha organización secreta, incluso despois do recoñecemento da súa existencia dous anos despois da súa formación. A súa natureza subrepticia fai difícil xulgar a extensión numérica dos seus membros. Estímase que xusto antes da revolución rondaba entre os 5.000 e 30.000, se ben esta cantidade aumentou drasticamente durante os primeiros meses da guerra civil.

A FAI non foi idealmente libertaria. Porén, esta non era autoritaria nos seus métodos reais; era permitida a liberdade de disentimento para os seus membros. En efecto, a organización total da FAI era moi relaxada, a diferenza do que significaba o modelo de "alianza" de Bakunin.

A FAI foi militarmente revolucionaria, con accións que incluían os roubos de bancos para a adquisición de fondos, e a organización de folgas xerais, pero ás veces chegou a ser máis oportunista. Apoiou esforzos moderados en contra da ditadura de Primo de Rivera, e en 1936 contribuíu ó establecemento da colaboracionista Fronte Popular.

A FAI edita un periódico mensual chamado Tierra y Libertad.

En Galicia

editar

A Federación Anarquista Ibérica comezou a súa implantación en Galicia en abril de 1931 ao se constituír a agrupación local da Coruña, seguíalle o núcleo local de Santiago de Compostela. En 1933 constituíuse o Comité Regional Galaico da FAI con 16 grupos locais e aproximadamente 150 afiliados, ademais da Coruña eran numerosas as agrupacións de Ferrol e Vigo. Na súa maioría os militantes da FAI eran cadros da CNT que se encargaban da acción directa no seo da CNT a través a formación de Comités de Defensa o que causaba tensións co sector moderado da CNT.

  1. Murray Bookchin The Spanish Anarchists: The Heroic Years, 1868-1936. AK Press, 1998, páxina 196

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar