George Balanchine
George Balanchine (nado Giorgi Melitonis dze Balanchivadze, en xeorxiano გიორგი მელიტონის ძე ბალანჩივაძე, e en ruso Георгий Мелитонович Баланчивадзе), nado en San Petersburgo en 1904 e finado en Nova York en 1983, foi un bailarín e coreógrafo americano, un dos fundadores do ballet americano.
George Balanchine | |
---|---|
![]() George Balanchine nos anos 1920. | |
Nacemento | 22 de xaneiro de 1904 |
San Petersburgo ![]() | |
Falecemento | 30 de abril de 1983 |
Nova York ![]() | |
Causa | Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob |
Nacionalidade | Ruso ![]() |
Alma máter | Vaganova Academy of Russian Ballet |
Ocupación | Bailarín |
Pai | Meliton Balanchivadze |
Cónxuxe | Tamara Geva (1921-1926) Vera Zorina (1938-1946) Maria Tallchief (1946-1952) Tanaquil LeClercq (1952-1969) |
Irmáns | Andria Balanchivadze |
Premios | Handel Medallion, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Kennedy e Condecoração Austríaca de Ciência e Arte |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do compositor xeorxiano, Meliton Belanchivadze, naceu como Giorgi Balanchivadze, o seu irmán Andria Balanchivadze foi tamén un coñecido compositor. En 1921 rematou os seus estudos no balé e entre 1921 e 1924 actuou co Teatro de Ópera e Ballet de Petrogrado.
En 1924 durante unha xira por Europa Occidental coñece a Sergei Diagilev e únese ao seus Ballets Russes, primeiro como bailarín e tras unha lesión como coreógrafo. En 1933 trasládase aos Estados Unidos, onde funda a Escola de Ballet Americano e a compañía de ballet da Metropolitan Opera. En 1946 fundou o New York City Ballet.
A Galipedia ten un portal sobre: Ballet |