Dmitrii Kabalevskii

compositor ruso (1904-1986)

Dmitrii Borisovich Kabalevskii (en ruso: Дмитрий Борисович Кабалевский), nado en San Petersburgo o 30 de decembro de 1904 e finado en Moscova o 14 de febreiro de 1987, foi un compositor ruso.

Infotaula de personaDmitrii Kabalevskii

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Дмитрий Борисович Кабалевский Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1904 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
1966 – 1987 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatório de Moscovo (pt) Traducir
Academic Music College of the Moscow Conservatory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de música clásica , profesor universitario , pianista , compositor de bandas sonoras , figura pública , profesor de música , coreógrafo , musicólogo , director de orquestra , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConservatório de Moscovo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, Sinfonía, música clásica, Música de cámara, música incidental (pt) Traducir e Neue Musik (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNikolai Iakovlevitch Miaskovski (pt) Traducir, Georgi Catoire (pt) Traducir e Alexander Goldenweiser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlexandre Rabinovitch-Barakovsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webkabalevsky.ru Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0434015 Spotify: 46wMXZ6bEoXUlToxUglEtY Musicbrainz: 96c39679-7de4-48d1-a9ea-d8840296bb73 Discogs: 3887234 IMSLP: Category:Kabalevsky,_Dmitry Allmusic: mn0000017873 WikiTree: Kabalevsky-1 Find a Grave: 22546921 Editar o valor em Wikidata

Contribuíu a establecer a Unión de Compositores Soviéticos en Moscova e foi secretario da Unión de Compositores da RSFS de Rusia desde 1952 ata a súa xubilación. Foi un compositor prolífico de música de cámara e para piano, moitas destas últimas interpretounas Vladimir Horowitz e tamén escribiu seis óperas.

Traxectoria editar

Seu pai era matemático e este animouno a estudar matemáticas, así e todo xa desde a infancia quedou fascinado polas artes, en especial pola música, aprendendo a tocar o piano. En 1916 a súa familia mudouse a Moscova, onde pasou tres anos tocando nas salas onde se proxectaban filmes mudos, comezando a compoñer aos dezaoito anos [1]. En 1925 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Nikolai Myaskovsky e piano con Alexander Goldenweiser, converténdose el mesmo en profesor do conservatorio en 1932, conseguindo unha boa reputación como ensinante [2].

Durante a segunda guerra mundial escribiu moitas cancións patrióticas, ingresando no Partido Comunista en 1940. Foi editor de Sovetskaya Muzyka nos seis volumes publicados durante a guerra, e mais tamén compuxo e interpretou moitas pezas para cine mudo e música para o teatro. Entre 1949 e 1952 foi o director do departamento de música do Instituto de Artes de Moscova.

A súa música para nenos é amplamente interpretada por músicos novos de todo o mundo [3], considerándose un dos máis grandes compositores modernos de música infantil. Tamén organizou un programa de educación musical en vinte e cinco escolas soviéticas, e el mesmo ensinou a nenos de sete anos durante un tempo, aprendéndolles a como escoitar con atencón e poñer as súas impresións en palabras. Estivo na Comisión de Educación Musical Estética en 1962 e foi presidente do Consello Científico de Educación Estética na Academia de Ciencias Pedagóxicas da URSS en 1969. Foi tamén membro do Comité Soviético de Defensa da Paz

Notas editar

  1. allmusic.com
  2. Enclyclopaedia Britannica
  3. "Dmitry Kabalevsky". www.boosey.com. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Schwarz, Boris. 1983. Music and Musical Life in Soviet Russia, enlarged edition 1917-1981. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-33956-1
  • Maes, Francis. 2002. A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar. Traducido por Arnold J. Pomerans e Erica Pomerans. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-21815-9

Ligazóns externas editar