Aguilar de la Frontera

Coordenadas: 37°31′N 04°39′O / 37.517, -4.650

Aguilar de la Frontera[1] é un concello andaluz situado no suroeste da provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e é cabeza do partido xudicial do mesmo nome. As súas coordenadas xeográficas son 37º 31' N, 4º 39' O.[2] Atópase a unha altitude de 280 msnm[3] e a uns 50 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 167,6 km².[3] No ano 2008 tiña 13 692 habitantes e unha densidade de poboación de 82,01 hab/km².[4]

Aguilar de la Frontera
Flag of Aguilar de la Frontera Spain.svg
Escudo de Aguilar de la Frontera.svg
Torre reloj.jpg
Torre do reloxo
Localización
Aguilar-de-la-Frontera-mapa.png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaCórdoba
ComarcaCampiña Sur
Xeografía
Altitude280 msnm
Superficie166,48 km²
Demografía
Poboación13 654 hab. (INE 2011)
Densidade82,02 hab./km²
XentilicioAguilareños, aguilarenses
Outros datos
Código postal14920
AlcaldeFrancisco Paniagua Molina (PSOE)
www.aguilardelafrontera.es

HistoriaEditar

Época romanaEditar

Aguilar de la Frontera é a antiga Ipagrum ibero-romana, involucrada na batalla de Munda, que enfrontou os partidarios de César cos de Pompeio. Precisamente deste período son os seus restos máis antigos, unha necrópole de grandes dimensións. Sobre a etimoloxía do nome existen diferentes versións. Para uns, Ipagrum significaría "campo alto", mentres que outros opinan que a orixe é turdetana-grega, provindo o nome do grego hippos, isto é, cabalo. Actualmente existe no termo de Aguilar un lugar denominado Llano de los Caballos.

Idade MediaEditar

A conquista musulmá da cidade fixo que pasara entón a denominarse Bulay ou Poley, quizais derivando do grego. A derrota, o 5 de abril do ano 891, dos seus poboadores cristiáns e das tropas rebeldes fronte ás tropas do emir Abdallah, fixo que a poboación pasara a pertencer á cora de Cabra. Algún tempo máis tarde, no século XI, Poley foi incluída no reino zirí de Granada.

O nome actual de Aguilar foille dado tras a conquista cristiá. Foi o monarca Fernando III o Santo quen a gañou para Castela no ano 1240. O primeiro gobernador cristián foi un portugués procedente dunha familia toledana, Gonzalo Yáñez d'Ovinhal, que a recibiu en forma de Señorío de Aguilar. Gonzalo era fillo de Juan Gómez de Obiñal, rico-home de Portugal, e de María Pérez de Aguilar, filla dos señores da vila de Aguiar en Portugal. Xa con Afonso X é cando a poboación pasa a denominarse Aguilar, nome da familia da nai de Gonzalo, compensando así a este o monarca pola prestación dalgúns servizos. Finalmente, o cualificativo "da fronteira" venlle dado pola súa proximidade á fronteira granadina durante a Baixa Idade Media.

Ao inicio do reinado de Pedro I, Alfonso Fernández Coronel, que recibira só facía uns meses o señorío, revelouse contra o rei. O grito de "Aguilar, Aguilar" fixérase habitual entre os rebeldes en Castela desde principios dese século, así que, reprimida a rebelión, Pedro I decidiu cambiar o nome de Aguilar polo de Monterreal, e o escudo da aguia polo dun rei sentado coa espada desenvaiñada.

Despois das guerras civís castelás, que enfrontan a Pedro I e Henrique II, a vila pasa a pertencer a Gonzalo Fernández de Córdoba. Os séculos XVII e XVIII representan unha etapa de decadencia e crise para a localidade, debido ao forte descenso de poboación ocasionado polas epidemias.

Século XXEditar

Xa no século XX, a represión política que afectou España tras a vitoria das tropas de Franco implicou de cheo a Aguilar, resultando afectados moitos dos seus cidadáns.

NotasEditar

  1. A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina
  2. Situación e coordenadas, Instituto de Estadística de Andalucía. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía.
  4. Páxina do Instituto Nacional de Estadística de España.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar