Abrir o menú principal

Euskadiko Orkestra Sinfonikoa

A Euskadiko Orkestra Sinfonikoa (en galego Orquestra Sinfónica de Euskadi) é unha orquestra sinfónica con sede na cidade de Donostia (Euskadi). O seu director xeral é Íñigo Alberdi Amasorrain, o seu director titular é Andrés Orozco-Estrada, e o principal director convidado é Andrey Boreyko. Dende 1992, é membro da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS).

HistoriaEditar

A Euskadiko Orkestra Sinfonikoa naceu en 1982 promovida e desenvolvida dende o Departamento de Cultura do Goberno Vasco. A súa andaina internacional comezou en 1984, e dende aquela ten levado a cabo xiras por América do Sur (a primeira delas levouna ao Teatro Colón de Buenos Aires, ao Teatro Municipal de Santiago de Chile etc; e a segunda realizada en setembro do 2007, supoñendo o debut da orquestra na Sala São Paulo do Brasil dentro do Mozarteum Brasileiro, así como o seu regreso á Arxentina), o resto das súas xiras internacionais (un total de dez) tiveron lugar en Europa central (en salas de cidades como Berlín, Múnic, Frankfurt, Stuttgart ou Bayreuth en Alemaña, Viena, Salzburgo ou Linz en Austria, Zúric ou Gstaad en Suíza) e o Reino Unido.

DirectoresEditar

SolistasEditar

GravaciónsEditar

Dende as súas orixes, a orquestra levou a cabo a redor de trinta gravacións. Na súa produción discográfica figuran diferentes xéneros e estilos musicais: unha colección de compositores vascos (Jesús Guridi, Jose María Usandizaga, Jesús Arámbarri, Andrés Isasi, Francisco Escudero, Pablo Sorozábal, Aita Donostia, Tomás Garbizu, Aita Madina e Juan Crisóstomo de Arriaga), un triplo CD con obras encargadas pola propia orquestra a Carmelo Bernaola, Anton Larrauri, Félix Ibarrondo, Luis de Pablo, Francisco Escudero e Rafael Castro; un monográfico de Maurice Ravel; o primeiro recital discográfico do barítono malagueño Carlos Álvarez, unha gravación co cantautor vasco Benito Lertxundi, diferentes gravacións para o selo RTVE, e tamén para o público infantil etc.

Recentemente presentou a première mundial da ópera Gernika de Francisco Escudero.

Véxase taménEditar