Al Pease
Victor "Al" Pease nado en Darlington (Inglaterra) o 15 de outubro de 1921 e finado en Sevierville o 4 de maio de 2014, foi un piloto británico-canadense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1921 Darlington, Reino Unido (pt) |
Morte | 4 de maio de 2014 (92 anos) Sevierville, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, ilustrador |
Membro de | |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarCreceu en Inglaterra, ingresou no exército británico de mozo, servindo na India, Rodesia e Exipto. Despois do seu servizo emigrou aos Estados Unidos e ao Canadá na dñecada de 1960; logo dunha breve carreira como ilustrador, dedicouse a competir en automobilismo.[1]
Traxectoria
editarParticipou en tres Grandes Premios da Fórmula 1, debutando o 27 de agosto de 1967. É o único competidor descualificado dunha carreira no Campionato do Mundo, o Gran Premio do Canadá de 1969, por ser demasiado lento. Foi descalificado tras unha serie de incidentes en pista, o último involucrou ao plioto Matra Jackie Stewart. En resposta, o propietario de Matra, Ken Tyrrell, reclamou aos comisarios e tivo que descualificar a Pease. No momento, completara 22 voltas nun auto pouco competitivo mentres os líderes completaran 46.[2] A súa andaina na Fórmula Un limitouse a tres Grandes Premios canadenses, resultando unha non clasificación (1967, terminando 43 voltas por detrás dos líderes), un fallo na saída (problemas do motor en 1968) e unha descualificación (1969).
A pesar da breve duración da súa carreira na Fórmula Un, Pease tivo un grande éxito nas competicións deportivas automobilísticas nacionais do Canadá, e foi declarado membro do Canadian Motor Motorsport Hall of Fame en 1998.[3]
Morreu o 4 de maio de 2014 na súa casa en Tennessee.[4]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1967 | Castrol Oils Ltd. | Eagle Mk1 | Climax 4 en liña | RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | CAN NC |
ITA | USA | MEX | NC | 0 | |
1968 | Castrol Oils Ltd. | Eagle Mk1 | Climax 4 en liña | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN NTS |
USA | MEX | NC | 0 |
1969 | John Maryon | Eagle Mk1 | Climax 4 en liña | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN DSC |
USA | MEX | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Edmondson, Laurence (2010-02-05). "Drivers who failed to make the grade". ESPN. Consultado o 2014-02-17.
- ↑ "Interview: Al Pease". Vintage Racecar (en inglés). maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 14 de abril de 2018.
- ↑ "Sixties F1 racer Al Pease dies". eurosport.com. 6 de maio de 2014. Consultado o 6 de maio de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Pease |
Ligazóns externas
editar- Biography at Canadiandriver.com