Robert Schumann
Robert Alexander Schumann, nado en Zwickau (Saxonia) o 8 de xuño de 1810 e finado en Endenich (Bonn) o 29 de xullo de 1856, foi un compositor alemán da época do romanticismo e un dos músicos de maior sona na primeira metade do século XIX.
Robert Schumann | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de xuño de 1810 |
Lugar de nacemento | Zwickau |
Falecemento | 29 de xullo de 1856 |
Lugar de falecemento | Endenich e Bon |
Causa | doenza |
Soterrado | Alter Friedhof Bonn |
Nacionalidade | Reino de Saxonia |
Alma máter | Universidade de Leipzig e Universidade de Heidelberg |
Ocupación | compositor, pianista, crítico musical, director de orquestra, musicólogo, músico, profesor de música e escritor |
Pai | August Schumann |
Cónxuxe | Clara Schumann |
Fillos | Felix Schumann, Eugenie Schumann, Marie Schumann, Ferdinand Schumann e Julie Schumann |
Irmáns | Karl Schumann e Julius Schumann |
Coñecido por | Symphony No. 1, Symphony No. 2, Symphony No. 3 e Kinderszenen |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
- Para o político, vexa Robert Schuman.
TraxectoriaEditar
De neno Schumann amosou as súas dotes musicais, aos 7 anos fixo as súas primeiras composicións. Preto de 1830 desexaba converterse nun virtuoso e admiraba a execución dos mais renomeados concertistas do seu tempo, como Paganini e Liszt. Schumann, de gran talento como pianista, empregouse a fondo nesa tarefa pero quixo o azar que deixara este camiño e fora finalmente un dos mais grandes compositores do seu século.
Hai varias historias de como mancou Schumann a súa man dereita en 1830, sendo a máis aceptada a que conta que pra fortalecer o cuarto dedo discorreu un aparato que, de feito, o que fixo foi inutilizalo completamente. Outras fontes citan a cirurxía errada e, tamén, os efectos secundarios da medicación para sífilis.
Deste ou doutro xeito, as esperanzas de Robert Schumann de arremedar aos virtuosos ou chegar a destacar como concertista, esvaecéronse.
ObraEditar
Obras pra pianoEditar
- Papillons, Op. 2
- Estudios sinfónicos Op. 13
- Entroido Op. 9
- Sonatas (3)
- Kinderszenen Op. 15
- Fantasía Op.17
- Toccata Op.7
- Fantasiestücke Op. 12
- Kreisleriana, op. 16
- Humoresca Op. 20
- Novelletten, Op. 21
- Entroido de Viena Op. 26
- Arabeske, Op. 18
- Davidsbündlertänze, Op. 6
- Álbum para mocidade Op. 68
ConcertosEditar
- Concerto pra piano
- Konzertstück pra catro trompas
- Introdución e Allegro-Appassionato para piano
- Concerto para violonchelo
- Concerto para violín
Obras orquestraisEditar
- Sinfonías (4)
- Abertura
Música de cámaraEditar
- Cuartetos pra cordas (3)
- Cuarteto pra piano
- Quinteto pra piano
- Fantasías pra piano, violín e violonchelo
- Andante e variacións pra dous pianos
- Tríos pra piano e cordas (3)
- Fantasías pra clarinete e piano
- Cinco pezas populares pra piano e violonchelo
- Romances pra óboe e piano
- Märchenbilder pra piano e viola
- Sonatas pra piano e violín (2)
- Märchenerzählungen pra clarinete, viola e piano
Música vocalEditar
Moitas cancións e obras corais acompañadas de piano ou de orquestra, entre as que se atopan:
- Dichterliebe, Op. 48 (16)
- Gedichte, Op 35 (12)
- Myrten, Op. 25
- Lieder-Album für die Jugend, Op.79
- Szenen aus Goethes Faust
- soulaiman kacha
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Schumann |
A Galicitas posúe citas sobre: Robert Schumann |