Abrir o menú principal
Medalla do Premio Stalin nun selo

O Premio Estatal da URSS ( en ruso Госуда́рственная пре́мия СССР) foi un honor estatal da Unión Soviética establecido polo Comité Central do PCUS o 9 de setembro de 1966, como continuación do Premio Estatal Stalin que se outorgou entre 1941 e 1954. Logo da desaparición da URSS tomou o seu lugar o Premio Estatal da Federación Rusa. Conferíase anualmente en tres graos: 1º, 2º e 3º a individuos nos campos da ciencia, matemáticas, literatura, arte e arquitectura para honrar os logros máis salientables que supuxeran un avance para a Unión Soviética ou para a causa do socialismo.