Selección de fútbol de Bélxica
A selección de fútbol de Bélxica é a representante futbolística de Bélxica e está baixo o control da Union Royale Belge des Sociétés de Football Association - Koninklijke Belgische Voetbalbond (URBSFA/KBVB), pertencente á UEFA. O equipo belga é coñecido popularmente como os Rode Duivels ou Diables Rouges (Diaños Vermellos en neerlandés e francés, respectivamente) por mor da cor da súa camisola.
Bélxica | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | URBSFA / KBVB | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | BEL | ||
Alcume | Rode Duivels / Diables Rouges / Rote Teufel (Diaños vermellos) | ||
Clasificación FIFA | 1 (11 de xuño de 2020)[1] | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Roberto Martínez | ||
Máis encontros | Jan Vertonghen (118) | ||
Máximo goleador | Romelu Lukaku (52) | ||
Estrea internacional Bélxica 3 − 3 Francia Bruxelas, Bélxica; 1 de maio de 1904 | |||
Maior vitoria Bélxica 9 − 0 Zambia Bruxelas, Bélxica; 4 de xuño de 1994 Bélxica 10 − 1 San Marino Bruxelas, Bélxica; 28 de febreiro de 2001 Bélxica 9 − 0 Xibraltar Liexa, Bélxica; 31 de agosto de 2017 Bélxica 9 − 0 San Marino Bruxelas, Bélxica; 10 de outubro de 2019 | |||
Maior derrota Inglaterra (afeccionados) 11 − 2 Bélxica Londres, Reino Unido; 17 de abril de 1909 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 13 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | 3º (2018) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 6 (primeira en 1972) | ||
Mellor resultado | 2º (1980) |
Os seus partidos coma local adoitaos xogar no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas (en neerlandés: Koning Boudewijnstadion, en francés: Stade Roi Baudouin), antigamente coñecido como Heysel que foi triste teatro da traxedia da final da Copa de Europa entre a Juventus e o Liverpool F.C. o 29 de maio de 1985, cando 39 espectadores morreron durante as disputas entre adeptos de ambos equipos. O estadio foi completamente remodelado.
Bélxica participou nun total de once Mundiais, acanzando o seu mellor posto en México 1986, cando chegaron ás semifinais e acadaron o carto posto, tras ser derrotados nas mesma por Arxentina. Os Diaños Vermellos teñen o récord de asistencias a unha Copa Mundial ininterrompidas por vía de clasificatorias, xa que se clasificou de xeito consecutivo en seis ocasións dende 1982 a 2002. O combinado belga tamén conseguiu bos resultados na Eurocopa, aínda que sen conseguir gañala nunca, sendo o seu mellor posto o subcampionato acadado en Italia 1980. Nos Xogos Olímpicos, Bélxica gañou a medalla de ouro en 1920 cando foi a anfitrioa en Anveres. En 1900, un representante belga (a Universidade de Bruxelas) obtivo a medalla de bronce no torneo de exhibición.
Historia
editarBélxica xogou o seu primeiro partido oficial o 1 de maio de 1904 nun empate 3-3 fronte a selección de Francia. Con todo, antes dese encontro, unha selección belga xogara xa varios partidos, mais nesa selección xogaban tamén algúns xogadores ingleses, polo que estes non se contabilizan. Por exemplo, Bélxica venceu aos Países Baixos por 8-0 o 28 de abril de 1901 coa axuda dalgúns ingleses. Decidiuse entón que Bélxica xogaría dúas veces ao ano contra os Países Baixos a partir de 1905, polo xeral unha vez en Anveres e unha vez en Rotterdam (máis tarde Ámsterdan). Nese momento, o equipo nacional foi elixido por un comité de representantes dos seis ou sete principais clubs.
O equipo foi alcumado os Diaños Vermellos polo xornalista Pierre Walckiers despois da súa vitoria 3-2 sobre os propios Países Baixos en Rotterdam en 1906. O alcume deriva do feito de que dende o principio e até hai pouco, o equipamento era completamente de cor vermella. Durante as seguintes seis décadas, Bélxica estabeleceuse como un sólido equipo de segundo nivel, de cando en cando na carreira por gañar un torneo maior. Unha das vantaxes clave do equipo foi o uso sistemático da trampa do fóra de xogo, unha táctica defensiva desenvolvida na década de 1960 polo R.S.C. Anderlecht e o seu adestrador, o francés Pierre Sinibaldi.
O período de maior éxito comezou cando terminou segundo na Eurocopa 1980, así a década de 1980 e comezos da de 1990 está considerada en xeral a idade de ouro da selección. Baixo a dirección de Guy Thys, quen adestrou a selección durante máis de 100 partidos oficiais, Bélxica estableceu unha reputación de ser un equipo físico, ben organizado, difícil xogar en contra e con rigor na organización do equipo, reforzado por varios xogadores de clase mundial, como o porteiro Jean-Marie Pfaff, o lateral dereito Eric Gerets, o mediocampista Jan Ceulemans, e o volante Enzo Scifo. As actuacións da selección eran ás ás veces pobres contra os equipos de rango inferior, mais case sempre inspiradas contra os mellores equipos. Até hai pouco, como en 2002, aos equipos nacionais de clase mundial non lles gustaba a idea de xogar ante os Diaños Vermellos, nin sequera a seguinte campioa mundial, o Brasil. Así, os belgas case eliminan os suramericanos do mundial. Dende entón, con todo, o equipo foi perdendo nivel e non foi capaz de recuperar a súa reputación pasada.
Despois de fallar na clasificación para o mundial de 2006, feito que ocorría por primeira vez dende 1978, o contrato do adestrador da selección, Aimé Anthuenis, non foi renovado, e decidiuse o 22 de decembro de 2005 que René Vandereycken sería o seu subtituto. Porén, o equipo non mellorou e os Diaños Vermellos baixaron ao posto máis baixo da clasificación da FIFA da súa historia, o 71, en xuño de 2007. Despois de non lograr clasificarse para a Eurocopa de 2008 e ao Mundial 2010, cun pobre rendemento, Vandereycken foi destituído o 7 de abril de 2009. Despois dunha sorprendente perda de 2-1 contra Armenia o 9 de setembro de 2009, Vercauteren renunciou antes do previsto e deu paso ao novo adestrador, Dick Advocaat. Con todo, o 15 de abril de 2010, despois de só seis meses no cargo, Advocaat renunciou no medio de especulacións de que ía converterse no adestrador de Rusia. Os rumores resultaron verdadeiros e Georges Leekens foi anunciado como o próximo seleccionador o 11 de maio de 2010.
Resultados
editarCopa Mundial de Fútbol
editarAno | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Primeira fase | 11° | 2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 4 | |
Italia 1934 | Primeira fase | 15° | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 5 | |
Francia 1938 | Primeira fase | 12° | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | |
Brasil 1950 | Retirouse | ||||||||
Suíza 1954 | Primeira fase | 12° | 2 | 0 | 1 | 1 | 5 | 8 | |
Suecia 1958 | Non se clasificou | ||||||||
Chile 1962 | |||||||||
Inglaterra 1966 | |||||||||
México 1970 | Primeira fase | 10° | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | |
Alemaña 1974 | Non se clasificou | ||||||||
Arxentina 1978 | |||||||||
España 1982 | Segunda fase | 10° | 5 | 2 | 1 | 2 | 3 | 5 | |
México 1986 | Semifinais | 4° | 7 | 2 | 2 | 3 | 12 | 15 | |
Italia 1990 | Oitavos de final | 11° | 4 | 2 | 0 | 2 | 6 | 4 | |
Estados Unidos 1994 | Oitavos de final | 11° | 4 | 2 | 0 | 2 | 4 | 4 | |
Francia 1998 | Primeira fase | 19° | 3 | 0 | 3 | 0 | 3 | 3 | |
Corea/Xapón 2002 | Oitavos de final | 19° | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 7 | |
Alemaña 2006 | Non se clasificou | ||||||||
Suráfrica 2010 | |||||||||
Brasil 2014 | Cuartos de final | 6° | 5 | 4 | 0 | 1 | 6 | 3 | |
Rusia 2018 | Semifinais | 3° | 7 | 6 | 0 | 1 | 14 | 6 | |
Total | - | 18° | 36 | 10 | 9 | 17 | 46 | 63 |
Eurocopa
editarAno | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francia 1960 | Non participou | |||||||
España 1964 | Non se clasificou | |||||||
Italia 1968 | ||||||||
Bélxica 1972 | Semifinais | 3° | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 3 |
Iugoslavia 1976 | Non se clasificou | |||||||
Italia 1980 | Subcampión | 2° | 3 | 1 | 2 | 1 | 4 | 4 |
Francia 1984 | Primeira fase | 6° | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 |
Alemaña 1988 | Non se clasificou | |||||||
Suecia 1992 | ||||||||
Inglaterra 1996 | ||||||||
Bélxica/P. Baixos 2000 | Primeira fase | 12° | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 5 |
Portugal 2004 | Non se clasificou | |||||||
Austria/Suíza 2008 | ||||||||
Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||
Francia 2016 | Cuartos de final | 7° | 5 | 3 | 0 | 2 | 9 | 5 |
Total | - | 14° | 12 | 4 | 2 | 6 | 13 | 20 |
Xogos Olímpicos
editar
|
|
Xogadores
editar
Máis partidos disputadoseditarActualizado a 26 de marzo de 2018.[2]
Máximos goleadores da seleccióneditarActualizado a 26 de marzo de 2018.[2]
DestacadoseditarPorteiros Defensores Centrocampista Atacantes AdestradoreseditarA seguinte é unha lista dos adestradores da selección de Bélxica ao longo da historia:[3]
Notaseditar
Véxase taméneditarOutros artigoseditarLigazóns externaseditar
|