Mikhail Botvinnik

Mikhail Moiseevich Botvinnik (en ruso, Михаил Моисеевич Ботвинник), nado en Repino (Leningrado) o 17 de agosto de 1911 e finado o 5 de maio de 1995, foi un Gran Mestre Internacional e Campión do Mundo de xadrez ruso.

Infotaula de personaMikhail Botvinnik

Mikhail Botvinnik en 1927
Nome orixinal(ru) Михаи́л Моисе́евич Ботви́нник Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1911
Leningrado Rusia Rusia
Morte5 de maio de 1995
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusa
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeter the Great Saint Petersburg State Polytechnical University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAlexander Ilyin-Genevsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMaster of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1927)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1950)
International Judge of Chess Compositions (en) Traducir (1956) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1964Olimpíada de xadrez de 1964 (pt) Traducir
1962Olimpíada de xadrez de 1962 (pt) Traducir
1960Olimpíada de xadrez de 1960 (pt) Traducir
1958Olimpíada de xadrez de 1958 (pt) Traducir
1956Olimpíada de xadrez de 1956 (pt) Traducir
1954Olimpíada de xadrez de 1954 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGayane Davidovna Ananova
Premios

IMDB: nm4789408 WikiTree: Botvinnik-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
José Raúl Capablanca contra Mikhail Botvinnik en 1936

Comezou a ser coñecido ao derrotar ao campión mundial José Raúl Capablanca nunha exhibición de partidas simultáneas. Progresou rapidamente e aos 20 anos, en 1931, cando xa era un Mestre Soviético, gañou o seu primeiro campionato da URSS. Volveu logralo en 1933, 1939, 1941, 1945 e 1952. Obtivo un diploma universitario de Enxeñería. As súas grandes habilidades analíticas convertérono nun dos primeiros estrategos a grande escala do xadrez debido á súa enorme capacidade para estudar e planificar partidas.

Aos 24 anos de idade, Botvínnik atopábase na elite mundial do xadrez, gañando os máis importantes torneos da época. Foi vencedor, xunto con Salgo Flohr, en Moscova en 1935, por diante de Emanuel Lasker e Capablanca. Gañou tamén, xunto con Capablanca, en Nottingham en 1936, e empatou no terceiro posto, trás Reuben Fine e Paul Keres, no prestixioso torneo AVRO de 1938, onde competiron os 8 xogadores máis fortes do momento.

Botvinnik continuou cos seus éxitos e en 1948 gañou o título mundial, que quedara vacante tras a morte de Alexander Alekhine, cando gañou o torneo da Haia/Moscova. Defendeu con éxito o seu título en 1951 e 1954 ante David Bronstein e Vasili Smyslov, tras empatar ambos os matches 12-12. Perdeu ante Smyslov en 1957 por 12.5-10.5, pero no match de desquite en 1958 impúxose por 12.5-11.5. Ante Mikhail Tal repetiuse a historia: caeu en 1960 (12.5-8.5) só para recuperarse en 1961 (13-8). Volveu caer en 1963, esta vez ante Tigran Petrosian, pero este foi o fin do seu reinado, dado que a FIDE abolira o dereito a un match de desquite.

O seu estilo era eminentemente posicional, e a iso engadiu unha sorprendente dedicación e estudo. Todo isto contribuíu á súa longa permanencia no máximo nivel. Desde 1960 Mikhail Botvinnik foi retirándose do xogo competitivo, dedicándose ao desenvolvemento de programas de xadrez para ordenador e para cooperar no desenvolvemento de xogadores novos. Os campións mundiais Anatoly Karpov e Garry Kasparov foron dous dos moitos alumnos da súa escola.

Anterior:
Alexander Alekhine
Campión do mundo de xadrez
1948–1957
Seguinte:
Vasili Smyslov
Anterior:
Vasili Smyslov
Campión do mundo de xadrez
1958–1960
Seguinte:
Mikhail Tal
Anterior:
Mikhail Tal
Campión do mundo de xadrez
1961–1963
Seguinte:
Tigran Petrosian

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar