Al Unser

Alfred Unser, nado en Albuquerque (Novo México) o 29 de maio de 1939, é un piloto estadounidense retirado, coñecido no mundo do automobilismo como Al Unser ou Al Unser Sr. Nas 500 Millas de Indianápolis acadou catro vitorias (en 1970, 1971, 1978 e 1987), tres segundos postos e catro terceiros postos, sendo elixido entre os tres pilotos máis importantes da historia da carreira.[1] Tamén gañou tres campionatos da IndyCar (en 1970, 1983 e 1985), a Fórmula 1 norteamericana, cun total de 39 carreiras gañadas.

Al Unser
Al Unser 2021 (51223178438) (cropped).jpg
Nacemento29 de maio de 1939
 Albuquerque, Novo México
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAlbuquerque High School
Ocupaciónpiloto de automobilismo
FillosAl Unser
IrmánsBobby Unser e Jerry Unser
PremiosMotorsports Hall of Fame of America
editar datos en Wikidata ]
Coche de Al Unser na Indy 500 de 1970.

Co seu irmán Bobby Unser (tres Indy 500, dous campionatos e 35 carreiras gañadas) e o seu fillo Al Unser Jr (dous Indy 500, dous campionatos e 34 carreiras gañadas) forma parte dunha das sagas familiares máis importantes da historia do automobilismo.[2]

Al Unser competíu ate 1994, e no ano 1998 pasou a ser membro do Salón Internacional da Fama do Automobilismo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar