Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida
A Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida ou OJC (en galego Orquestra Sinfónica Julià Carbonell das Terras de Lleida) é unha orquestra sinfónica con base en Lleida e que centra a súa actividade concertística nas localidades das comarcas de Lleida. A OJC é a orquestra titular do Auditori Enric Granados e do Teatre de la Llotja de Lleida, ademais de ter programación estable no Auditori AXA de Barcelona. Actualmente o seu director titular e artístico é Alfons Reverté i Casas.
Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida | |
---|---|
Tipo | orquestra sinfónica |
Data de fundación | 2002 |
Sede | Lleida |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida (OJC), promovida pola Fundación Julià Carbonell e co impulso da Deputación de Lleida, naceu no ano 2002 co obxectivo de facilitar o acceso á música sinfónica e de cámara a toda a cidadanía. O Concello de Lleida, consciente da importancia e da significación que representa a orquestra, sumouse tamén como entidade que a apoia.
Deste xeito, a OJC naceu coa vocación de desprazarse habitualmente a tódolos puntos do territorio para amosar a súa programación de concertos de xeito continuado. A OJC comezará en breve un proxecto social baixo o nome "L’Orquestra, amb tu!" (en galego "A Orquestra contigo!"), co cal se pretende levar a música a hospitais, escolas etc., para derrubar barreiras e levar música a todos. Ademais deste proxecto social, a OJC tamén impulsa proxectos de procura musicolóxica que impulsan e incentivan a creación musical actual.
A orquestra, ademais de seguir os seus obxectivos fundacionais realizando concertos en moitas poboacións, ten actuado en salas emblemáticas catalás, como o Gran Teatre del Liceu, o Palau de la Música Catalana e o Auditori de Barcelona. Cómpre salientar tamén a data do 20 de marzo do 2010, cando participou no concerto inaugural do novo órgano de Montserrat.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en catalán)