Maria João Pires

pianista portuguesa

Maria João Pires, nada en Lisboa o 23 de xullo de 1944, é unha pianista portuguesa.

Maria João Pires
Nacemento23 de xullo de 1944
Lugar de nacementoLisboa
NacionalidadeSuíza e Portugal
Ocupaciónpianista clássico e pianista
PremiosComendador da Ordem do Infante Dom Henrique, Premio Pessoa, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Cavaleiro da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Na rede
IMDB: nm0685137 Spotify: 1hRLlo7ZGxEmc0ztMOKurs iTunes: 799747 Musicbrainz: 64cf3646-fde3-4f5e-8741-8b4d21917785 Songkick: 40857 Discogs: 834395 Allmusic: mn0000494112 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sendo moi noviña aprendeu a tocar o piano. Aos cinco anos deu o seu primeiro recital e aos sete tocou publicamente concertos de Mozart. Con nove anos recibiu o premio da Xuventude Musical Portuguesa. Entre 1953 e 1960 estudou co Profesor Campos Coelho no Conservatorio de Lisboa. Proseguiu os estudos musicais na Alemaña, primeiro na Musikakademie na cidade de Múnic con Rosl Schmid e despois en Hannover con Karl Engel.

Maria João Pires foi recoñecida internacionalmente[1] ao vencer o concurso internacional do bicentenario de Beethoven en 1970, que se realizou na cidade de Bruxelas (Bélxica).

Ao longo da súa carreira realizou numerosas digresións onde interpretou obras de Bach, Beethoven, Schumann, Schubert, Mozart, Brahms, Chopin e moitos outros compositores dos períodos clásico e romántico. Maria João Pires foi convidada con regularidade polas grandes orquestras mundiais para tocar nas mellores salas de concerto de Europa, Canadá, Xapón, Israel e dos Estados Unidos.

A pianista ten realizado actuacións tanto a nivel individual (recitais, concertos, gravacións) como en música de cámara: dos numerosos éxitos discográficos, destacan as gravacións "Moonlight", con Sonatas de Beethoven; "Le Voyage Magnifique", integral dos Impromptus de Schubert; Nocturnos e outras obras de Chopin; Sonatas de Grieg; e os Tríos de Mozart con Augustin Dumay (violín) e Jiang Wang (violoncello).

É a fundadora e dirixente do Centro de Belgais para o Estudo das Artes, no concello de Castelo Branco, de cariz pedagóxico, cultural e social.

Foi distinguida co Premio Pessoa no ano 1989.

No ano 2006 a pianista mudouse ao Brasil tendo declarado que sufriu moito en Portugal debido ao seu proxecto, o Centro de Belgais para o Estudo das Artes. No Brasil adquiriu unha casa nos arredores da cidade de Salvador, capital do estado da Baía.

Recoñecementos editar

En 2019, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[2]

Notas editar

  1. Jean-Pierre Thiollet, 88 notes pour piano solo, "Solo nec plus ultra", Neva Editions, 2015, p.50. ISBN 978 2 3505 5192 0.
  2. ""Qui s'expressa a través de l'art és més creatiu, més crític, més lliure"". upf.edu (en catalán). 22 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar