Montilla

Coordenadas: 37°35′N 04°38′O / 37.583, -4.633

Montilla é unha vila andaluza, con concello propio, pertencente á provincia de Córdoba. En 2001 a poboación do municipio alcanzaba 22.925 habitantes, sobre unha área de 167 km².

Montilla
Flag of None.svg
Escudo de Montilla.svg
Montilla.jpg
Vista xeral de Montilla
Localización
Montilla-mapa.png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaCórdoba
ComarcaCampiña Sur Cordobesa
Xeografía
Altitude371 msnm
Superficie168,51 km²
Demografía
Poboación22859. (INE 2019)
Densidade141,65 hab./km²
XentilicioMontillano/a
Outros datos
Código postal14550
AlcaldeRafael Llamas(PSOE-A)
www.montilla.es

SituaciónEditar

Montilla está situada a uns 372 metros de altura, e a 49 km ao sur da capital provincial, Córdoba. A parte meridional do concello está accidentado polas alturas da serra de Montilla. O concello limita a noroeste con o de La Rambla; a nordeste con o de Castro del Río; ao sur cos de Cabra e Aguilar.

EconomíaEditar

A agricultura é a base produtiva. Vides e oliveiras son as plantas básicas, en especial a primeira. Montilla, xunto coa vila próxima de Moriles, é famosa polos seus viños semi-xenerosos (finos) e xenerosos e, mesmo aínda os viños, que adquiren condicións semellantes, acostuman denominarse en España "amontillados".

Patrimonio artístico e culturalEditar

  • Casa do Inca Garcilaso de la Vega (1539-1610), que viviu aquí.
  • Convento de Santa Ana, dos séculos XVI-XVII.
  • Convento de Santa Clara, de 1512, de estilo mudéxar.
  • Igrexa de San Sebastián, do século XVI, de estilo gótico-mudéxar
  • Convento de Santo Agostiño, dos séculos XVI-XVII.
  • Igrexa de Santiago, barroca do XVII, con torre de 1789.
  • Igrexa de San Luís, do século XVII.
  • Igrexa da Encarnación, do século XVIII.
  • Museo do Viño, nas ruínas do antigo castelo dos Fernández de Córdoba.

FestasEditar

  • Velada de San Sebastián, na noite do 20 de xaneiro,
  • Festa da Cruz de Maio, o día 3 de maio,
  • Feira de San Francisco Solano, o 14 de xullo,
  • Festa da Vendima, a comezos de setembro.

Como en toda Andalucía, a Semana Santa goza de grande esplendor.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  • Montilla no SIMA - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía