Orquesta Ciudad de Granada

(Redirección desde «Orquestra Ciudad de Granada»)

A Orquesta Ciudad de Granada (en galego Orquestra Cidade de Granada), abreviado OCG, é unha orquestra sinfónica española, con sede no Auditorio Manuel de Falla da cidade de Granada. O seu director musical e artístico é actualmente Andrea Marcon, e ten como principais convidados a Harry Christophers e a Pablo González. A Presidencia de Honra correspóndelle á raíña de España Sofía de Grecia.

Orquesta Ciudad de Granada
Orquestra Cidade de Granada
Logo da OCG.
AlcumeOCG
PaísEspaña España
CidadeGranada
TeatroAuditorio Manuel de Falla
Anos de actividadeDende 1990
Tipo de formaciónOrquestra filharmónica
XéneroMúsica sinfónica, ópera
EnderezoPaseo de los mártires s/n
18009 Granada
Membros actuaisAndrea Marcon (director)
Circunstancias de creación
1990
Efectivo~50 músicos
Sitio webSitio web oficial

Historia editar

A OCG foi fundada en 1990 e o seu primeiro director musical e artístico foi Juan de Udaeta. Dende aquela, a calidade das súas interpretacións motivou a concesión de múltiples condecoracións á orquestra, entre as que salientan a Medalla de Honra da Real Academia de Bellas Artes de Granada, o Premio Andalucía da Música (outorgado pola Asociación de Empresas Discográficas de Andalucía), e o Premio Andalucía de Cultura Manuel de Falla (concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Andalucía).

Directores e solistas convidados editar

Entre os músicos que actuaron xunto á OCG, encóntranse Fazıl Say, Mi'sa Yang, Narciso Yepes, Montserrat Caballé, Plácido Domingo, Carlos Álvarez, Yehudi Menuhin, George Benjamin, Enrique Morente, Victoria de los Ángeles, Christophe Coin e Christian Zacharias, entroutros. A OCG ten actuado asimismo, baixo a batuta de directores como Krzysztof Penderecki, Rinaldo Alessandrini Christopher Hogwood, Fabio Biondi, David Atherton, Frans Brüggen, Joaquín Achúcarro e Elisabeth Leonskaja, entroutros.

Tamén actuou con célebres agrupacións corales, coma o Orfeó Català, o Coro de la Generalitat Valenciana, o Cor de Cambra del Palau de la Música Catalana, The King’s Consort, o Orfeón Donostiarra e a British Choral Academy, entroutros.

Concertos editar

Dende a súa creación e ata a actualidade, a OCG participou nos principais eventos musicais do estado español, entre eles o Festival Internacional de Música e Danza de Granada, o Festival Internacional de Música Castell de Peralada, o Festival Internacional de Música de Segovia, o Festival Grec de Barcelona e o Festival Internacional de Música de Santander.

A OCG actuou nas principais salas de concertos españolas, incluídas o Auditorio Nacional de Música de Madrid, L'Auditori de Barcelona, o Festival de Otoño de Madrid, o Palau de la Música de Barcelona e o Teatro de la Maestranza de Sevilla, así como en múltiples escenarios e festivais de Europa como o Teatro alla Scala de Milán (Italia), o Festival Internacional de Música de Coímbra (Portugal) ou o Festival Gstaad (Suíza). Tamén ten actuado en Austria, e realizado diversas xiras internacionais por Francia (1998), Alemaña (2001 e 2004) e Gran Bretaña (2005).

Directores titulares e artísticos editar

Gravacións editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar