Sergei Prokofev

compositor e pianista ruso
(Redirección desde «Serguéi Prokófiev»)

Sergei Sergeevich Prokofev (en ruso: Сергей Сергеевич Прокофьев), nado en Sontsovka o 11 de abrilxul./ 23 de abril de 1891greg.[a] e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un compositor, pianista e director de orquestra soviético que dominaba xéneros musicais numerosos e viña a ser admirado como un dos compositores máis sobranceiros do século XX. As súas obras inclúen pezas tan escoitadas como a marcha de O amor das tres laranxas, a suite Poruchik Kizhe, o ballet Romeo e Xulieta, de onde se toma a «Danza dos cabaleiros», e Pedro e o lobo. Dentro das formas e xéneros establecidos nos que traballou, creou sete óperas completas, sete sinfonías, oito ballets, cinco concertos para piano, dous concertos para violín, un concerto para violonchelo, un concerto sinfónico para violonchelo e orquestra, e completou nove sonatas para piano.

Modelo:BiografíaSergei Prokofev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Сергей Сергеевич Прокофьев Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1891 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Sontsivka, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatório de São Petersburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez e música Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, pianista, director de orquestra Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía, Ballet e música clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresReinhold Glière (pt) Traducir, Nikolai Rimsky-Korsakov, Nikolai Tcherepnin (en) Traducir e Anna Yesipova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMark Eddinger Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLina Llubera
Mira Mendelssohn Editar o valor en Wikidata
FillosOleg Prokofiev
 () Lina Llubera Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb (en) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Прокофьев Сергей Сергеевич)
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
Páxina websprkfv.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006241 Allocine: 80805 Allmovie: p107142 IBDB: 118533
BNE: XX904538 Spotify: 4kHtgiRnpmFIV5Tm4BIs8l iTunes: 263666 Last fm: Сергей+Сергеевич+Прокофьев Musicbrainz: 0e43fe9d-c472-4b62-be9e-55f971a023e1 Songkick: 238736 Discogs: 621694 IMSLP: Category:Prokofiev,_Sergey Allmusic: mn0000596899 WikiTree: Prokofiev-2 Find a Grave: 2499 Editar o valor en Wikidata

Graduado no Conservatorio de San Petersburgo, Prokofev inicialmente deuse a coñecer como compositor-pianista iconoclasta e logrou notoriedade cunha serie de obras ferozmente disonantes e virtuosas para o seu instrumento, incluídos os seus dous primeiros concertos para piano. En 1915, Prokofev realizou unha ruptura decisiva da categoría estándar de compositor-pianista coa súa orquestral Suite escita, compilada a partir de música orixinalmente composta para un ballet encargado por Sergei Diagilev dos Ballets Russes. Diagilev encargou outros tres ballets a Prokofev: Chout, Le pas d'acier e Le Fils prodigue, que no momento da súa produción orixinal causaron sensación entre críticos e colegas. Con todo, o maior interese de Prokofev foi a ópera, e compuso varias obras neste xénero, incluíndo O xogador e O anxo de lume. O único éxito operístico de Prokofev durante a súa vida foi O amor das tres laranxas, composta para a Ópera de Chicago, e posteriormente interpretada durante a seguinte década en Europa e Rusia.

Logo da Revolución de 1917, Prokofev deixou Rusia coa bendición oficial do ministro soviético Anatoli Lunacharskii e residiu nos Estados Unidos, logo en Alemaña, logo en París, e gañouse a vida como compositor, pianista e director de orquestra. Durante ese teempo, casou cunha cantante española, Carolina (Lina) Codina, con quen tivo dous fillos. A principios da década de 1930, a Gran Depresión diminuíu as oportunidades para que os ballets e óperas de Prokofev se presentaran nos Estados Unidos e Europa occidental. Prokofev, que se consideraba a si mesmo ante todo como compositor, resentía o tempo que lle levaba facer unha xira como pianista, e recorría cada vez máis á Unión Soviética para solicitar encargos de nova música. En 1936, finalmente regresou á súa terra natal coa súa familia. Gozou de certo éxito alí, especialmente con Poruchik Kizhe, Pedro e o Lobo, Romeo e Xulieta, e quizais sobre todo con Alexandre Nevski.

A invasión nazi á Unión Soviética impulsouno a compoñer a súa obra máis ambiciosa, unha versión operística de Guerra e paz de Lev Tolstoi. En 1948, Prokofev foi acusado de producir "formalismo antidemocrático". A pesar desa acusación, gozou do apoio persoal e artístico dunha nova xeración de intérpretes rusos, especialmente Sviatoslav Richter e Mstislav Rostropovich: escribiu a súa Novena sonata para piano para o primeiro e a súa Sinfonía concertante para o segundo.

Traxectoria

editar

Infancia e primeiras composicións

editar
 
Prokofev con 9 anos.

Sergei Prokofev naceu o 23 de abril de 1891 en Sontsovka (agora Sontsivka, raión de Pokrovskyy, óblast de Donetsk, Ucraína), un predio rural remoto na Gubernia de Ekaterinoslav do Imperio Ruso.[2][3][4] Seu pai, Sergei Alekseievich Prokofev, era enxeñeiro agrónomo. A nai de Prokofev, Mariia Grigorievna (de solteira Zhitkova), proviña dunha familia de antigos servos que foran propiedade da familia Sheremetev, baixo cuxo patrocinio ensinábase teatro e artes aos nenos servos dende unha idade temperá.[5][6][7][8] Reinhold Glière (o primeiro profesor de composición de Prokofev) describiuna como "unha muller alta con fermosos ollos intelixentes ... que soubo crear unha atmosfera de calidez e sinxeleza sobre ela".[9] Logo da súa voda no verán de 1877, os Prokofev mudáronse a unha pequena propiedade na gobernación de Smolensk. Finalmente, Sergei Alekseievich encontrou emprego como enxeñeiro de camiños, empregado por un dos seus antigos compañeiros de estudos, Dmitri Sontsov, a cuxa propiedade nas estepas ucraínas mudáronse os Prokofev.[4]

No momento do nacemento de Prokofev, Mariia, que perdera dúas fillas anteriormente, adicara a súa vida á música. Durante a primeira infancia do seu fillo, pasou dous meses ao ano en Moscova ou San Petersburgo recibindo clases de piano.[10] Sergei Prokofev inspirouse ao escoitar á súa nai practicando ao piano pola noite, na súa maioría obras de Frédéric Chopin e Ludwig van Beethoven, e escribiu a súa primeira composición para piano aos cinco anos de idade, un Gallop indio, que a súa nai escribiu nunha escala maior co cuarto grao da escala elevado, xa que o neno Prokofev sentía «renuencia a abordar as notas negras».[11] Aos sete anos tamén aprendera a xogar ao xadrez.[12] O xadrez seguiría a ser unha paixón para el e familiarizouse cos campións mundiais como José Raúl Capablanca, a quen venceu nunha partida de exhibición simultánea o 16 de maio de 1914, e Mikhail Botvinnik, con quen xogou varias partidas na década de 1930.[13][b] Aos nove anos seu pai levouno por primeira vez a Moscova, onde ademais de ficar abraiado pola cidade, ou visitar o circo, quedouo fascinado polo teatro, especialmente pola interpretación da orquestra sinfónica.[15] De volta, xunto cos seus amigos comezou xogar a representar as súas propias obras, e un día compuxo a súa primeira ópera, O Xigante,[16] e pese á incredulidade inicial da súa nai conseguiu completar a música de piano, xunto cos diálogos improvisados cos seus compañeiros.[15] Era unha sinxela, mais brillante historia sobre dous valentes mozos que defendían a unha muller fronte o perigo dun terrible xigante.[15] Pouco tempo despois, na casa de seu tío e coa colaboración dos seus primos e a súa tía, que mesmo se disfrazaron para a ocasión, representou o primeiro acto da súa ópera no salón do fogar, ante o abraio de seus pais e familia.[15] Daquela xa compuxera dita ópera, así como unha abertura e outras pezas, e estaba inmerso na escritura dunha segunda e maior ópera titulada Illas desertas.[17] Nese momento seus pais decidiron proporcionar a seu fillo unha educación máis sólida, con traballo duro e disciplina, comezando con leccións de francés e alemán.[18]

Educación formal e primeiras obras controversas

editar
 
Reinhold Glière, primeiro profesor de Prokofev.

En 1902, a nai de Prokofev coñeceu a Sergei Taneev, director do Conservatorio de Moscova, quen inicialmente suxeriu que Prokofev debería comezar as clases de piano e composición con Aleksandr Goldenweiser.[19] Incapaz de organizar isto,[20] Taneev en cambio fixo arranxos para que o compositor e pianista Reinhold Glière pasara o verán de 1902 en Sontsovka ensinando a Prokofev.[20] A primeira serie de leccións culminou, ante a insistencia dun Prokofev daquela de once anos, co compositor en ciernes facendo o seu primeiro intento por escribir unha sinfonía.[21] O verán seguinte, Glière volveu visitar Sontsovka para continuar coas súas clases.[22] Cando, décadas despis, Prokofev escribiu sobre as súas leccións con Glière, deu crédito ao método comprensivo do seu mestre, mais queixouse de que Glière ensináralle a estrutura de frase "cadrada" e as modulacións convencionais, que posteriormente tivo que desaprender.[23] No entanto, equipado coas ferramentas teóricas necesarias, Prokofev comezou a experimentar con harmonías disonantes e compases infrecuentes nunha serie de pezas breves para piano que chamou "cancionciñas" (a partir da chamada «forma de canción», máis exactamente de forma ternaria, na que se basearon), sentando as bases para o seu propio estilo musical.[24]

A pesar do seu crecente talento, os pais de Prokofev dudaron sobre iniciar a seu fillo nunha carreira musical a unha idade tan temperá e consideraron a posibilidade de que asistira a unha boa escola secundaria en Moscova.[25] En 1904, a súa nai decidírase en cambio por San Petersburgo e ela e Prokofev visitaron a daquela capital para explorar a posibilidade de mudarse alí para a súa educación.[26] Presentáronlles o compositor Aleksandr Glazunov, profesor no Conservatorio de San Petersburgo, que pediu coñecer a Prokofev e a súa música. Prokofev compuxera dúas óperas máis, Illas desertas e A festa na época da peste, e estaba traballando na súa cuarta, Undina.[27] Glazunov ficou tan abraiado que instou á nai de Prokofev a que o seu fillo solicitara a admisión ao Conservatorio.[28] Pasou as probas introdutorias e inscribiuse ese ano.[29]

Varios anos máis novo que a maior parte dos seus condiscípulos, Prokofev era visto como excéntrico e arrogante, e molestaba a varios dos seus compañeiros ao manter estatísticas sobre os seus erros.[30] Durante ese período, estudou, entre outros, piano con Aleksandr Winkler;[31] harmonía e contrapunto con Anatoli Liadov; dirección con Nikolai Cherepnin; e orquestación con Nikolai Rimskii-Korsakov (aínda que cando Rimskii-Korsakov morreu en 1908, Prokofev sinalou que só estudara con el "dalgún xeito" —era só un de moitos estudantes nunha clase moi concorrida— e lamentou que doutro xeito "nunca tería tido a oportunidade de estudar con el").[32] Tamén compartiu clases cos compositores Boris Asafev e Nikolai Miaskovskii, e este último converteuse nun amigo relativamente próximo e de toda a vida.[33]

Como membro da escena musical de San Petersburgo, Prokofev desenvolveu unha reputación de rebelde musical, mentres recibía eloxios polas súas composicións orixinais, que el mesmo interpretaba no piano.[34][35] En 1909, graduouse da súa clase en composición con cualificacións pouco impresionantes. Continuou no Conservatorio, estudando piano con Anna Esipova e proseguiu as súas clases de dirección con Cherepnin.[36]

En 1910, coa morte de seu pai cesou o apoio financeiro a Sergei.[37] Afortunadamente, comezara a facerse un nome como compositor e pianista fora do Conservatorio e facía aparicións nas Noites de Música Contemporánea de San Petersburgo. Alí interpretou varias das súas obras para piano máis aventuradas, como os seus altamente cromáticos e disonantes, Etudes Op. 2 (1909). A súa actuación impresionou aos organizadores das Noites o suficiente como para invitar a Prokofev a realizar a estrea rusa de Drei Klavierstücke Op. 11, de Arnold Schönberg.[38] A experimentación harmónica de Prokofev continuou con Sarcasmos para piano, Op. 17 (1912), que facía un uso extenso da politonalidade.[39] Nese tempo compuxo os seus dous primeiros concertos para piano, o último dos cales causou un escándalo na súa estrea (23 de agosto de 1913, Pavlovsk). Segundo unha versión, o público saíu da sala con exclamacións de "Ao demo con esta música futurista! Os gatos no tellado fan mellor música!", mais os modernistas estaban extasiados.[40]

En 1911, chegou a axuda do renomeado musicólogo e crítico ruso Aleksandr Ossovskii, quen escribiu unha carta de apoio ao editor de música Boris P. Iurgenson (fillo do fundador da editorial Peter Iurgenson) e así ofrecéuselle un contrato ao compositor.[41] Prokofev fixo a súa primeira viaxe ao estranxeiro en 1913, foi a París e Londres, onde coñeceu por primeira vez os Ballets Russes de Sergei Diagilev.[42]

Primeiros ballets

editar
 
Sergei Diagilev encargou a Prokofev o seu primeiro ballet.

En 1914 Prokofev rematou a súa carreira no Conservatorio ao participar na "batalla dos pianos", un concurso aberto aos cinco mellores estudantes de piano, cuxo premio era un piano de cola Schreder: Prokofev gañou ao interpretar o seu propio Concerto para piano núm. 1.[43] As súas primeiras obras, como dito concerto e a Suite escita para orquestra (1914), valéronlle mala fama como músico, pois non correspondían coa liña nacionalista rusa.

Pouco despois viaxou a Londres, onde se puxo en contacto co empresario Sergei Diagilev. Este encargoulle o seu primeiro ballet, Ala e Lolli, mais cando o compositor levoulle a obra en curso a Italia en 1915, rexeitouna como "non rusa".[44] Como compensación, acordaron que Prokofev realizara unha actuación do seu Segundo concerto para piano nun concerto sinfónico en Roma o 17 de marzo, na que foi a súa primeira interpretación no estranxeiro.[45] O tema final do Segundo concerto mostraba que Prokofev non era alleo aos temas rusos, polo que Diagilev instouno a escribir "música que fora verdadeiramente rusa"[46][47][48] e encargoulle o ballet O bufón.[c] Baixo a guía de Diagilev, Prokofev elixiu o seu tema dunha colección de contos populares recompilados polo etnógrafo Aleksandr Afanasev.[49][47] A historia, relacionada cun bufón e unha serie de engaños, tería sido previamente suxerida a Diagilev por Igor Stravinskii como posible tema para un ballet e Diagilev e o seu coreógrafo Léonide Massine axudaron a Prokofev a darlle forma de guión de ballet.[50] A inexperiencia do compositor con este xénero levouno a revisar a obra extensamente ata 1920, seguindo a detallada crítica de Diagilev,[d] antes da súa primeira produción.[52]

A estrea do ballet en París o 17 de maio de 1921 foi un grande éxito e foi recibido con grande admiración por un público que incluía a Igor Stravinskii, Maurice Ravel[53] e Michel Fokine.[54] Stravinskii cualificou o ballet como "a única peza de música moderna que podía escoitar con placer", mentres que Ravel denominouno "unha obra de xenio".[53]

Primeira guerra mundial e Revolución

editar
 
Prokofev contra 1918.

En paralelo durante a primeira guerra mundial, Prokofev regresou ao Conservatorio e estudou órgano para evitar ser recrutado. Compuxo O xogador, ópera baseada na novela homónima de Fiódor Dostoievski, mais os ensaios estiveron cheos de problemas e a estrea, prevista para o ano 1917, tivo que ser cancelada debido á Revolución de Febreiro. No verán daquel ano, Prokofev compuxo a súa Primeira Sinfonía, a «Clásica». Este é o nome que el mesmo lle deu, dado que a compuxo nun estilo que, segundo Prokofev, Joseph Haydn tería empregado se estivera vivo nesa época.[55] É de estilo máis ou menos clásico, mais incorpora elementos musicais máis modernos.

A sinfonía tamén foi unha obra contemporánea exacta do Concerto para violín núm. 1, que estaba programado para estrearse en novembro de 1917. Compuxo a melodía de abertura do concerto en 1915, durante a súa historia de amor con Nina Mescherskaia. Os movementos restantes inspiráronse en parte na representación en San Petersburgo de 1916 da obra Mitos de Karol Szymanowski polo violinista polonés Paul Kochanski.[56] As primeiras interpretacións de ambas obras deberon esperar ata o 21 de abril de 1918 e o 18 de outubro de 1923, respectivamente. Quedou brevemente coa súa nai en Kislovodsk, no Cáucaso.

A pesar dos acontecementos que levaron á abdicación do tsar Nicolao II e, finalmente, a Revolución de Outubro, 1917 converteuse no ano máis produtivo de Prokofev en termos de composición. Xunto co Primeiro concerto para violín e a Sinfonía «Clásica», compuxo as Terceira e Cuarta sonatas para piano, as Visións fuxitivas para piano e traballou no Terceiro concerto para piano.[57]

Despois de completar a partitura da cantata Sete, eles son sete, unha "invocación caldea» para coro e orquestra, Prokofev ficou "sen nada que facer e o tempo colgaba pesadamente das miñas mans". Crendo que en Rusia "non había ningún uso para a música nese momento", decidiu probar fortuna nos Estados Unidos ata que pasara a confusión na súa terra natal. Partiu cara a Moscova e San Petersburgo en marzo de 1918 para resolver cuestións financeiras e xestionar o seu pasaporte.[58] En maio dirixiuse aos Estados Unidos, logo de obter o permiso oficial de Anatolii Lunacharskii, o Comisario do Pobo para a Educación, quen lle dixo: "Es un revolucionario na música, somos revolucionarios na vida. Debemos traballar xuntos. Se queres ir aos Estados Unidos, non me interporei no teu camiño".[59]

Vida no estranxeiro

editar
 
Igor Stravinskii.

Ao chegar a San Francisco, logo de ter sido liberado dos interrogatorios por funcionarios de inmigración na Illa dos Ánxeles o 11 de agosto de 1918, Prokofev axiña foi comparado con outros exiliados rusos famosos (como Serguéi Rakhmáninov). O seu concerto de debut como solista en Nova York deu lugar a varios compromisos máis. Tamén asinou un contrato co director musical da Chicago Opera Association, Cleofonte Campanini, para a produción da súa nova ópera O amor das tres laranxas.[60] Con todo, debido á enfermidade e a morte de Campanini, pospúxose a estrea.[61] O atraso foi outro exemplo da mala sorte de Prokofev en asuntos operísticos. O fracaso tamén lle custou a súa carreira como solista estadounidense, xa que a ópera levoulle demasiado tempo e esforzo. Axiña se encontrou en dificultades financeiras e, en abril de 1920, foise a París, ao non querer regresar a Rusia e recoñecer un fracaso.[62]

En París reafirmou os seus contactos cos Ballets Russes de Diagilev.[63] Tamén completou algunhas das súas obras máis antigas e inacabadas, como o Terceiro Concerto para piano.[64] O amor das tres laranxas finalmente estreouse en Chicago, baixo a batuta do compositor, o 30 de decembro de 1921.[65] Diagilev interesouse o suficiente na ópera como para pedirlle a Prokofev que dera unha audición da partitura vocal en xuño de 1922, mentres ambos estaban en París para unha nova montaxe d' O bufón, polo que podería consideralo para unha posible produción.[66][67] Igor Stravinskii, que estivo presente na audición, negouse a escoitar máis que o primeiro acto.[66][68] Entón acusou a Prokofev de "perder o tempo compoñendo óperas", que replicou que Stravinskii "non está en posición de establecer unha dirección artística xeral, xa que el mesmo non é inmune ao erro".[69] Segundo Prokofev, Stravinskii "volveuse incandescente pola ira" e "case chegamos ás mans e nos separamos con dificultade". Como resultado, "as nosas relacións tensáronse e durante varios anos a actitude de Stravinskii cara a min foi crítica".[66] Despois diso, ao parecer Stravinskii fixo moito para menoscabar a reputación de Prokofev, mesmo co propio Diagilev.[68] Como consecuencia, e a pesar do éxito colleitado con O bufón, Diagilev non realizou máis encargos a Prokofev e cancelou as representacións do ballet.[68]

En marzo de 1922 Prokofev mudouse coa súa nai á cidade de Ettal, nos Alpes bávaros, onde durante máis dun ano concentrouse nun proxecto de ópera, O anxo de lume, baseado na novela de Valerii Briusov. A súa música posterior adquirira seguidores en Rusia e recibiu invitacións para regresar alí, mais decidiu quedar en Europa. En 1923 Prokofev casou coa cantante española de nai rusa Carolina Codina (de nome artístico Lina Llubera),[70] antes de regresar a París.[71]

En París representáronse varias das súas obras, incluída a Segunda Sinfonía, mais a súa recepción foi morna e Prokofev sentiu que "evidentemente xa non era unha sensación".[72] Aínda así, a Segunda Sinfonía pareceu incitar a Diagilev a encargar O paso de aceiro, unha partitura de ballet "modernista" destinada a retratar a industrialización da Unión Soviética. A obra foi recibida con entusiasmo polo público e a crítica parisiense.[73]

En torno a 1924 coñeceu a ciencia cristiá[74] e comezou a practicar as súas ensinanzas, que cría que eran beneficiosas para a súa saúde e o seu temperamento ardente, e ás que permaneceu fiel durante o resto da súa vida, segundo o biógrafo Simon Morrison.[75]

Prokofev e Stravinskii restableceron a súa amizade, aínda que a Prokofev disgustoulle particularmente a "estilización ao xeito de Bach" de Stravinskii en obras tan recentes como o Octeto e o Concerto para piano e instrumentos de vento.[76][68][e] Pola súa banda, Stravinskii describiu a Prokofev como o compositor ruso do seu tempo, despois del.[78]

Primeiras visitas á Unión Soviética

editar

En 1927 Prokofev fixo a súa primeira xira de concertos pola Unión Soviética.[79] No transcurso de máis de dous meses, pasou un tempo en Moscova e Leningrado (o novo nome de San Petersburgo), onde gozou dunha moi exitosa posta en escena d' O amor das tres laranxas no Teatro Mariinski.[80] En 1928 completou a súa Terceira Sinfonía, que se baseaba amplamente na súa ópera non estreada O anxo de lume. O director Sergei Kusevitskii caracterizou á Terceira como "a maior sinfonía dende a Sexta de Chaikovskii».[81]

Mentres tanto, con todo, Prokofev, baixo a influencia das ensinanzas da ciencia cristiá, volvérase en contra do estilo expresionista e o tema d' O anxo de lume.[f] Agora prefería o que chamou unha "nova simplicidade", que cría máis sincera que as "artimañas e complexidades" de tanta música moderna da década de 1920.[83][g] Durante os anos 1928 e 1929, Prokofev compuxo o que ía ser o seu último ballet para Diagilev, O fillo pródigo. Cando se representou por primeira vez en París o 21 de maio de 1929, con coreografía de George Balanchine, con Serge Lifar no papel principal e decorados de Georges Rouault, a audiencia e os críticos quedaron especialmente impresionados pola escena final na que o fillo pródigo se arrastra sobre o escenario axeonllado para ser benvido polo seu pai.[85] Diagilev recoñecera que na música da escena, Prokofev "nunca fora máis claro, máis simple, máis melodioso e máis tenro".[86] Só uns meses despois, Diagilev morreu.[87]

Ese verán Prokofev completou o Divertimento Op. 43 (que comezara en 1925) e revisou a súa Sinfonietta Op. 5/48, unha obra que comezou nos seus días no Conservatorio.[88][h] En outubro dese ano, tivo un accidente automovilístico mentres conducía á súa familia de regreso a París despois das súas vacacións: cando o automóbil envorcou, Prokofev mancouse levemente a súa man esquerda. Polo tanto, non puido actuar en Moscova durante a súa xira pouco despois do accidente, mais puido gozar vendo as interpretacións da súa música dende o público.[89] Tamén asistiu á "audición" no Teatro Bolshoi do seu ballet O paso de aceiro, e membros da Asociación Rusa de Músicos Proletarios (RAPM) interrogárono sobre a obra: preguntóuselle se a fábrica retrataba "unha fábrica capitalista, onde o traballador é un escravo, ou unha fábrica soviética, onde o traballador é o dono. Se se trata dunha fábrica soviética, cando e onde a examinou Prokofev, que dende 1918 ata o presente estivera vivindo no estranxeiro e veu aquí por primeira vez en 1927 durante dúas semanas [sic]?" Prokofev respondeu: "Iso refírese á política, non á música, e polo tanto non responderei". A RAPM condenou o ballet de maneira dogmática como unha "anécdota antisoviética chá e vulgar, unha composición contrarrevolucionaria raiana no fascismo". O Bolshoi non tivo máis opción que rexeitar o ballet.[90]

 
Cartel do filme Poruchik Kizhe (1934), para o cal Prokofev compuxo a súa música.

Coa man esquerda curada, Prokofev recorreu os Estados Unidos con éxito a principios de 1930, respaldado polo seu recente éxito europeo.[91] Ese ano, comezou o seu primeiro ballet sen Diagilev con No Dniepr Op. 51, unha obra encargada por Serge Lifar, ao que nomearan mestre de ballet na Ópera de París.[92] Entre 1931 e 1932, completou os seus Cuarto e Quinto concertos para piano. O ano seguinte completou a Canción sinfónica Op. 57, da que o seu amigo Miaskovskii, pensando na súa posible audiencia na Unión Soviética, díxolle "non é de todo para nos ... carece do que entendemos por monumentalismo: unha simplicidade familiar e amplos contornos, dos cales es extremadamente capaz, mais que temporalmente estás evitando coidadosamente".[93]

A principios da década de 1930, tanto Europa como os Estados Unidos sufrían a Gran Depresión, que inhibiu tanto as novas producións de ópera como as de ballet, aínda que as audiencias para as aparicións de Prokofev como pianista non diminuíran, canto menos en Europa.[94] Con todo, Prokofev, que se vía a si mesmo como un compositor ante todo, estaba cada vez máis resentido pola cantidade de tempo que perdía para a composición a través das súas aparicións como pianista.[95] Logo de ter sentido nostalxia durante algún tempo, Prokofev comezou a construír pontes substanciais coa Unión Soviética. Trala disolución da RAPM en 1932, actuou cada vez máis como embaixador musical entre o seu país de orixe en Europa occidental,[96] e as súas estreas e encargos foron cada vez máis baixo os auspicios da Unión Soviética. Un deles foi O tenente Kizhe, que foi encargada como banda sonora dun filme soviético homónimo.[97]

Outro encargo, do Teatro Kirov (como se denominaba daquela ao Mariinskii) en Leningrado, foi o ballet Romeo e Xulieta, composto para un guión creado por Adrian Piotrovskii e Sergei Radlov seguindo os preceptos do "drambalet" (ballet dramatizado, oficialmente promovido no Kirov para substituír as obras baseadas principalmente en exhibicións e innovacións coreográficas).[98] Logo da amarga renuncia de Radlov ao Kirov en xuño de 1934, asinouse un novo acordo co Teatro Bolshoi de Moscova, no entendemento de que Piotrovskii seguiría participando. Con todo, o final feliz orixinal do ballet (contrario a William Shakespeare) provocou controversia entre os funcionarios culturais soviéticos.[99] A produción do ballet pospúxose indefinidamente cando se revisou o persoal do Bolshoi a instancias do presidente da Comisión de Asuntos de Arte, Platon Kerzhentsev.[100] Nikolai Miaskovskii, un dos seus amigos máis próximos, mencionou en varias cartas como lle gustaría que Prokofev permanecera en Rusia.[101] O 1 de decembro de 1935 estreouse o Concerto para violín núm. 2 en Madrid polo violinista francés Robert Soetens e a Orquestra Sinfónica de Madrid dirixida por Enrique Fernández Arbós.[102]

Regreso a Rusia

editar
 
Sergei cos seus dous fillos, Sviatoslav e Oleg, e a súa esposa, Lina Prokofev, en 1936.

En 1936, Prokofev e a súa familia establecéronse permanentemente en Moscova, despois de desprazarse entre Moscova e París durante os catro anos anteriores.[103][104] Ese ano compuxo unha das súas obras máis famosas, Pedro e o lobo, para o Teatro Central para Nenos de Natalia Sats.[105] Trátase dunha obra programática para narrador, instrumentos individuais e orquestra. Sats tamén o persuadiu para que escribira dúas cancións para nenos, "Doce canción" e "Parlero", que finalmente se uniron a "Os porquiños" e se publicaron como Tres cancións para nenos Op. 68.[106] Prokofev tamén compuxo a xigantesca Cantata para o vixésimo aniversario da Revolución de Outubro, orixinalmente destinada á presentación durante o ano do aniversario, mais efectivamente bloqueada por Kerzhentsev, quen reclamou na audición da obra ante a Comisión de Asuntos das Artes: "Que cres que estás a facer, Sergei Sergeevich, tomando textos que pertencen á xente e poñéndolles unha música tan incomprensible?".[107] A Cantata tivo que esperar ata o 5 de abril de 1966 para unha estrea parcial, algo máis de 13 anos despois da morte do compositor.[108]

 
Prokfev colaborou co director de cine Sergei Eisenstein na composición da música para varios dos seus filmes.

Obrigado a adaptarse ás novas circunstancias (calesquera que foran os seus receos privados sobre elas), Prokofev escribiu unha serie de «cancións de masas» (Opp. 66, 79 e 89), empregando as letras dos poetas soviéticos oficialmente aprobados. En 1938, colaborou con Sergei Eisenstein no épico filme histórico Alexandre Nevski,[109] parte da súa música máis creativa e dramática. Aínda que a película teña unha gravación de son moi pobre, o compositor adaptou boa parte da súa partitura nunha cantata a grande escala para mezzosoprano, orquestra e coro, que foi interpretada e gravada extensamente. Tralo éxito de Alexandre Nevski, compuxo a súa primeira ópera soviética, Semen Kotko, que debía ser producida polo director Vsevolod Meierkhold. Con todo, a estrea da ópera pospúxose porque Meierkhold foi arrestado o 20 de xuño de 1939 pola NKVD (policía secreta de Iosif Stalin) e fusilado o 2 de febreiro de 1940.[110] Só meses despois do arresto de Meierkhold, Prokofev foi "invitado" a compoñer a cantata Zdravitsa (literalmente traducido «Brinde» ou «Salúde!», mais con máis frecuencia coñecida polo título en inglés Hail to Stalin Op. 85) para celebrar o sexaxésimo aniversario de Iosif Stalin.[111]

Máis tarde, en 1939, compuxo as súas Sonatas para piano núm. 6, 7 e 8 opp. 82-84, amplamente coñecidas hoxe como as Sonatas de guerra. Estreadas respectivamente por Prokofev (núm. 6: 8 de abril de 1940),[112] Sviatoslav Richter (núm. 7: Moscova, 18 de xaneiro de 1943) e Emil Guilels (núm. 8: Moscova, 30 de decembro de 1944),[113] foron posteriormente moi interpretadas en particular por Richter. O biógrafo Daniel Jaffé argumentou que Prokofev, "téndose forzado a compoñer unha leda evocación do Nirvana que Stalin quería que todos creran que creara" (é dicir, en Zdravitsa), posteriormente, nas tres sonatas, "expresou os seus verdadeiros sentimentos».[114] Como evidencia, Jaffé ten sinalado que o movemento central da Sonata núm. 7 ábrese cun tema baseado no lied de Robert Schumann "Wehmut" ("Tristeza", que aparece no Liederkreis de Schumann): as súas palabras tradúcense, "ás veces podo cantar como se estivera ledo, mais segredamente as bágoas son boas e así liberan o meu corazón. Os reiseñores... cantan a súa canción de anhelo dende a profundidade do seu alxube ... todo o mundo se deleita, mais ninguén sente a dor, a profunda tristeza na canción".[115] Ironicamente (parece que ninguén notou a súa alusión), a Sonata núm. 7 recibiu un Premio Stalin de segunda clase e a núm. 8 un Premio Stalin de primeira clase.[113]

Mentres tanto, o Ballet Kirov finalmente escenificou Romeo e Xulieta, coreografado por Leonid Lavrovski, o 11 de xaneiro de 1940.[116] Para sorpresa de todos os seus participantes —cos bailaríns que loitaran para amañarse cos ritmos sincopados da música e case boicotearon a produción— o ballet resultou ser un éxito inmediato,[117] e foi recoñecido como o maior logro do ballet dramático soviético.[118]

Segunda guerra mundial

editar
 
Prokofev e Mira Mendelson en 1946.

Prokofev estivera pensando en facer unha ópera da épica novela Voina i mir (en galego Guerra e paz) de Lev Tolstoi, cando as novas da invasión alemá da Unión Soviética o 22 de xuño de 1941 fixeron que o tema parecera aínda máis actual. Tardou dous anos en compoñer a súa versión orixinal de Guerra e paz. Debido á guerra, foi evacuado xunto cun gran número doutros artistas, inicialmente ao Cáucaso, onde compuxo o seu Segundo cuarteto de corda. A estas alturas, a súa relación coa escritora e libretista de 25 anos Mira Mendelson (1915-1968) finalmente o levara a separarse da súa esposa Lina. A pesar da súa amarga separación, o compositor tentara persuadir a Lina e os seus fillos para que o acompañaran como evacuados fóra de Moscova, mais Lina optou por quedar.[119]

Durante os anos da guerra, as restricións sobre o estilo e a esixencia de que os compositores escribiran nun estilo de "realismo socialista" afrouxaron e Prokofev en xeral puido compoñer ao seu xeito. Dese período son a Sonata para violín núm. 1 Op. 80, O ano 1941 Op. 90 e a Balada para o neno descoñecido Op. 93. En 1943, Prokofev uniuse a Eisenstein en Alma-Atá, a cidade máis grande de Casaquistán, para compoñer máis música de cine (Iván o Terrible para o filme homónimo) e o ballet Cincenta (Op. 87), unha das súas composicións máis melodiosas e celebradas.[i] A principios dese ano, tamén tocou fragmentos de Guerra e paz aos membros do colectivo do Teatro Bolshoi,[121] mais o goberno soviético tiña opinións sobre a ópera que deron lugar a moitas revisións.[j] Tamén comezou un borrador para outra ópera, Khan Buzay, que abandonou.[119] En 1944, Prokofev compuxo a súa Quinta Sinfonía nunha colonia de compositores ás aforas de Moscova. Dirixiu a súa estrea o 13 de xaneiro de 1945, apenas quince días despois da estrea triunfante da súa Oitava sonata para piano o 30 de decembro de 1944 e, o mesmo día, a primeira parte de Iván o Terrible de Eisenstein. Neses anos, tamén compuxo música para outros tres filmes, varias suites sinfónicas, o Cuarteto de corda núm. 2, a Sonata para frauta e piano, unha transcrición da mesma para violín e piano (feita a instancias do violinista David Oistrakh), dúas marchas militares e unhas cantas cancións folclóricas.

Coa estrea da súa Quinta Sinfonía, que foi programada xunto a Pedro e o Lobo e a Sinfonía Clásica (dirixida por Nikolai Anosov), Prokofev pareceu acadar o cénit da súa fama como compositor líder da Unión Soviética.[123] Pouco tempo despois, sufriu unha conmoción cerebral despois dunha caída debido á hipertensión crónica.[124] Nunca se recuperou por completo da lesión e por consello médico viuse obrigado a restrinxir a súa actividade compositiva.[125]

Posguerra

editar

Prokofev tivo tempo de escribir a súa Sexta Sinfonía de posguerra e a súa Novena sonata para piano (para Sviatoslav Richter) antes do chamado "Decreto Zhdanov". A principios de 1948, despois dunha reunión de compositores soviéticos convocada por Andrei Zhdanov, o Politburo emitiu unha resolución denunciando a Prokofiev, Dmitri Shostakovich, Nikolai Miaskovskii e Aram Khachaturian polo crime do "formalismo", descrito como unha "renuncia aos principios básicos da música clásica" a favor de sons "confusos, angustiosos" que "convertían a música en cacofonía".[126] Prohibiron oito das obras de Prokofev: O ano 1941, Oda ao final da guerra, Poema festivo, Cantata polo vixésimo aniversario da revolución de outubro, a Balada dun neno descoñecido, o ciclo para piano de 1934 Os pensamentos, e as sonatas para piano números 6 e 8.[127] Tal era a ameaza percibida detrás da prohibición das obras que mesmo as obras que evitaran a censura xa non foron programadas:[128] en agosto de 1948, Prokofev encontrábase nunha grave situación financeira, a súa débeda persoal ascendía a 180 000 rublos.[127]

O 22 de novembro de 1947, Prokofev presentou unha petición ante o tribunal para iniciar un proceso de divorcio contra a súa esposa separada. Cinco días despois, o tribunal ditaminou que o matrimonio non tiña base xurídica, xa que se celebrara en Alemaña e non fora rexistrado ante os funcionarios soviéticos, polo que era nulo e sen valor. Despois de que un segundo xuíz confirmara o veredicto, el e a súa parella Mira casaron o 13 de xaneiro de 1948.[129][130] O 20 de febreiro de 1948, arrestaron á súa exesposa Lina por "espionaxe", xa que tentara enviar cartos á súa nai en España. Logo de nove meses de interrogatorio,[131] un Colexio Militar de tres membros do Tribunal Supremo da Unión Soviética sentenciouna a vinte anos de traballos forzados.[132] Tras oito anos alí, foi finalmente liberada o 30 de xuño de 1956[133] e en 1974 abandonou a Unión Soviética.[134]

 
Prokofev, ao piano, e Mstislav Rostropovich.

Os últimos proxectos de ópera de Prokofev, entre eles o seu desesperado intento de tranquilizar ás autoridades culturais, A historia dun home real, foron cancelados rapidamente polo Teatro Kirov.[135][k] O desaire, en combinación coa súa saúde en declive, fixo que Prokofev se retirara progresivamente da vida pública e de diversas actividades, mesmo do seu prezado xadrez, e adicouse cada vez máis ao seu propio traballo.[137][138] Despois dunha grave recaída en 1949, os seus médicos ordenáronlle limitar a súa actividade compositiva a unha hora por día.[139]

Na primavera de 1949, escribiu a súa Sonata para violonchelo en dó Op. 119 para Mstislav Rostropovich, de 22 anos, quen realizou a primeira actuación en 1950, con Sviatoslav Richter.[140] Prokofev tamén recompuxo para Rostropovich extensivamente o seu Concerto para violonchelo, transformándoo nunha Sinfonía concertante, un fito no repertorio para violonchelo e orquestra da actualidade.[141] A última actuación pública á que asistiu foi a estrea da súa Sétima Sinfonía en 1952, a súa última obra mestra e última obra completa e pola cal recibiu o premio Stalin.[142] A música escribiuna para a División de Radio para Nenos.[143]

Falecemento

editar
 
Tumba de Prokofev no cemiterio Novodeviche de Moscova. A tumba de Mira Mendelson está ao pé.

Prokofev faleceu aos 61 anos de idade o 5 de marzo de 1953, o mesmo día que Iosif Stalin, cando acababan de comezar os ensaios para o seu ballet A flor de pedra (1950), que se estreou o ano seguinte. Vivía preto da Praza Vermella e durante tres días as multitudes se reuniron para chorar a Stalin, o que fixo imposible celebrar o funeral de Prokofev na sede da Unión de Compositores Soviéticos. Debido a que o coche fúnebre non podía chegar preto da casa do compositor, o seu ataúd tivo que moverse a man por rúas secundarias na dirección oposta ás masas de persoas que ían visitar o corpo de Stalin. Preto de trinta persoas asistiron ao funeral, entre elas Shostakovich. Aínda que non parecían levarse ben cando se coñeceron, nos últimos anos as súas interaccións volvéranse moito máis amigables e Shostakovich escribiulle a Prokofev que "te desexo canto menos outros cen anos para vivir e crear. Escoitar obras como a túa Sétima Sinfonía fai que sexa moito máis doado e ledo vivir".[144] Está enterrado no cemiterio Novodeviche en Moscova.[145] Era ateo.[146][147]

A prensa soviética reportou a morte de Prokofev cun breve artigo na páxina 116, mentres as primeiras 115 páxinas adicáronse á morte de Stalin.[148] Aínda que a natureza precisa da enfermidade terminal de Prokofev segue a ser incerta, a súa morte atribúese, polo xeral, a unha hemorraxia cerebral, pois fora enfermo crónico durante os oito anos anteriores.[149]

A esposa de Prokofev, Mira Mendelson, pasou os seus últimos anos vivindo no mesmo apartamento de Moscova que compartiran.[150] Ocupou o seu tempo organizando os papeis do seu marido, promocionando a súa música e escribindo as súas memorias, fortemente alentada por Prokofev a embarcarse nestas últimas. Traballar nas memorias foi difícil para ela; as deixou incompletas á súa morte.[151] Mendelson morreu dun ataque cardíaco en Moscova en 1968, 15 anos despois do falecemento do seu esposo.[152] Dentro do seu bolso, unha mensaxe datada en febreiro de 1950 e asinada por Prokofev e Mendelson dicía simplemente: "Desexamos ser enterrados un ao lado do outro". Os seus restos están enterrados xuntos no cemiterio Novodeviche.[153]

Lina Prokofev sobreviviu ao seu separado marido moitos anos e morreu en Londres a principios de 1989. Os dereitos de autoría da música do seu defunto esposo proporcionáronlle uns ingresos modestos e actuou como narradora dunha gravación de Pedro e o lobo do seu marido (editada en CD por Chandos Records)[154] con Neeme Järvi dirixindo a Orquestra Nacional Escocesa. Os seus fillos, o arquitecto Sviatoslav (1924-2010), e o artista, pintor, escultor e poeta Oleg (1928-1998), adicaron unha boa parte das súas vidas á promoción da vida e obra de seu pai.[155][156]

Composicións

editar

Moitas das obras de Prokofev teñen sido populares durante moito tempo, como a Sinfonía Clásica e as Quinta e Sexta Sinfonías; os concertos para piano núm. 1 e núm. 3, e os concertos para violín; Pedro e o lobo, as sonatas para piano, a Sonata para frauta e numerosos conxuntos de miniaturas para piano; a súa ópera O amor das tres laranxas e os ballets Romeo e Xulieta e Cincenta; ou a música de cine para O tenente Kizhe e Alexandre Nevski. Outras obras tardaron tempo, mais fóronse establecendo no repertorio internacional: os primeiros ballets, as óperas Guerra e paz e O anxo de lume, os outros tres concertos para piano, os cuartetos de corda e as cancións.[157]

Música escénica

editar
 
Bosquexo dun traxe de casamenteira realizado por Mikhail Larinov ao redor de 1915 para o ballet O bufón.

O primeiro intento de Prokofev de compoñer unha ópera foi aos nove anos. Entre as súas óperas inclúense O amor das tres laranxas, escrita en 1919 para Chicago, O anxo de lume, O xogador e Guerra e paz, baseada na novela homónima de Tolstoi.[158] Sergei Diagilev rexeitou a primeira partitura de ballet que compuxo Prokofev, Ala e Lolli, porque a música pareceulle anticuada e o argumento "manido" e "non ruso".[159][48] O compositor reformulou parte da música como a Suite escita, mais o ballet proxectado nunca chegou estrearse.[48] Diagilev encargou outros tres ballets a Prokofev: O bufón, O paso de aceiro e O fillo pródigo, que no momento da súa produción orixinal causaron sensación entre críticos e colegas. Este último representouse por primeira vez en París en maio de 1929, tres meses antes da morte do impresario. Os ballets posteriores inclúen Romeo e Xulieta e Cincenta de 1944. Tanto os ballets como a primeira ópera mencionada son coñecidos polo público de concertos dende as propias suites orquestrais do compositor baseadas neles.[158]

Música cinematográfica

editar
 
Fotograma do filme Alexandre Nevski (1938) de Sergei Eisenstein, ao que Prokofev puxo a súa música.

Logo do seu regreso á Unión Soviética a comezos da década de 1930, Prokofev comezou a súa relación co mundo do cine. Compuxo a música para seis filmes. A primeira delas foi O tenente Kizhe, de Aleksandr Faintsimmer,[160] que logo transformou nunha suite orquestral. Despois compuxo a partitura da banda sonora A dama de picas para a película homónima de 1938, que finalmente non se estreou.[161]

Máis tarde entablou amizade co director Sergei Eisenstein. Colaborou con el en varios filmes, o primeiro dos cales foi Alexandre Nevski (1938), primeiro filme sonoro do director e que se empregou por parte do réxime de Stalin para reforzar os seus intereses patrióticos.[162][163] A composición é unha obra que ten exercido unha grande influencia noutros grandes compositores posteriores de bandas sonoras, como John Williams e James Horner.[162]

Sobre as denominadas "películas de guerra" (Lermontov, 1941; Kotovskii, 1942; Tonya, 1942; e Os partisanos nas estepas ucraínas, 1942), Kevin Bartig comenta que ningunha delas "era un proxecto importante para Prokoofev" e estaban "entre os temas realistas socialistas máis directos que abordou en calquera xénero".[161] O propio compositor recoñeceu nunha carta ao seu amigo Miaskovskii que "o traballo cinematográfico é abundante, lucrativo e non esixe un esforzo artístico excesivo".[161]

A súa seguinte colaboración con Eisenstein foi para o filme Ivan Groznyi (Iván o Terrible), que se estreou o 30 de decembro de 1944 e recibiu un Premio Stalin.[164][165] Con todo, a segunda parte da película, Ivan Groznyi II: Boiarskii zagovor, acabada en 1946, foi censurada por parte das autoridades soviéticas e non se puido estrear ata 1958.[166][167] Despois deste filme Prokofev non volveu traballar para o cine.[162]

Música orquestral

editar

Prokofev escribiu sete sinfonías, das cales a Sinfonía «clásica», escrita entre 1916 e 1917 e baseada na obra de Joseph Haydn, é a máis coñecida. A Quinta Sinfonía, de 1944, é unha obra a unha escala moito maior. A Terceira Sinfonía emprega material da ópera O anxo de lume, e a Cuarta Sinfonía baséase no ballet O fillo pródigo.[158]

Dos seus cinco concertos para piano, o terceiro é o máis coñecido, escrito na linguaxe musical instantaneamente recoñecible do compositor, dende a incisiva abertura ata os ritmos motores que seguen, nunha mestura de lirismo e enxeño mordaz.[158] Máis abertamente románticos no sentimento son os dous concertos para violín. O seu primeiro Concerto para violonchelo, completado en 1938, foi seguido 14 anos máis tarde polo seu Concertino para violonchelo, completado polo violonchelista Mstislav Rostropovich e o compositor Dmitrii Kabalevskii despois da morte de Prokofev.[158]

Outras composicións

editar

A música de cámara de Prokofev inclúe dúas sonatas para violín e piano, a segunda orixinalmente para frauta e piano e revisada polo compositor coa axuda do violinista David Oistrakh. Completou a súa Sonata para violonchelo en dó maior en 1949, mais unha segunda sonata para o instrumento quedou inconclusa no momento da súa morte. As Cinco melodías para violín e piano, baseadas en cancións anteriores, tamén forman parte do repertorio xeral.[158] Escribiu a Abertura sobre temas hebreos en 1919, durante unha viaxe que realizou aos Estados Unidos.[168]

Completou nove sonatas para piano das once proxectadas. A súa música para piano tamén inclúe versións para piano da música dos ballets Romeo e Xulieta e Cincenta.[158] Contos dunha vella avoa foi a súa primeira obra composta no estranxeiro.[169]

Unha das súas composicións máis coñecidas é o seu conto para nenos Pedro e o lobo, para narrador e orquestra. É un sinxelo traballo pedagóxico para presentar ás nenas e nenos os instrumentos da orquestra, con instrumentos ou grupos de instrumentos que representan as personaxes do conto.[158]

Gravacións

editar

Prokofev foi solista coa Orquestra Sinfónica de Londres, dirixida por Piero Coppola, na primeira gravación do seu Concerto para piano núm. 3, gravado en Londres por His Master's Voice en xuño de 1932. Tamén gravou parte da súa música para piano solo para HMV en París en febreiro de 1935; estas gravacións foron editadas en CD por Pearl e Naxos.[158] En 1938, dirixiu a Orquestra Filharmónica de Moscova nunha gravación da segunda suite do seu ballet Romeo e Xulieta; esta actuación publicouse máis tarde en LP e CD.[170] Outra gravación de Prokofev e a Filharmónica de Moscova foi do Primeiro concerto para violín, con David Oistrakh como solista. Máis tarde, Everest Records lanzou esta gravación nun LP. A pesar da atribución, o director foi Aleksandr Gauk. Descubriuse unha curtametraxe sonora de Prokofev tocando parte da música da súa ópera Guerra e paz e logo explicando a música.[171]

Legado

editar
 
Selo postal soviético para conmemorar o centenario do nacemento de Prokofev en 1991.

Durante a súa vida, as obras de Prokofev representáronse amplamente e, logo da súa morte, a súa popularidade como compositor amosa poucos signos de diminución.[172] Igor Stravinskii afirmou que a súa música tiña "personalidade biolóxica".[173] Arthur Honegger proclamou que Prokofev "seguiría sendo para nos a figura máis grande da música contemporánea"[174] e o musicólogo estadounidense Richard Taruskin recoñeceu o "don de Prokofev, virtualmente incomparable entre os compositores do século XX, para escribir melodías diatónicas distintivamente orixinais".[175]

Con todo, durante algún tempo, a reputación de Prokofev en Occidente sufriu como resultado das antipatías da Guerra fría[176] e a súa música nunca gañou dos académicos e críticos occidentais o tipo de estima da que gozan Igor Stravinskii e Arnold Schönberg, compositores que supostamente tiveron unha maior influencia nas xeracións máis novas de músicos.[177] As valoracións críticas tanto do propio compositor como da súa música teñen sido "inusualmente polarizadas", debido á inestabilidade da época na que viviu e á cronoloxía das súas viaxes.[157] Durante o século XX, a crítica que se fixo sobre el foi con frecuencia máis política que artística e dependía non só da data de publicación, senón tamén da localización xeográfica e a perspectiva social do escritor.[157] En troques, coa publicación dos seus escritos autobiográficos, as memorias de Mira Mendelson, a súa correspondencia e outras biografías, votouse luz sobre moitos feitos ocultos sobre a súa carreira, o seu contexto cultural, o seu xeito de traballar e a súa vida persoal.[157]

editar

Amais da música que compuxo para o cine, téñense empregado outras obras súas en máis de 150 filmes e programas de televisión.[178] O concurso de pianistas de toda Ucraína que leva o nome de "Concurso internacional para novos pianistas na patria de S. Prokofev" se celebra anualmente en Donetsk e comprende catro categorías: piano solo, con orquestra, composición e dirección sinfónica.[179]

Existen distintos lugares que reciben o seu nome en honor a Sergei Prokofev. O compositor foi honrado no seu Óblast de Donetsk natal cando o Aeroporto Internacional de Donetsk pasou a chamarse "Aeroporto Internacional Sergei Prokofev de Donetsk" e o Instituto Musical e Pedagóxico de Donetsk pasou a chamarse "Academia Estatal de Música SS Prokofev de Donetsk" en 1988.[180] En Mercurio existe un cráter de impacto que recibe o seu nome en honor ao compositor.[181] Ademais, dende o 1 de xuño de 1966 existe en Moscova un museo que leva o seu nome. En 1991, e conmemorando o centenario do nacemento do compositor, erixiuse fronte a el un monumento no seu honor.[182]

En 1985, Sting empregou un fragmento do tema "Romance" da suite O tenente Kizhe na súa canción "Russians", do álbum The dream of the blue turtles.[183][184]

  1. Mentres que o propio Sergei Prokofev indicaba que a súa data de nacemento era o 11 de abrilxul./ 23 de abril de 1891greg., o descubrimento póstumo do seu certificado de nacemento mostra que en realidade foi rexistrado catro días despois, o 15 de abrilxul./ 27 de abril de 1891greg..[1]
  2. Prokofev ten a rara distinción para un compositor de ter gañado unha partida contra un futuro campión mundial de xadrez, aínda que no contexto dunha partida simultánea.[14]
  3. O bufón, Chout ou Shut (Шут en ruso). O título orixinal en ruso era Сказка про шута, семерых шутов перешутившегоSkazka pro shuta, semerykh shutov pereshutivshevo—, que significa "O conto do bufón que engañou a outros sete bufóns».
  4. "Diagilev sinalou unha serie de sitios que se debían reescribir. Era un crítico sutil e perspicaz e argumentou o seu punto con gran convición ... non tivemos ningunha dificultade para estar de acordo coas mudanzas".[51]
  5. Suxeriuse que o uso de Prokofev do texto da Sinfonía dos Salmos de Stravinskii para caracterizar os cabaleiros teutónicos invasores na partitura do filme de Eisenstein Alexandre Nevski (1938) tiña a intención de afondar no «pseudo-bachismo" de Stravinski.[77]
  6. "Decidín hai moito tempo que debía compoñer nun estilo bastante diferente e que me poría en marcha tan pronto como me liberara das revisións d' O anxo de lume e O xogador. Se Deus é a única fonte de creación e da razón, e o home é o seu reflexo, está moi claro que as obras do home serán mellores canto máis fielmente reflexen as obras do Creador".[82]
  7. Iso non quere dicir que Prokofev aprobara a música simplista: cando en xuño de 1926 organizou "unha versión simplificada da marcha d' O amor das tres laranxas para complacer á multitude", Prokofev observou no seu diario, "o proceso de espirse para a simpleza é moi desagradable".[84]
  8. Prokofev escribiu na súa autobiografía que nunca puido entender por que a Sinfonietta se interpretaba tan poucas veces, mentres que a Sinfonía «Clásica» se tocaba en todas partes.[88]
  9. A Cincenta, o segundo ballet máis popular de Prokofev logo de Romeo e Xulieta,[120] foi orixinalmente encargado polo Teatro Kirov, xusto antes da invasión alemá. Mais non foi estreado ata 1945 no escenario do Bolshoi cun éxito considerable e coa famosa bailarina Galina Ulanova. A estrea no Kirov de Leningrado produciuse cinco meses máis tarde e repetiuse o éxito. Antes da estrea fixo varias transcricións para piano da mesma (Op. 95, 97 e 102).
  10. "Prokofev escribiu a primeira versión de Guerra e paz durante a Segunda Guerra Mundial. Revisouna a finais dos anos corenta e principios dos cincuenta, durante o período do Decreto Zhdanov de 1948, que atacaba as tendencias oscurantistas na música dos principais compositores soviéticos".[122]
  11. O libreto desta ópera era do compositor e Mira Mendelson, e se baseaba na novela homónima de Boris Polevoi, que á súa vez baséase na historia do piloto Aleksei Maresev.[136]
Referencias
  1. Slonimsky 1993, p. 793.
  2. Prokofev 1979, pp. 8, 10.
  3. Nestiev 1961, p. 1.
  4. 4,0 4,1 Nice 2003, p. 6.
  5. Vishnevetski 2009, pp. 15-16.
  6. Sidorov, Iurii (2 de agosto de 2012). "Гении России" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  7. "Sergei Prokofiev". Music Academy Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2007. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  8. "Serge Prokofiev by Paul Shoemaker" (en inglés). musicweb-international.com. Abril de 2003. Consultado o 7 de febreiro de 2022. 
  9. Prokofev 2000, p. 144.
  10. "Prokofiev" (en inglés). Ballet Met. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2022. 
  11. Prokofev 1991.
  12. Prokofev 1979, p. xi.
  13. Winter, Edward. "Sergei Prokofiev and Chess" (en inglés). chesshistory.com. Consultado o 26 de febreiro de 2022. 
  14. Para extractos dos cadernos de Prokofev que relatan as súas partidas contra Capablanca, véxase "The Game (part 2)" (en inglés). sprkfv.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 26 de febreiro de 2022. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Martynov 1974, p. 11.
  16. Tulga, Phil. "Peter and the Wolf" (en inglés). www.philtulga.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de noveembro de 2015. Consultado o 26 de febrero de 2022. 
  17. Martynov 1974, p. 12.
  18. Martynov 1974, p. 13.
  19. Nice 2003, p. 15.
  20. 20,0 20,1 Prokofev 1979, p. 46.
  21. Prokofev 1979, pp. 51-53.
  22. "Sergey Prokofiev". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  23. Prokofev 1979, pp. 53-54.
  24. Prokofev 1979, p. 63.
  25. Nice 2003, p. 21.
  26. Prokofev 1979, p. 85.
  27. Layton, Robert. Prokofiev's Demonic Opera (en inglés). Encontrado nas notas introdutorias da gravación de Philips da obra O anxo de lume. 
  28. Nice 2003, p. 22.
  29. Nice 2003, pp. 28-29.
  30. Jaffé 1998, p. 16.
  31. Berman, Boris (2008). Prokofiev's Piano Sonatas: A Guide for the Listener and the Performer (en inglés). New Haven, Connecticut: Yale University Press. p. 35. 
  32. Prokofev 2006, p. 57.
  33. Nice 2003, p. 43.
  34. Kennedy, Michael; Kennedy, Joyce Bourne (2007). Oxford Concise Dictionary of Music (en inglés) (5.ª ed.). Oxford: Oxford University Press. 
  35. McAllister, Rita (1980). "Sergey Prokofiev". New Grove Dictionary of Music and Musicians (en inglés) 15. Londres: Macmillan Publishers. pp. 288–301. 
  36. Prokofev 2000, pp. 240-241.
  37. Jaffé 1998, pp. 29-30.
  38. Jaffé 1998, p. 30.
  39. "polytonality". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  40. Nissman, Barbara. "The Many faces of Prokofiev. Part 2" (en inglés). sprkfv.net. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 202. 
  41. Nice 2003, p. 74.
  42. Prokofev 2006, pp. 424-456.
  43. Nice 2003, pp. 99-100.
  44. Prokofev 2008, p. 22.
  45. Nestiev 1946, p. 38.
  46. Prokofev 2008, p. 23.
  47. 47,0 47,1 Nestiev 1946, p. 39.
  48. 48,0 48,1 48,2 Press 2006.
  49. Jaffé 1998, p. 44.
  50. Prokofev 2008, pp. 26-27.
  51. Prokofev 2000, p. 56.
  52. Jaffé 1998, p. 75.
  53. 53,0 53,1 Wakin, Daniel J. (8 de marzo de 2009). "The Week Ahead: 8–14 March March: Classical". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  54. Press 2006, p. 54.
  55. Tal como se detalla na autobiografía de Prokofev.
  56. Jaffé, Daniel. Sarah Chang, Berliner Philharmoniker cond. Simon Rattle (Nota do libro da grabación en CD). EMI 3 46053 2. 
  57. Steinberg, Michael (2000). The Concerto: A Listener's Guide (en inglés). Oxford University Press. p. 351. 
  58. Prokofev 1991, p. 261.
  59. Prokofev 2000, p. 50.
  60. Prokofev 2008, p. 364.
  61. Prokofev 1991, p. 266.
  62. Prokofev 1991, pp. 267-268.
  63. Prokofev 1991, p. 268.
  64. Prokofev 1991, pp. 270-271.
  65. Prokofev 2008, p. 654.
  66. 66,0 66,1 66,2 Prokofev 1991, p. 273.
  67. Jaffé 1998, p. 80.
  68. 68,0 68,1 68,2 68,3 Jaffé 1998, p. 87.
  69. Prokofev 2008, p. 680.
  70. Prokofev 2008, p. 428.
  71. Nice 2003, pp. 196-197.
  72. Prokofev 1991, p. 277.
  73. Nice 2003, p. 245.
  74. Prokofev 2012, p. 65.
  75. Morrison, Simon. "Sergei Prokofiev Dnevnik 1907-1933 (part 2)" (en inglés). www.sprkfv.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2022. , orixinalmente "Dnevnik 1907–1933". Journal of the American Musicological Society (en inglés) 58 (1): 233–243. Primavera de 2005. 
  76. Nice 2003, p. 200.
  77. Kerr, M. G. (1994). "Prokofiev and His Cymbals". The Musical Times (en inglés) (135): 608–609.  Texto tamén dispoñible en "Alexander Nevsky and the Symphony of Psalms" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2009. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  78. Kettle, Martin (21 de xullo de 2006). "First among equals". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  79. Prokofev 2012, pp. 407-569.
  80. Prokofev 2012, pp. 487-490.
  81. Prokofev 2012, p. 826.
  82. Prokofev 2012, p. 699.
  83. Prokofev 2012, p. 779.
  84. Prokofev 2012, p. 341.
  85. Jaffé 1998, pp. 110-111.
  86. Nice 2003, p. 259.
  87. Nice 2003, p. 267.
  88. 88,0 88,1 Prokofev 1991, p. 288.
  89. Prokofev 1991, p. 289.
  90. Jaffé 1998, p. 118.
  91. Prokofev 1991, p. 290.
  92. Nice 2003, p. 279.
  93. Nice 2003, p. 310.
  94. Nice 2003, pp. 294-295.
  95. Nice 2003, p. 284.
  96. Nice 2003, p. 303.
  97. Nice 2003, p. 304.
  98. Ezrahi 2012, p. 43.
  99. Morrison 2009, pp. 36-37.
  100. Morrison 2009, p. 37.
  101. "Sergei Prokofiev: De Francia a Rusia" (en castelán). musiccato.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  102. Franco, Enrique (17 de abril de 1977). "Prokofiev y España". El País (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  103. Jaffé 1998, pp. 143-144.
  104. MacDonald, Ian. "Prokofiev, Prisoner of the State/Part 1" (en inglés). siue.edu. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  105. Jaffé 1998, p. 141.
  106. Jaffé 1998, p. 222.
  107. Morrison 2009, p. 65.
  108. Morrison 2009, p. 66.
  109. Poljak, Nicolás (2017). "El Arte de la Guerra - El discurso nacionalista y la representación del conflicto en la música rusa. El caso de Aleksandr Nevsky, de Sergei Prokofiev.". Cuadernos de Marte (en castelán) (12): 79–115. ISSN 1852-9879. 
  110. Jaffé 1998, p. 158.
  111. Jaffé 1998, p. 159.
  112. Morrison 2009, p. 163.
  113. 113,0 113,1 Morrison 2009, p. 164.
  114. Jaffé 1998, p. 160.
  115. Jaffé 1998, p. 172.
  116. Jaffé 1998, p. 161.
  117. Jaffé 1998, pp. 160-11.
  118. Ezrahi 2012, p. 54.
  119. 119,0 119,1 Morrison 2009, p. 177.
  120. Jones, Alice (2 de xullo de 2008). "The dictator's cut: Prokofiev's 'Romeo and Juliet'". The Independent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2009. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  121. Morrison 2009, p. 211.
  122. Ross, Alex (25 de febreiro de 2002). "The Met unfurls "War and Peace."". The New Yorker (en inglés). Consultado o 4 de marzo de de 2022. 
  123. Jaffé 1998, pp. 182-184.
  124. Morrison 2009, p. 252.
  125. Jaffé 1998, p. 186.
  126. Tomoff 2006, p. 123.
  127. 127,0 127,1 Morrison 2009, p. 314.
  128. Morrison 2013, p. 244.
  129. "Serge Prokofiev". larousse.fr (en francés). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  130. Morrison 2009, p. 306.
  131. Morrison 2013, p. 7.
  132. Morrison 2013, p. 254.
  133. Morrison 2009, p. 310.
  134. Morrison 2013, p. 289.
  135. Morrison 2009, p. 293.
  136. Kaganovsky, Lilya (outono de 2004). How the Soviet Man Was (Un)Made. Slavic Review (en inglés) 63. pp. 577–596. 
  137. Nestiev 1961, pp. 408-409.
  138. Jaffé 1998, pp. 205-206.
  139. Nestiev 1961, p. 409.
  140. Nestiev 1961, pp. 412-413.
  141. Nestiev 1961, pp. 426-429.
  142. Nestiev 1961, p. 430.
  143. Nestiev 1961, p. 429.
  144. Ross, Alex (2007). The Rest Is Noise: Listening to the Twentieth Century (en inglés). Nova York: Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-24939-7. OCLC 82172875. 
  145. Morrison 2009, p. 388.
  146. Robinson, Harlow (2002). Sergei Prokofiev: a biography (en inglés). Northeastern University Press. p. 425. 
  147. Nestiev 1961, p. 2.
  148. Rouner, Jef (11 de abril de 2011). "How Josef Stalin Stole Sergei Prokofiev's Flowers". HoustonPress (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  149. Hingtgen, C. M. (1999). "The tragedy of Sergei Prokofiev". Seminars in Neurology (en inglés). 19, suplemento 1: 59–61. ISSN 0271-8235. PMID 10718530. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  150. Mendelson-Prokofieva 2012, pp. 577-579.
  151. Mendelson-Prokofieva 2012, p. 573.
  152. Morrison 2009, p. 311.
  153. Mendelson-Prokofieva 2012, p. 26.
  154. "Chandos Records Classical Music CDs and MP3 Downloads OnLine" (en inglés). Chandos Records. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2007. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  155. Norris, Geoffrey (23 de xaneiro de 2003). "'My father was naïve'". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  156. Mann, Noelle (26 de agosto de 1998). "Obituary: Oleg Prokofiev". The Independent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  157. 157,0 157,1 157,2 157,3 McAllister & Guillaumier 2020.
  158. 158,0 158,1 158,2 158,3 158,4 158,5 158,6 158,7 158,8 "Sergey Prokofiev" (en inglés). Naxos Records. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  159. Press, Stephen (febreiro de 2001). "Diaghilev and the Two Versions of Prokofiev's 'Chout'". Music & Letters (en inglés) (Oxford University Press) 82 (1): 51–77. 
  160. 161,0 161,1 161,2 Kupfer, Peter (2013). "Kevin Bartig, Composing for the Red Screen: Prokofiev and Soviet Film" (en inglés). Oxford: Oxford University Press. doi.org/10.4000/transposition.1450. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  161. 162,0 162,1 162,2 "Prokofiev, Sergei - Biografía" (en ees). sensacine.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  162. González Cueto, Irene (23 de maio de 2016). "Warhol, Prokofiev, Eisenstein y la música". Cultural Resuena (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  163. Perrie, Maureen (2001). The Cult of Ivan the Terrible in Stalin's Russia (Studies in Russian and Eastern European History and Society) (en inglés). Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 9780333656846. 
  164. Maryamov, G. "J.V. Stalin: The Discussion with Sergei Eisenstein on the Film Ivan the Terrible" (en inglés). Sumana Jha (trad.). Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  165. "Sierra Chamber Society Program Notes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. 
  166. Morrison 2008, pp. 338.
  167. "Prokofiev and Stravinsky – Composers Conduct" (en inglés). Parnassus Classical CDs and Records. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  168. "Prokofiev plays and talks about his music ...". YouTube (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  169. McAllister & Guillaumier 2020, p. xxvii.
  170. Segundo se cita en McAllister & Guillaumier 2020, «Introduction».
  171. Nestiev 1961, p. 439.
  172. Taruskin 1992.
  173. Robinson 2019.
  174. Redepenning, Dorothea. "Prokofiev, Sergey (Sergeyevich)". Grove Music Online (en inglés). Oxford University Press. doi:10.1093/gmo/9781561592630.article.22402.  (require subscrición)
  175. "История конкурса" (en ruso e ucraíno). Piano.ua. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  176. "La Academia Estatal de Música de Donetsk Prokófiev" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2022. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  177. "Prokofiev". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). United States Geological Survey. 6 de agosto de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  178. "Museum of Sergei Prokofiev" (en inglés e ruso). russianmuseums.info. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  179. Gable, Christopher (2008). The words and music of Sting (en inglés). ABC-CLIO. p. 25. ISBN 978-0-275-99360-3. 
  180. "The Dream of the Blue Turtles de Sting". discosgs.com. Consultado o 5 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Autobiografías e diarios

editar

Biografías

editar

Artigos en dicionarios

editar

Monografías, ensaios e outras publicacións

editar

Outros artigos

editar