Juan Carlos Mestre

escritor (poeta, ensaista) e gravador español, do Bierzo


Juan Carlos Mestre, nado en Vilafranca do Bierzo o 15 de abril de 1957, é un poeta, ensaísta, gravador e pintor español.

Infotaula de personaJuan Carlos Mestre
Biografía
Nacemento15 de abril de 1957
Vilafranca do Bierzo
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Actividade
OcupaciónEscritor (poeta, ensaísta), gravador e pintor
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Vexase o texto

Páxina webjuancarlosmestre.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 265517

Premio Castilla y León de las Letras en 2017 ao conxunto da súa obra,[1][2] tamén posúe outros importantes premios, como o Nacional de Poesía (2009) pola súa obra La casa roja.[3]

Traxectoria editar

 
Mestre recitando en Santa Cruz de la Palma.

Juan Carlos Mestre naceu en Vilafranca del Bierzo, no seo dunha familia con raíces galegas (seus avós eran de Castro Caldelas).[4]

O seu primeiro poemario foi Siete poemas escritos junto a la lluvia. A este seguiulle La visita de Safo. E co seu terceiro poemario, Antífona del otoño en el valle del Bierzo, publicado en 1986, resultou gañador do Premio Adonáis.

En 1987, durante a súa estancia de varios anos en Chile, publicou Las páginas del fuego e, máis tarde, de regreso a España, La poesía ha caído en desgracia, polo que se lle outorgou en 1992 o Premio Jaime Gil de Biedma.

Co seu poemario La tumba de Keats, escrito e editado durante a súa estancia en Italia como bolseiro da Academia de España en Roma, foi galardoado co Premio Jaén de Poesía de 1999.

Como gravador obtivo a Mención de Honor no Premio Nacional de Gravado da Calcografía Nacional (1999) e na VII Bienal Internacional de Gravado de Ourense (2002).

Expuxo a súa obra gráfica e pictórica en España, Europa e América, editando libros de artista e realizando gravacións discográficas xunto a músicos como Amancio Prada, Luis Delgado, José Zárate ou Pedro Sarmiento.

Nos seus recitais poéticos adoita acompañarse musicalmente cun acordeón ou con calquera outro instrumento que considere oportuno.

Un salto cara a adiante: primeiro poemario en galego editar

 
Mestre pintando unha das súas típicas dedicatorias.

Juan Carlos Mestre vén de dar un salto cara a adiante na súa traxectoria liateraria coa presentación do seu primeiro poemario en galego —a lingua da súa infancia— 200 gramos de patacas tristes, o pasado 12 de outubro deste ano de 2019. A presentación fíxose na súa vila natal, acto que serviu, tamén, de homenaxe a este autor, pero, así mesmo, de reivindación do galego do Bierzo.[4]

No acto, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, cualificou o paso dado por Mestre como «un feito marabilloso e impagable, que nos dá esperanza», mentres que o editor do libro, Miguel Anxo Fernán Vello, sinalou que esta obra en galego do poeta berciano é como «unha continuación dos autores históricos do Bierzo, como Sarmiento, Fernández Morales ou González-Alegre», para asegurar que este texto «está destinado a conquistar o futuro; trátase dunha nave que busca no tempo para entrar na república das letras galegas». Tamén interveu Héctor Silveiro, filólogo e membro correspodente da RAG no Bierzo, que puxo en valor e contexto o que supón que Mestre escriba en galego: «pedinlle dous poemas e mandoume un libro», dixo para destaxar que ese día foi «un día histórico para o galego no Bierzo, pola loita pola dignidade do galego nesta terra»; esta obra, continou, «será unha referencia e un revulsivo para a literatura galega». Pola súa parte, Xosé Luís Méndez Ferrín —a través dun vídeo— afirmou a importancia de que unha figura como Mestre «ofrecese unha lealdade lingüística ao Bierzo» ademais de emparentar a súa prosa poética con autores como Castelao ou Dieste.[4]

Finalmente, Mestre recordou que os seus inicios poéticos fixéraos no idioma galego, e que o primeiro premio que gañara, de mozo, foi no Barco de Valdeorras, confesando que «un libro que aínda hoxe segue comigo e que foi a salvación da miña vida foi Cantares gallegos de Rosalía».[4]

Premios editar

Poética editar

En palabras do autor:

Só hai un acto, escribiu Malraux, sobre o que non prevalecen nin a neglixencia das constelacións nin o murmurio eterno dos ríos: é o acto mediante o cal o home arranca algo á morte. O difícil talvez resida en poder vivir até as súas últimas consecuencias a vida do poema, escribilo vén despois, anotar o inexpresábel de aquela conxura contra o tempo, facer materia de memoria a experiencia de vida do que vive tal como lle gustaría ser recordado. A vida, escribiu meu amigo Jorge Riechmann, carece de sentido sen resistencia ao mal. Moitas veces pregunteime que outro sentido podería ter hoxe a poesía que non fose a fundación dun acto, xa novo ou reiterado, de conciencia, palabras sen dono na república dos borrados, de aqueles que conscientemente renunciaron a exercer todo dereito que implique algunha forma de autoridade artística sobre os demais. Nesa escuridade resisto, desa voz sen boca aliméntome. Sinto voces, iso é todo.
Las afinidades electivas, Juan Carlos Mestre.[6]
"200 gramos de patacas tristes" non é unha evocación dunha infancia marabillosa —eran tempos escuros, de medo, miserentos— [...] pero si do mundo que mantivo a lingua escondida no noso corazón. Ningunha lingua deixa de existir mentres haxa unha persoa que a fala, e se morre pérdese unha marabillosa parte do mundo. [...] Hoxe ser cultos implica tamén falar galego, por dignidade e respecto, e ademais é unha maneira de estar riseiros no mundo.
Juan Carlos Mestre, en Suso Varela (15 de outubro de 2019): La Voz de Galicia.[4]

Poemarios editar

  • Siete poemas escritos junto a la lluvia, Colección Amarilis, Barcelona, 1982.
  • La visita de Safo. Colección Provincia, León, 1983.
  • Antífona del otoño en el Valle del Bierzo, Colección Adonáis. Ediciones Rialp, Madrid, 1986. Premio Adonáis, 1985. Reeditado en 2003 por Calambur Editorial, Madrid.
  • Las páginas del fuego, Cuadernos de Movilización Literaria. Ediciones Letra Nueva, Concepción, Chile, 1987.
  • Antología general de Adonais (1969-1989). Luis Jiménez Martos. Ediciones Rialp, Madrid, 1989.
  • El arca de los dones, Imprenta Sur, Edición de Rafael Pérez Estrada. Málaga, 1992.
  • Los cuerpos del paraíso, Llibres del Phalarthao, edición de Alain Moreau con gravados de Víctor Ramírez, Barcelona, 1992.
  • La poesía ha caído en desgracia, Colección Visor de Poesía. Madrid, 1992. (Premio Jaime Gil de Biedma, 1992).
  • Poemas del claustro, Ayuntamiento de León, 1992.
  • Medio siglo de Adonais. José Luis Cano. Ediciones Rialp, Madrid, 1993.
  • Hispanística: Indian journal of Spanish and Latin, Volume 2, Número 2, 1994.
  • La mujer abstracta, Ediciones de Poesía El Gato Gris. Valladolid, 1996.
  • Antología de poesía española: (1975-1995). José Enrique Martínez. Castalia, Madrid, 1997.
  • La tumba de Keats, Hiperión. Madrid, 1999. (Premio Jaén de Poesía, 1999). Reeditado por Lunwerg, S.L. en 2004 e en 2007 por Hiperión. Existe unha versión gráfica do propio autor titulada Cuaderno de Roma. Ayuntamiento de Málaga, 2005.
  • La voz, las voces. Ayuntamiento de Montilla, 2000.
  • El adepto, Luis Burgos Arte del siglo XX, 2005. Obra gráfica de Bruno Ceccobelli.
  • Las estrellas para quien las trabaja. Lucerna, Colección Cuadernos de La Borrachería, Zamora, 2001. Reeditado en 2007 por Ediciones Leonesas, S.A. León 2007.
  • El universo está en la noche. Editorial Casariego. Madrid, 2006.
  • Contra toda leyenda. Escola de Arte de Mérida, 2007. Debuxos de Rafael Pérez Estrada.
  • Tarjeta de visita. (Liminar de Javier Pérez Walias). Universidade Laboral, Cáceres, 2007.
  • La casa roja. Calambur Editorial, Madrid, 2008.
  • Elogio de la palabra (Antología). Casa de Poesía/EUCR, San José, Costa Rica, 2009.
  • La visita de Safo y otros poemas para despedir a Lennon. Calambur editorial, Madrid, 2012.
  • La bicicleta del panadero. Calambur Editorial, Madrid, 2012.
  • Un poema no es una misa cantada. Edición de Carlos Ordóñez, Lustra Editores, Lima, Perú, 2013.
  • 200 gramos de patacas tristes. Espiral Maior, O Burgo, Culleredo, 2019.

Ensaio editar

  • Teatros del Siglo de Oro: corrales y coliseos en la Península Ibérica. Volumen 6 de Cuadernos de teatro clásico. Autores: José María Díez Borque, José M. Ruano de la Haza, Juan Carlos Mestre. Compañía Nacional de Teatro Clásico, 1991.
  • A Pablo Neruda. Ayuntamiento de León, 1996.
  • Elogio de la palabra. Ayuntamiento de Ponferrada, 1993.
  • Lucena de las tres culturas. Ayuntamiento de Lucena, 1993.
  • Historia y crítica de la literatura española, Volumen 9. Francisco Rico. 2000.
  • Notas sobre la condición del otro en un poema de José Hierro. Espacio Hierro. Medio Siglo de Creación Poética de José Hierro, Vol. II. Fundación Marcelino Botín e Universidade de Cantabria. 2001.
  • La musa funámbula. La poesía española entre 1980 y 2005. Rafael Morales Barba. Huerga y Fierro Editores, Madrid, 2008.

Exposicións individuais e instalacións poéticas editar

  • Galería de Arte "El Caballo Verde". La palabra pintada, pinturas y objetos. Concepción, Chile, 1988.
  • Galería Brita Prinz. Instalación gráfica y escultórica sobre soportes múltiples: Babel, los laberintos de la memoria. Madrid, 1992.
  • Sala de Columnas, Círculo de Belas Artes de Madrid. La mirada del ángel, poemas objeto. Madrid, 1993.
  • Musée de Guétary. Instalación Homenaje a Joseph Beuys. Guétary, Pireneos Atlánticos, Francia, 1993.
  • Galería Siena. Obra gráfica y poemas objeto. Ponferrada, León, 1993.
  • Galería Fontanar. Mecánica de la Melancolía. Pinturas, grabados y poemas objeto. Madrid, 1994.
  • Galería Duna. Obra gráfica y poemas visuales. Barcelona, 1994.
  • Exposición Itinerante. Sala de las Carnicerías de León y Centro Cultural de Caja España de Ponferrada, Zamora, Palencia, Valladolid e La Bañeza. La Geografía del Olvido, propuestas para un decorado crítico, pintura sobre madera. 1996 e 1997.
  • Galería Siena. Obra gráfica, dibujos y libros de artista. Ponferrada, León, 1996.
  • Galería Brita Prinz. Grabados y monotipos. Madrid, 1996.
  • Centro Internacional de la Estampa Contemporánea. Obra gráfica. Betanzos, A Coruña, 2002.
  • Galería Acanto, Grabados y poemas. Almería, 2004.
  • Galería Artra, Obra gráfica, Betanzos, A Coruña, 2005.
  • Galería Siena, "El viajante de imanes”, Obra sobre papel, Ponferrada 2005.
  • Galería Ármaga. Selección de cuadros, grabados y elementos. León, 2007.
  • Galería Fontanar. "Cavalo Morto", Poemas y aguafuertes de Juan Carlos Mestre, Ediciones de obra gráfica y fotografía, Riaza, Segovia, 2007.
  • Galería Artra, Litografías, Betanzos, A Coruña, 2007.

Exposicións colectivas editar

— ... —

  • VIII Bienal Internacional de Grabado Caixanova, Premio Julio Prieto Nespereira, Ourense, 2005.
  • Sala de Exposiciones del Centro Cultural Caixanova, Pontevedra, 2005.
  • Sala de Exposiciones de la Autoridad Portuaria, Ferrol, 2005.
  • Sala de Exposicionnes Caixanova, A Estrada, 2005.
  • IX Bienal Internacional de Grabado Caixanova, Premio Julio Prieto Nespereira, Ourense, 2006.
  • I Premio Internacional de Arte Gráfico "Jesús Núñez". 2006. Exposición itinerante.
  • Visión del frío, Antonio Gamoneda, Premio Cerbantes, 2006. Exposición itinerante.
  • Sala de exposiciones del Centro Cultural Novacaixagalicia, Vigo, 2007.
  • Sala de Exposiciones Caixanova, A Estrada, 2007.
  • Sala de Exposiciones do Porto, Ferrol, 2007.
  • Sala de Exposiciones del Centro Social Caixanova, Pontevedra, 2007.
  • Sala de Exposiciones "Ángel Botello", Cangas, Pontevedra, 2007.
  • Visión del Frío. Antonio Gamoneda. Alcalá de Henares e León. 2007.

E moitas máis. (Ver: Juan Carlos Mestre. Exposiciones).

Libros e antoloxías doutros poetas editar

  • Emboscados. Amancio Prada. Glosario e ilustraciones de Juan Carlos Mestre. Colección "Lejana y Rosa", Ediciones de la Fundación Juan Ramón Jiménez, 1995.
  • La palabra destino. Rafael Pérez Estrada. Antología, prólogo y edición de Juan Carlos Mestre y Miguel Ángel Muñoz Sanjuán. Hiperión, Madrid, 2000.
  • Informe para extranjeros. Antoloxía de poesía chilena contemporánea. Dous volumes. Selección de María Nieves Alonso, Juan Carlos Mestre, Gilberto Triviño e Mario Rodríguez. Colección Juan Ramón Jiménez, Huelva, 2001.
  • La visión comunicable, Rosamel del Valle. Antología, prologo y edición de Juan Carlos Mestre. Colección Signos, Huerga y Fierro Editores, Madrid, 2001.
  • "Seis aguafuertes de Juan Carlos Mestre con ocasión de Cazador de lunas de Javier Pérez Walias" (Málaga, Colección Monosabio / Poesía, nº 20, Ayuntamiento de Málaga, 2007).
  • Lêdo Ivo. La aldea de sal. Selección e tradución Guadalupe Grande e Juan Carlos Mestre. Calambur, Madrid, 2009.

Notas editar

  1. "Juan Carlos Mestre, Premio Castilla y León de las Letras 2017". La Vanguardia. 28 de marzo de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  2. "Juan Carlos Mestre, premio Castilla y León de las Letras, se lo dedica a «los olvidados en las cunetas»". El Norte de Castilla. 28 de marzo de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  3. "Juan Carlos Mestre logra el Premio Nacional de Poesía". El País. 1 de outubro de 2009. Consultado o 15 de outubro de 2019. .
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Suso Varela (15 de outubro de 2019). "Hoxe ser cultos implica tamén falar galego, por dignidade e respecto". La Voz de Galicia.  .
  5. Juan Carlos Mestre gana el Premio Nacional de Poesía por su libro La casa roja
  6. Las afinidades electivas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Los placeres de Safo y los desengaños de Jimena en la poesía de Juan Carlos Mestre. Gilberto Triviño. Revista Ínsula, 481, Madrid, decembro de 1986.
  • Dos nuevos -y premiados- poetas: Juan Carlos Mestre y Juan Antonio Masoliver Ródenas. Emilio Miró. Revista Ínsula, 480, Madrid, novembro de 1986.
  • Las Plumas del colibrí: quince años de poesía en Concepción, 1973-1988. María Nieves Alonso. Inprode, Tamarcos, Santiago de Chile, 1989.
  • De la transcendencia a la experiencia. Santos Alonso. Leer, xaneiro de 1992.
  • Desgracia y esperanza de la poesía sobre un libro de Juan Carlos Mestre. Susana Wahnon. Revista Ínsula, 580, Madrid, abril de 1995.
  • Huellas de una época. Gonzalo Torné. Calambur Editorial, 1999.
  • Bestiario de Juan Carlos Mestre. César Cabezas Prieto; Luisa Láinez Diéguez ; José Antonio Pérez Armesto. Editor Instituto de Estudios Bercianos, 1999.
  • El canto del cuchillo, el canto vivo de la muerte en La poesía ha caído en desagracia de Juan " Carlos Mestre. Juan Herrera. Revista Estudios Filológicos, 2000, nº 35.
  • Hacia el equilibrio: lecturas de poesía española reciente. Luis Arturo Guichard. UNICACH / Juan Pablos, Méjico, 2006.
  • Poesía en pie de paz: modos del compromiso hacia el tercer milenio. Luis Bagué Quílez. Pre-Textos, Valencia, 2007.
  • Metalingüísticos y sentimentales: antología de la poesía española 1966-2000 Marta Sanz. Biblioteca Nueva, Madrid, 2007.
  • Poesía española del 90. Una antología de antologías. Marta Beatriz Ferrari. Mar del Plata, EUDEM, Argentina, 2008.
  • La casa roja. El Mundo, suplemento El Cultural. A. Sáenz de Zaitegui. 04/09/2008
  • Diario de León, Edición Bierzo, La Gaveta. César Gavela. 18/10/2008
  • La casa roja. Encuentros de lecturas. Santos Domínguez. 04/10/2008
  • Campo abierto: antología del poema en prosa en España (1990-2005). Marta Agudo.
  • "Proclama del vértigo: La casa roja". Miguel Ángel Muñoz Sanjuán. Revista Ínsula, 756, decembro de 2009.
  • "La voz, las voces, en la poesía de la desobediencia de Juan Carlos Mestre". Carlos Ordóñez. Un poema no es una misa cantada, Lustra Editores, Lima, Perú, pp. 8-70, 2013.

Ligazóns externas editar