Bobby Unser
Robert William "Bobby" Unser, nado en Colorado Springs (Colorado) o 20 de febreiro de 1934 e finado en Albuquerque o 2 de maio de 2021, foi un piloto de automobilismo estadounidense. Foi o irmán de Al Unser, Jerry Unser e Louis Unser, pai de Robby Unser, e tío de Al Unser, Jr. e Johnny Unser. Foi un dos dez pilotos que gañaron as 500 Millas de Indianápolis tres ou máis veces e un dos dous (seguido por Rick Mears) que gañou as 500 en tres décadas diferentes (1968, 75, 81).
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert William Unser 20 de febreiro de 1934 Colorado Springs, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de maio de 2021 (87 anos) Albuquerque, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Sunset Memorial Park (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Fillos | Robby Unser |
Irmáns | Al Unser Jerry Unser |
Premios | |
Descrito pola fonte | Bobby Unser, Racing Clan’s Three-Time Indy 500 Winner, Dies at 87 (en) |
Traxectoria
editarFoi o terceiro de catro irmáns. Cando cumpriu 1 ano, a súa familia trasladouse a Albuquerque, Novo México. En 1950, aos 15 anos, gañou o seu primeiro campionato en Southwest Modified Stock Cars. De 1953 a 1955, uniuse á Forza Aérea e converteuse no mellor tirador de alto nivel en competicións militares, aínda que posteriormente lamentouse moito. En 1955, Bobby e os irmáns Jerry e Al Unser decidiron participar nas carreiras da USAC. En 1959, o seu irmán Jerry Unser morreu nun accidente de automóbil nas 500 Millas de Indianápolis.
Bobby tivo dous fillos, Bobby, Jr. e Robby, e dúas fillas, Cindy e Jeri.
Carreira na IndyCar
editarUnser veu dunha familia de pilotos de automóbiles. Gañou numerosos campionatos ao longo da súa carreira, incluíndo tres títulos das 500 Millas de Indianápolis.[1][2] Debutou en 1955 en Pike's Peak, chamado "Unser's Peak" debido á historia de éxito da súa familia na subida do monte.[1] Terminou quinto ese ano, detrás dos seus dous irmáns. Un ano máis tarde gañou o primeiro do seu récord de 13 campionatos en Pike's Peak.[3][4] Gañou seis títulos consecutivos de 1958 a 1963. A súa racha terminou en 1964 cando o seu irmán máis novo Al gañou a carreira.[1]
Unser correu no seu primeiro Indianápolis 500 en 1963. Estrelouse cedo e quedou trixésimo terceiro.[5] A súa primeira vitoria na Indy-car foi en 1967 en Mosport, Ontario.[1] Un ano máis tarde, Unser gañou as súas primeiras 500 Millas de Indianápolis, establecendo a marca como o primeiro piloto en alcanzar máis de 273 quilómetros por hora en Indianápolis.[1] En 1969 Unser gañou o seu primeiro campionato de condución nacional da USAC.[2]
En 1972, Unser estableceu outra marca nas 500 Millas de Indianápolis, o mellor tempo de cualificación a 313´82 quilómetros por hora.[6] En 1974 gañou o seu segundo Campionato Nacional de Condución da USAC e un ano máis tarde gañou o seu segundo Indianápolis 500 nunha carreira que se acurtou na volta 174 pola chuvia.[1] De 1979 a 1981, Unser correu nas Champ Car series para Team Penske gañando dez carreiras.[3][4][7] En 1980 converteuse no primeiro piloto en gañar a California 500 catro veces. A súa carreira finalizou en 1981 tras da desfeita de Indianápolis.
500 Millas de Indianápolis de 1981
editarBobby foi o centro dun dos máis polémicos finais na historia da Indy 500 nas 500 Millas de Indianápolis de 1981. Unser gañou a pole no automóbil #3 de Roger Penske e liderou a maior parte das voltas (89 voltas).
Na volta 149, durante un período de precaución, Bobby e Mario Andretti fixeron o seu pit stop e regresaron á carreira. Bobby pasou oito coches durante a precaución, mentres Mario pasou dous coches. Unser continuou e gañou a carreira, pero foi despoxado dela na mañá seguinte a favor de Mario Andretti. Logo dunha demanda e xuízo de 5 meses por parte de Penske, Bobby Unser recuperou a vitoria en outubro de 1981. Pola súa infracción, Unser foi multado con 40.000 dólares.
Pero a polémica e o impacto financeiro (Unser estimou que os respaldos comerciais que perdeu debido ao resultado tardío custoulle un millón de dólares) provocou que un amargado Unser se retirara das carreiras ao final do ano. Nunha entrevista de 1982, Unser negouse a saír do seu retiro e dixo que se retirara porque, tras a polémica, desilusionouse coas carreiras e perdeu a súa paixón pola condución de autos de carreiras.
Rexistro de carreiras
editarResultados nas carreiras de American open-wheel
editar(clave) (Carreiras en grosa indican pole position)
USAC
editarAno | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | All American Racers | ONT1 | ONT2 10 |
ONT3 2 |
PHX | TRE | INDY 1 |
MIL 2 |
POC 22 |
MIS 5 |
MIL2 | 3º | 2480 | ||||||||
Jerry O'Connell Racing | MIS2 3 |
TRE2 | PHX2 | ||||||||||||||||||
1976 | Fletcher Racing | PHX 1 |
TRE NSC |
INDY 10 |
MIL 3 |
POC 32 |
MIS | TWS | TRE2 | MIL2 4 |
ONT 1 |
MIS2 4 |
TWS2 17 |
PHX2 21 |
6º | 2080 | |||||
1977 | Fletcher Racing | ONT 15 |
PHX 17 |
TWS | TRE WD |
INDY 18 |
MIL 16 |
POC 19 |
MOS | MIS 21 |
TWS2 15 |
MIL2 17 |
ONT2 30 |
MIS2 | PHX2 8 |
35º | 75 | ||||
1978 | All American Racers | PHX 18 |
ONT 16 |
TWS 13 |
TRE 20 |
INDY 6 |
MOS 19 |
MIL 17 |
POC 20 |
MIS 5 |
ATL 3 |
TWS2 8 |
MIL2 20 |
ONT2 13 |
MIS2 | TRE2 | SIL 8 |
BRH 13 |
PHX2 11 |
12º | 1122 |
CART
editarAno | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Ranq. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | Team Penske | PHX 5 |
ATL1 7 |
ATL2 4 |
INDY 5 |
TRE1 1 |
TRE2 1 |
MIS1 Ret |
MIS2 1 |
WGL 1 |
TRE3 2 |
ONT 1 |
MIS3 1 |
ATL3 3 |
PHX2 2 |
2º | 3820 |
1980 | Team Penske | ONT1 Ret |
INDY Ret |
MIL1 1 |
POC 1 |
MDO Ret |
MIS1 2 |
WGL 1 |
MIL2 3 |
ONT2 1 |
MIS2 2 |
MEX 2 |
PHX NTS |
2º | 3714 | ||
1981 | Team Penske | PHX1 2 |
MIL1 Ret |
ATL1 13 |
ATL2 6 |
MIS1 Ret |
RIV 9 |
MIL2 3 |
MIS2 7 |
WGL Ret |
MEX Ret |
PHX2 2 |
7º | 99 |
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
editarAno | Chasis | Motor | Saída | Final |
---|---|---|---|---|
1963 | Kurtis 500K | Novi | 16º | 33º |
1964 | Ferguson P104 | Novi | 22º | 32º |
1965 | Ferguson P104 | Novi | 8º | 19º |
1966 | Huffaker 66 | Offy | 28º | 8º |
1967 | Eagle 67 | Ford | 8º | 9º |
1968 | Eagle 68 | Offy | 3º | 1º |
1969 | Lola T152 | Offy | 3º | 3º |
1970 | Eagle 67 | Ford | 7º | 11º |
1971 | Eagle 71 | Offy | 3º | 12º |
1972 | Eagle 72 | Offy | 1º | 30º |
1973 | Eagle 73 | Offy | 2º | 13º |
1974 | Eagle 74 | Offy | 7º | 2º |
1975 | Eagle 74 | Offy | 3º | 1º |
1976 | Eagle 74–76 | Offy | 12º | 10º |
1977 | Lightning Mk1/77 | Offy | 2º | 18º |
1978 | Eagle 78 | Ford Cosworth DFX | 19º | 6º |
1979 | Penske PC-7 | Ford Cosworth DFX | 4º | 5º |
1980 | Penske PC-9 | Ford Cosworth DFX | 3º | 19º |
1981 | Penske PC-9B | Ford Cosworth DFX | 1º | 1º |
Resultados Completos na Fórmula Un
editarUnser participou en 2 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1. (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1968 | Owen Racing Organisation | BRM P126 | BRM V12 | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA NTS |
CAN | NC | 0 | ||
BRM P138 | USA Ret |
MEX |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Family History". Unser Racing Museum. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Bobby Unser Inventor, Collaborator, 3-time Indy 500 Winner". OnInnovation. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Bobby Unser 1980 USAC Champ Car Series Results". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Bobby Unser 1981 USAC Champ Car Series Results". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
- ↑ "1963 Indianapolis 500". Racing Reference. Consultado o 12 de febreiro de 2015.
- ↑ Oreovicz, John (16 de maio de 2011). "Indy at 100: Fatalities mar the '70s". ESPN. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Bobby Unser". Racing Reference. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bobby Unser |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |