Orquestra sinfónica

orquestra formada por instrumentos sinfónicos

A orquestra sinfónica ou orquestra filharmónica é unha agrupación ou conxunto musical de gran tamaño que conta con varias familias de instrumentos musicais, como o vento madeira, vento metal, percusión e corda. Unha orquestra sinfónica ou filharmónica ten, xeralmente, máis de oitenta músicos na súa lista. Só nalgúns casos chega a ter máis de cen, pero o número de músicos empregados nunha interpretación particular pode variar segundo a obra que vai ser executada.[1]

Sala de concertos da Orquestra sinfónica de San Francisco.

O termo «orquestra» derívase dun termo grego que se usaba para nomear á zona fronte ao escenario destinada ao coro e significa ‘lugar para bailar'.

Instrumentos musicais da orquestra sinfónica

editar
 
Esquema dunha das posibles colocacións dos instrumentos nunha orquestra sinfónica.

A orquestra de cámara ou sinfónica típica consta de catro grupos proporcionais de instrumentos musicais similares, polo xeral aparecen nas partituras na seguinte orde (coas súas respectivas proporcións indicadas):

Cada sección da orquestra ten unha colocación determinada de 15 tipos de instrumentos, que veu sendo normalizada pola potencia sonora dos instrumentos. Así, os instrumentos de corda sitúanse á fronte, de máis agudo a máis grave, detrás colócanse os instrumentos de vento, primeiro madeira e logo metal, e ao final colócanse os instrumentos de percusión e o piano.

Destes instrumentos, hai moitos que son o corazón da orquestra e nunca se renuncia a eles, e outros que son auxiliares e non sempre aparecen na orquestra, a pesar de ser parte do modelo estándar. Por exemplo, os violíns son imprescindibles pero o piano non sempre se atopa.

Director de orquestra

editar

O director da orquestra cumpre cunha función principal respecto da orquestra sinfónica, posto que é o que a dirixe e determina a disposición dos instrumentos. É unha persoa que non só mantén o tempo da peza e da as entradas dos instrumentos para que a interpretación sexa coherente, senón que debe interpretar a partitura segundo o concepto “global”, manténdose fiel ao espírito orixinal da obra pero dando unha visión persoal. Para conseguilo, debe coñecer en profundidade a vida e obra dos compositores. O director non aparece na orquestra até o século XIX, cando realmente establecéronse os estándares de orquestra sinfónica.

Anteriormente era o primeiro violín (concertino), o clavecinista ou organista quen dirixía (continuista), e actualmente encárganse de afinar o conxunto e da colocación do director dentro do campo visual dos intérpretes. O solista nas obras sitúase xunto ao director.

Orquestras sinfónicas en España

editar
  1. Latham, Alison (2008). Tezontle, ed. Diccionario enciclopédico de la música (en castelán). México, D. F.: Fondo de Cultura Económica. pp. 1132–1134. ISBN 6071600200. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar