James Horner
James Roy Horner, nado nos Ánxeles o 14 de agosto de 1953[1] e finado nun bosque no interior do condado de Santa Barbara o 22 de xuño de 2015[2], foi un compositor, director e orquestrador estadounidense de música de orquestra e bandas sonoras. Caracterizouse pola integración de elementos corais e electrónicos en moitas das súas bandas sonoras, e un frecuente uso de elementos musicais celtas. Compuxo a banda sonora do filme de 1997 Titanic que se converteu na banda sonora orquestral máis vendida de tódolos tempos.[3][4]
James Horner | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | James Roy Horner |
Nacemento | 14 de agosto de 1953 |
Os Ánxeles (California) ![]() | |
Falecemento | 22 de xuño de 2015 (61 anos) |
Bosque Nacional Los Padres (California) ![]() | |
Causa | accidente de aviación |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Royal College of Music, American Film Institute, Universidade de California, Os Ánxeles, USC Thornton School of Music, Verde Valley School e UCLA Herb Alpert School of Music |
Instrumento(s) | Piano |
Pai | Harry Horner |
Fillos | Emily Horner e Becky Horner |
Irmáns | Christopher Horner |
Premios | Grammy Award para Song of the Year, Grammy Award para Best Song Written for Visual Media, Grammy Award para melhor trilha orquestrada de mídia visual, Óscar á mellor canción orixinal, Globo de Ouro de melhor banda sonora original, Globo de Ouro de melhor canção original, Las Vegas Film Critics Society Award for Best Song, Satellite Award de melhor canção original, Satellite Award for Best Original Score, Chicago Film Critics Association Award for Best Original Score, Grammy Award para Song of the Year, Grammy Award para Best Song Written for Visual Media, Prêmio Grammy para Gravação do Ano e Academy Award for Best Original Dramatic Score |
Na rede | |
http://www.jameshorner.de/ e http://jameshorner-filmmusic.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ademais, Horner compuxo para arredor de 100 filmes, colaborando frecuentemente con directores como James Cameron e Ron Howard. Outras bandas sonoras polas que é coñecido son Commando, Braveheart, Willow, Apollo 13, Star Trek II: The Wrath of Khan, Cocoon, Legends of the Fall, Aliens, Glory, A máscara do Zorro, Field of Dreams, Enemy at the Gates, Casper, Troia, Bicentennial Man, The Rocketeer, A Beautiful Mind, Mighty Joe Young, A tormenta perfecta, Avatar, e máis recentemente, The Amazing Spider-Man.
Horner gañou dous Premios Oscar, dous Globos de Ouro, tres Premios Satellite, tres Premios Saturn, e foi nomeado por tres Premios da British Academy Film. A principal influencia de Horner é Dimitri Shostakovich.
Ás 9:30 do 22 de xuño de 2015 a avioneta na que viaxaba el só, caeu e estrelouse na vila de Ventucopa, preto de Santa Bárbara, California. Faleceu no momento. Tiña 61 anos[5].
Bandas sonoras de James Horner editar
1970 editar
- 1978 The Drought (para a American Film Institute)
- 1978 Fantasies (para a American Film Institute)
- 1978 Gist and Evans (para a American Film Institute)
- 1978 Landscapes (para a American Film Institute)
- 1978 Just for a Laugh (para a American Film Institute)
- 1978 The Watcher (para a American Film Institute)
- 1979 The Lady in Red
- 1979 Up from the Depths
1980 editar
1990 editar
2000 editar
2010 editar
Ano | Títuo | Director(s) | Estudio(s) | Notas |
---|---|---|---|---|
2010 | The Karate Kid | Harald Zwart | Columbia Pictures | |
2011 | Day of the Falcon | Jean-Jacques Annaud | Image Entertainment | [7] |
2012 | Cristiada | Dean Wright | ARC Entertainment | |
The Amazing Spider-Man | Marc Webb | Columbia Pictures | ||
2015 | Wolf Totem | Jean-Jacques Annaud | ||
One Day in Auschwitz[8] | Steve Purcell | Documental | ||
Living in the Age of Airplanes[9][10] | Brian J. Terwilliger | Documental | ||
The 33 | Patricia Riggen | |||
Southpaw | Antoine Fuqua | The Weinstein Company |
Notas editar
- ↑ Clemmensen, Christian. "James Horner (1953-)". Filmtracks.com. Consultado o 21 de maio de 2012.
- ↑ Noticia da súa morte en El País
- ↑ USA Today coverage of Horner's work
- ↑ Clemmensen, Christian (18 de novembro de 1997, Consultado o 16 de abril de 2012). "Titanic (James Horner)". Filmtracks.com. Consultado o 21 de maio de 2012.
- ↑ Noticia en El País
- ↑ "P.K. and the Kid (1987)". Films de France. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ – filmmusicreporter.com
- ↑ "One Day in Auschwitz". KWS Films. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ Thurber, Matt (10 de abril de 2015). "Living in the Age of Airplanes". Aviation International News. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015.
- ↑ "Living in the Age of Airplanes" website