Jerome Robbins
Jerome Rabinowitz, nado en Nova York o 11 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1998 foi un director e produtor teatral e coreógrafo estadounidense.
Jerome Robbins | |
---|---|
![]() | |
Nome de nacemento | Jerome Rabinowitz |
Nacemento | 11 de outubro de 1918 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 29 de xullo de 1998 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | Ictus |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Nova York e Weehawken High School |
Ocupación | coreógrafo, bailarín de ballet, mestre de ballet, director teatral, director de cinema, bailarín, produtor de teatro, realizador e theater artist |
Coñecido por | Fanfare |
Premios | National Medal of Arts, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Premio Tony á mellor dirección dun musical, Premio Tony á mellor dirección dun musical, Capezio Dance Award, Premio Kennedy e Handel Medallion |
Na rede | |
http://jeromerobbins.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou a estudar química na universidade, pero tivo que deixalo tras un ano por motivos económicos. Foi entón cando iniciou os seus estudos de danza.
Tras pasar polo mundo do ballet, creou coreografías para musicais de Broadway, como como On the Town.
En 1961 dirixiu xunto con Robert Wise o filme West Side Story. A pesar de ser despedido antes de rematar a rodaxe, foi acreditado coma codirector, gañando o Óscar ó mellor director. É o único director que gañou este premio coa única película que dirixiu.
Nos anos noventa a súa saúde viuse resentida, morrendo finalmente dun ataque ao corazón. A noite da súa morte as luces dos teatros de Broadway foron apagadas uns momentos coma homenaxe.[1]
NotasEditar
- ↑ Vaill, Amanda. "A Biography in Brief". SCRIBNER'S ENCYCLOPEDIA OF AMERICAN LIVES. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerome Robbins |
Ligazóns externasEditar
- Jerome Robbins na IMDb (en inglés).