All American Racers
Nome completo | All American Racers |
---|---|
Bandeira | Estados Unidos |
Baseada en | Santa Ana (California, Estados Unidos) |
Tempadas en activo | 3 (1966-1968) |
Número de pilotos | Dan Gurney Phil Hill Bob Bondurant Richie Ginther Bruce McLaren Ludovico Scarfiotti Al Pease |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Carreiras | 28 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 17 |
Derradeiro GP | Gran Premio de México de 1968 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
All American Racers é un equipo de automobilismo e un construtor estadounidense con sede en Santa Ana (California).[1] Fundado por Dan Gurney e Carroll Shelby en 1964, All American Racers participou inicialmente en carreiras americanas de coches deportivos e carreiras de Champ Car, así como en carreiras de Fórmula 1 baixo o nome de Eagle. O equipo de Fórmula Un, con sede en Gran Bretaña, que usaba motores de fabricación británica Weslake, foi chamado Anglo American Racers. Baixo o director de equipo, Bill Dunne, establecéronse en Rye, East Sussex.[2] O equipo estaba á beira da planta de desenvolvemento de motores de Harry Weslake e a oitocentos metros da fábrica de coches Elva.[3] Participaron en 28 Grandes Premios, cun total de 34 coches.
Os primeiros Eagles foron creados despois da participación de AAR nas 500 Millas de Indianápolis de 1965 cun Lotus 38 patrocinado por Goodyear e Gurney recrutara ao anterior deseñador de Lotus Len Terry para desenvolver o seu propio automóbil para 1966. O resultado foi o Eagle T2G con motor Ford que foi co desenvolvido co Eagle T1G para a Fórmula 1. Saíron da Fórmula Un en 1968 para concéntrase na Champ Car, Eagle volveu ás carreiras de autos deportivos na década de 1980, en asociación con Toyota desenvolveron o Celica e logo os seus prototipos deportivos para o Campionato Camel GT.
A compañía construíu o DeltaWing deseñado por Ben Bowlby para o equipo Highcroft Racing que participou nas 24 Horas de Le Mans de 2012.
Fórmula 1
editarCo fin de participar nas carreiras de Fórmula 1, Gurney fundou Anglo American Racers. O Eagle T1G, impulsado por un obsoleto motor Coventry Climax, debutou no Gran Premio de Bélxica de 1966 e logrou os seus primeiros puntos cun quinto lugar, tres semanas máis tarde, no Gran Premio de Francia. En 1967 fichouse a Richie Ginther como segundo piloto. O motor Climax foi substituído por un novo Weslake V12 de 3 litros deseñado por Aubrey Woods, e construído en Gran Bretaña por Harry Weslake. En Spa-Francorchamps en xuño dese mesmo ano Gurney conseguiu unha vitoria, a primeira vitoria para "All-American" nun Gran Premio desde Jimmy Murphy en 1921. Excluíndo as 500 Millas de Indianápolis, este é o único triunfo dun coche dos Estados Unidos na Fórmula Un.
O Eagle-Weslake foi un coche fermoso e eficiente, un dos cales foi construído nunha exótica aliaxe de titanio. O Eagle foi deseñado para facer que Gurney, un home de gran estatura, encaixara comodamente nel, cun motor V12 que era suave e potente. Gurney quedou sen diñeiro en 1968 e a finais do ano regresou aos Estados Unidos para concentrar os seus esforzos no máis exitoso programa da Indycar, no que Bobby Unser gañara as 500 Millas de Indianápolis 500 e o Campionato Indycar de 1968.
O Eagle-Weslake de 1967 aínda se 'utiliza' virtualmente: é un dos coches máis populares na simulación de carreiras Grand Prix Legends.
USAC e CART Champ Car
editarDurante os anos da USAC, o chasis Eagle tivo moito éxito a finais dos anos 1960 e 1970, sobre todo co piloto Bobby Unser. Os Eagles gañaron 51 carreiras da Champ Car, incluídas as Indy 500 de 1968 e 1975 gañadas por Unser e a carreira de 1973, gañada por Gordon Johncock. O equipo All American Racers estivo inactivo en monoprazas de 1987 a 1995 e regresou de novo en 1996 coa construción do seu propio chasis e usando novos motores de Toyota. Pero, este novo esforzo, foi un fracaso, nunca gañaron unha carreira e só remataron entre os dez primeiros ocasionalmente. O equipo deixou a competición logo da tempada CART de 1999.
Pilotos CART
editar- Alex Barron (1998-1999)
- Raúl Boesel (1999)
- Geoff Brabham (1981)
- Mike Chandler (1982, 1984)
- Kevin Cogan (1984-1985)
- Juan Manuel Fangio II (1996-1997)
- Pete Halsmer ( 1984 )
- P. J. Jones (1996-1998)
- Jan Lammers (1986)
- Andrea Montermini (1999)
- Rocky Moran (1981)
- Mike Mosley (1979-1981)
- Ed Pimm (1984-1985)
- Gualter Sáelles (1999)
- Tom Sneva (1985)
- Vincenzo Sospiri (1998)
IMSA GT
editarO equipo de Gurney foi contratado por Toyota en 1983 para entrar no Campionato IMSA GT cuns especialmente modificados Toyota Celicas.
En 1988, o equipo trasladouse á categoría GTP con dous chasis modificados do Toyota 88C do Grupo C.
AAR logrou o seu maior éxito na competición co GTP Eagle MkIII, presentado en 1991. O MkIII gañou 21 das 27 carreiras nas que se presentou, un dominio tal, que finalmente levou a culpa do colapso da serie GTP.[4][5]
Trans-Am
editarAAR creou unha versión especial para a Trans-Am Series do Plymouth Barracuda, correu na tempada de 1970 da Trans-Am, cos pilotos Dan Gurney e Swede Savage.[6] En 1970 ofrecéuselle unha homologación para producir unha edición especial.[7]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Anglo American Racers
editarAno | Chasis | Motor(es) | TPneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Eagle T1G | Climax L4 Weslake V12 |
G | MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE | ITA | USA | MEX | 4 | 7º | ||||
Dan Gurney | Ret | 5 | Ret | Ret | 7 | Ret | Ret | 5 | ||||||||||
Phil Hill | NSC | |||||||||||||||||
Bob Bondurant | DSC | Ret | ||||||||||||||||
1967 | Eagle T1G | Weslake V12 | G | RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | CAN | ITA | USA | MEX | 13 | 7º | ||
Dan Gurney | Ret | Ret | Ret | 1 | Ret | Ret | Ret | 3 | Ret | Ret | Ret | |||||||
Richie Ginther | NSC | |||||||||||||||||
Bruce McLaren | Ret | Ret | Ret | |||||||||||||||
Ludovico Scarfiotti | Ret | |||||||||||||||||
1968 | Eagle T1G McLaren M7A |
Weslake motor V12 Ford V8 |
G | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | 0[8] | 12º | |
Dan Gurney | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | 4 | Ret |
Equipos non oficiais
editarAno | Equipo | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1967 | Castrol Oils Ltd. | Eagle T1G | Climax S4 | ? | RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | CAN | ITA | USA | MEX | ||
Al Pease | NC | ||||||||||||||||
1968 | Castrol Oils Ltd. | Eagle T1G | Climax S4 | ? | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | |
Al Pease | NTS | ||||||||||||||||
1969 | John Maryon | Eagle T1G | Climax S4 | ? | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | ||
Al Pease | DSC |
Notas
editar- ↑ http://allamericanracers.com/gurney_grand-prix/eagle_f1-story.html
- ↑ Competition Press & Autoweek, March 26, 1966, Page 3.
- ↑ Competition Press & Autoweek, April 23, 1966, Page 6.
- ↑ Toyota Eagle MkIII, Mulsanne's Corner
- ↑ Eagle MkIII GTP, quoted from RACER magazine
- ↑ "Trans Am - The Early Years of American Sedan Racing". Car Craft. February 2009. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o January 25, 2013.
- ↑ "AAR ‘Cuda". Mopar Muscle Cars. January 27, 2011. Consultado o January 25, 2013.
- ↑ O 4º posto no Gran Premio dos Estados Unidos de 1968 anotouse nun McLaren-Ford, polo tanto, os puntos non contan para os puntos totais de Eagle-Weslake.