Mstislav Rostropovich
Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú[1] (Acerbaixán) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos[Cómpre referencia]. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artífice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.
Mstislav Leopoldovich Rostropovich Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич | |
---|---|
![]() Mstislav Rostropovich en 1991. | |
Nome completo | Mstislav Leopoldovich Rostropovich |
Alias | Slava |
Data nacemento | 27 de marzo de 1927 |
Nado en | Bakú, ![]() |
Falecemento | 27 de abril de 2007 Moscova, ![]() |
Moscova | |
Causa | Cancro colorrectal |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Cónxuxe | Galina Vishnevskaya |
Fillos | Elena Rostropovich |
Ocupación | Violonchelista e director |
Instrumento(s) | Violoncello |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Naceu nunha familia de músicos. Estudou no Conservatorio de Moscova, dende os dezaseis anos. Chegou a ser alumno de Dmitrii Shostakovich e de Serguéi Prokofiev, antes de graduarse coas máximas distincións académicas. Posteriormente traballaría como mestre no mesmo Conservatorio, dende 1961. En 1948 xa fora solista da Orquestra Filharmónica de Moscova. A partir de 1950 actuara coma violonchelista e director. Tamén deu recitais de piano acompañando á súa muller, a cantante Galina Vishnévskaya. Tras un tempo en Moscova, foi nomeado profesor no Conservatorio de Leningrado.
Premios Editar
Notas Editar
- ↑ "Mstislav Rostropóvich", artigo na revista Intres musicais do IES de Melide. Xuño de 2007, p. 73.
- ↑ "Premio Príncipe de Asturias de la Concordia (1997)". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2009.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |