Igrexa de Santa Sofía de Istambul

monumento bizantino en Estambul, Turquía
(Redirección desde «Igrexa de Santa Sofía»)

Santa Sofía ou Hagia Sophia (do grego Άγια Σοφία [aˈʝia soˈfia], «Santa Sabedoría»; en latín: Sancta Sophia ou Sancta Sapientia; turco Ayasofya) foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa convertida en mesquita e hoxe en día en museo, sita en Istambul, (Turquía)[1] considérase a obra máis importante da época bizantina. Foi empregada como igrexa durante 916 anos, dende a súa construción no ano 537 ata a conquista da cidade no ano 1453. Dende esta data ata 1934, durante 481 anos, foi empregada como mesquita. Logo de pasar unha restauración cumprida por orde de Mustafa Kemal Atatürk, fundador da república Turca, o 1 de febreiro de 1935, foi inaugurada como museo.[2]

Igrexa de Santa Sofía de Istambul
Hagia Sophia
de
Ayasofya (turco)
Ἁγία Σοφία (grego)
Sancta Sophia (latín)
Aspecto actual de Santa Sofía
Edificio
TipoOrixinalmente foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa, posteriormente unha mesquita e en tempos recentes foi habilitada como museo.
Estilobizantino
Sistema estruturalarquitrabe e bóveda
LocalizaciónIstambul, Turquía Turquía[1]
Coordenadas41°00′30″N 28°58′48″L / 41.008333333333, 28.98
Santa Sofía en Mar Mediterráneo
Santa Sofía
Santa Sofía
Localización da Igrexa de Santa Sofía en Turquía
Construción
Inicio532
Remate537
Dimensións
Altura55,60 m
Outras dimensiónslonxitude 82 m
Superficie69,70 m x 80,90 m
Equipo
Arquitecto(s)Antemio de Trales e Isidoro de Mileto
editar datos en Wikidata ]

Santa Sofía rompeu moldes, esta considerada o epítome da arquitectura bizantina[3] e dise que "cambiou a historia da arquitectura".[4] Responde á idade de ouro da arte bizantina e á dinámica de construción de grandes edificios que implantou o cristianismo. É unha síntese entre a tradición clásica grecolatina e a tradición construtiva oriental; a primeira presentada pola planta basilical, os piares de carga principais, e a grande escala do conxunto; e a segunda polo espazo central coroado por unha cúpula. Santa Sofía legoulle á posteridade o emprego do sistema de cunchas a escala monumental pasa pasar da forma cadrada da base á circular da cúpula; futura constante da arquitectura bizantina e, máis adiante, da occidental. Tamén lle deu o impulso definitivo ao mosaico, a técnica que mellor permitía explota-las posibilidades da luz e da cor no interior das igrexas bizantinas.

Historia

editar

A primeira Igrexa

editar

Hoxe en día non quedan restos da primeira igrexa construída nesta localización que se coñeceu como Μεγάλη Ἐκκλησία —Megálē Ekklēsíā, «Igrexa Grande»— ou Magna Ecclesia en latín,[5] debido a que as súas dimensións eran maiores que as das igrexas contemporáneas da cidade.[6] (O alcume de "Megálē Ekklēsíā" seguiuse empregando durante moito tempo, e non se mudou polo nome de Santa Sofia ata logo da conquista bizantina de 1453.) Como a miúdo pasaba naqueles tempos, a actual localización de Santa Sofía foi seleccionada pola existencia previa dun templo pagán. Foi inaugurada o 15 de febreiro do 360 -durante o reinado de Constancio II- polo bispo ariano Eudoxio de Antioquía,[6] a igrexa foi construída preto da área onde se estaba construíndo o palacio imperial. A igrexa próxima de Santa Irene -«Hagia Irene»- foi terminada antes e serviu como catedral ata que se terminou a igrexa de Santa Sofía. Ambas foron conxuntamente as principais igrexas do Imperio bizantino.

Nun escrito do 440, Sócrates de Constantinopla afirmou que a igrexa foi construída por Constancio II, que se estaba traballando nela no 346. Unha historia posterior ao século vii ou viii, afirma que o edificio foi construído por Constantino I o Grande. Zonaras reconciliou as dúas opinións, afirmando que Constancio reparou o edificio consagrado por Eusebio de Nicomedia despois de que esta se derrubase. Dado que Eusebio foi bispo de Constantinopla do 339 ao 341 e que a morte de Constantino ocorreu no 337, parece posible que a primeira igrexa fose erixida por este último.[6] O edificio foi construído como unha basílica latina tradicional con columnas, galerías e un teito de madeira, e estaba precedida por un atrio. Afirmábase que era un dos monumentos máis destacados do mundo nesa época.

O Patriarca de Constantinopla, Xoán Crisóstomo, entrou en conflito coa emperatriz Elia Eudoxia, esposa do emperador Arcadio, e foi enviado ao exilio o 20 de xuño do 404. Durante os disturbios que se produciron tras este feito, a igrexa foi queimada e derrubada en gran parte,[6] polo que na actualidade non se conserva nada deste primeiro edificio.

 
Anacos de pedra da segunda igrexa.
 
Anacos de mármore pertencentes á segunda igrexa.

A segunda igrexa

editar

O 20 de xuño do 404 o patriarca de Constantinopla, Xoán Crisóstomo foi mandado ao exilio despois de entrar en conflito coa emperatriz Elia Eudoxia, muller do emperador Arcadio. A partir do anterior feito, producíronse unha serie de liortas e revoltas durante as cales a antiga igrexa foi queimada. A construción dunha segunda igrexa foi ordenada por Teodosio II, quen a inaugurou o 10 de outubro do 405. Os lumes xurdidos a partir da Revolta de Nika tiveron como consecuencia a destrución da segunda Santa Sofía, queimada entre o 13 e o 14 de xaneiro do ano 532. Tan só algúns anacos de mármore sobreviviron ata a actualidade, estes atópanse expostos no xardín da Santa Sofía actual. Estes anacos de mármore foron atopados por A.M. Schneider en 1935, durante as escavacións que levou a cabo no patio oeste da igrexa, estes formaban parte dunha grande entrada da igrexa que se atopaba no lugar.

Terceira e derradeira igrexa

editar

O 23 de febreiro de 532, tan só unhas semanas logo da destrución da segunda basílica, o emperador Xustiniano I decidiu construír unha terceira basílica completamente diferente, máis grande e máis maxestosa que as súas predecesoras.

Xustiniano elixiu o físico Isidoro de Mileto e ao matemático Antemio de Trales como arquitectos, aínda que Antemio morreu durante o primeiro ano da empresa. Existe a teoría de que se empregou a Herón de Alexandría para facer fronte aos desafíos que presentaba a construción dunha cúpula expansiva sobre un espazo tan grande.

O historiador bizantino Procopio de Cesarea describiu a construción do templo na súa obra Sobre os edificios -latín: De aedificiis; grego:Peri ktismatōn-. Empregáronse máis de dez mil persoas para a construción, e o emperador fixo traer material procedente de todo o imperio, como as columnas helenísticas do Templo de Artemisa en Éfeso, grandes pedras das canteiras de pórfiro de Exipto, mármore verde de Tesalia, pedra negra da rexión do Bósforo e pedra amarela de Siria. Esta nova igrexa foi recoñecida polos contemporáneos como unha grande obra de arquitectura. O emperador, xunto co patriarca Eutiquio, inaugurou con moita pompa a nova basílica o 27 de decembro de 537. Os mosaicos dentro da igrexa completáronse baixo o reinado do emperador Xustino II (565-578). Santa Sofía foi a sé do patriarca ortodoxo de Constantinopla e o escenario principal das cerimonias imperiais bizantinas, como as coroacións. A basílica tamén ofrecía asilo aos malfeitores.

 
A construción de Santa Sofía, durante o reinado do emperador Xustiniano, miniatura 38 da Crónica de Constantino Manasés, do século XIV.

Os terremotos de agosto do 553 e do 14 de decembro de 557 causaron gretas na cúpula principal e na media cúpula oriental. A cúpula principal derrubouse por completo durante un posterior terremoto o 7 de maio de 558,[7] que tamén destruíu o ambón, o altar e o copón. O accidente debeuse principalmente ao exceso de carga da cúpula e ao enorme pulo horizontal que transmitía aos soportes, ao ter un deseño demasiado plano. Isto causou a deformación dos alicerces que sostiñan a cúpula. O emperador ordenou a restauración inmediata, a cal encomendouse a Isidoro o Mozo, sobrino de Isidoro de Mileto, que utilizou materiais máis lixeiros e elevou a cúpula,[8] dando á construción a súa altura interior actual de 55,6 metros (182 pés).[9] Por outra banda, Isidoro cambiou tamén o tipo de bóveda, erixindo unha cúpula nervada con cunchas, cuxo diámetro atopábase entre 32,7 e 33,5 metros.[8] Esta reconstrución, que deu á igrexa a súa actual forma característica do século VI, completouse no ano 562. O poeta bizantino Paulo Silenciario compuxo un poema épico, coñecido como Ekphrasis, para a dedicación da basílica presidida polo Patriarca Eutiquio o 23 de decembro de 562.

No 726, o emperador León o Isáurico publicou unha serie de edictos contra a veneración de imaxes e ordenou ao exército destruír todas as iconas -inaugurando o período da iconoclasia bizantina-. Nese momento, todas as imaxes e estatuas relixiosas retiráronse da igrexa de Santa Sofía. Logo dun breve respiro durante o mandato da emperatriz Irene (797-802), os iconoclastas reapareceron. O emperador Teófilo (829-842), fortemente influenciado pola arte islámica, prohibiu as imaxes relixiosas e instalou unha porta de bronce de dúas follas co seu monograma na entrada sur da igrexa.

A basílica volvería sufrir danos: primeiro por un grande incendio no 859, e de novo por un terremoto, o 8 de xaneiro de 869, que colapsou media cúpula. O emperador Basilio I ordenou as reparaciones. Un século despois, o 25 de outubro de 989, un novo gran terremoto arruinou a cúpula, e foi o emperador bizantino Basilio II quen encargou a súa reparación ao arquitecto armenio Trdat, creador das grandes igrexas de Ani e Argina.[10] As súas principais reparacións afectaron ao arco occidental e a unha parte da cúpula. A magnitude dos danos requiriu seis anos de reparación e reconstrución, ata que a igrexa foi reaberta o 13 de maio de 994.

No seu libro De caerimoniis aulae Byzantinae, o emperador Constantino VII (913 a 919) escribiu un relato detallado das cerimonias que levaron a cabo o emperador e o patriarca na igrexa de Santa Sofía.

 
Este é un Mosaico; considerado un dos máis belos mosaicos da arte bizantina, trátase dunha representación de Cristo Pantocrátor (Χριστός Παντοκράτωρ) e pertence ao mosaico da Deesis. Atópase na Igrexa de Santa Sofía, Constantinopla, datado preto de 1280.

Tras a toma de Constantinopla durante a Cuarta cruzada a igrexa foi saqueada e profanada polos cristiáns latinos. O suceso foi descrito polo historiador bizantino Nicetas Choniates. Moitas supostas reliquias da igrexa -como unha pedra da tumba de Xesús, o leite da Virxe María, a mortaxa de Xesús e os ósos de varios santos- foron enviadas ás igrexas de occidente, e actualmente atópanse en varios museos. Durante a ocupación latina de Constantinopla (1204-1261) a igrexa converteuse nunha catedral católica. Nela foi coroado emperador Balduíno I de Constantinopla, nunha cerimonia que seguiu de cerca as prácticas bizantinas, o 16 de maio de 1204.

Mesquita (1453–1935)

editar
 
"Ayasofya Camii" (Mesquita de Ayasofya) en tempos otománs.

En 1453 o sultán Mehmed puxo cerco a Constantinopla, impulsado en parte por un desexo de converter á cidade ao islam.[11] O sultán prometeu aos seus soldados tres días de saqueo ilimitado antes de reclamar os contidos da cidade para si mesmo.[12][13]

A igrexa de Santa Sofía non estivo exenta de saqueos, sendo o punto focal dos invasores, os cales pensaban que contería os tesouros máis importantes da cidade.[14]

Pouco despois de que as defensas da cidade se derrubasen, os saqueadores dirixíronse á igrexa de Santa Sofía derrubando as súas portas.[15] Ao longo do asedio, na igrexa estívose celebrando a santa liturxia e a liturxia das horas, sendo o templo un refuxio para moitos cidadáns incapaces de contribuír na defensa da cidade.[16][17] Atrapados na igrexa, fregueses e refuxiados convertéronse en parte do botín a repartir entre os invasores. O edificio foi profanado e saqueado, e os seus ocupantes escravizados ou asasinados;[14] os anciáns e os enfermos foron asasinados, e o resto encadeados.[15] Os sacerdotes continuaron levando a cabo os ritos cristiáns ata que foron detidos polos invasores.[15] Cando o sultán e a súa cohorte entraron na igrexa insistiu en que debía ser transformada en mesquita, tras o cal un dos ulema subiu ao púlpito e empezou a recitar o shahada.[18][19]

 
Fonte (Şadırvan) para rituais de purificación.

Como está escrito máis arriba, inmediatamente despois da conquista de Constantinopla en 1453, Mehmet II converteu a igrexa de Santa Sofía na mesquita de Santa Sofía.[19][20][21] Segundo o descrito por varios visitantes occidentais (como o nobre cordobés Pedro Táfur[22] e o florentino Cristoforo Buondelmonti),[23] a igrexa estaba nun estado ruinoso, con varias das súas portas fóra, o sultán Mehmed II ordenou a limpeza da igrexa e a súa conversión. Asistiu á primeira oración do venres na mesquita o 1 de xuño de 1453.[21] Santa Sofía converteuse na primeira mesquita imperial de Istanbul.[24] Para o seu Waqf (doazón) foron designadas a maioría das casas existentes na cidade e a zona do futuro Palacio de Topkapi.[19] A través de decretos imperiais de 1520 (926H) e 1547 (954H) tendas e partes de Gran Bazar e outros mercados foron tamén engadidos.[19]

Antes de 1481 un pequeno minarete foi erixido na esquina sueste do edificio, por enriba da torre con escaleira.[19] Máis tarde, o seguinte sultán, Beyazid II (1481-1512), construíu outro minarete na esquina nordés.[19] Un deles esnaquizouse debido ao terremoto de 1509,[19] e o arredor da metade do século XVI foron substituídas por dous minaretes diagonalmente opostos construído nas esquinas leste e oeste do edificio.[19]

 
O mihrab.

No século XVI o sultán Suleiman o Magnífico (1520-1566) trouxo dous colosais candeeiros da conquista de Hungría. Estes colocáronse a ambos os dous lados da mihrab. Durante o reinado de Selim II (1566-1577), o edificio comezou a mostrar signos de fatiga e reforzouse moito coa adición das axudas estruturais no seu exterior polo grande arquitecto otomán Mimar Sinan, considerado un dos primeiros enxeñeiros en incluír reforzos antisísmicos.[25] Ademais de fortalecer a histórica estrutura bizantina, Sinan construíu os dous minaretes grandes adicionais no extremo oeste do edificio, o orixinal palco do sultán, e o Turbe (mausoleo) de Selim II no sueste do edificio entre 1576 e 1577. Para iso, fixo demoler o ano anterior, as partes do patriarcado na á sur da igrexa.[19] Por outra banda, a media lúa de ouro foi montada na parte superior da cúpula,[19] así como unha "zona de respecto" duns 24 metros de ancho, que se impuxo o arrededor de todo o edificio, o que obrigou á demolición de todas as casas que estaban alí.[19] Máis tarde o seu Turbe acolleu tamén 43 tumbas dos príncipes otománs.[19] En 1594 Mimar (arquitecto da corte) Davud Ağa construíu a Turbe de Murad III (1574–1595), onde o sultán e a súa valide (raíña nai) , Safiye Sultán, foron enterrados máis tarde.[19] O mausoleo octogonal do seu fillo Mehmed III (1595-1603) e o súa valide foi construído ao lado da del en 1608 polo arquitecto real Dalgiç Mehmet Aĝa.[26] O seu fillo Mustafa I (1617-1618; 1622-1623) converteu o antigo baptisterio na súa Turbe.[26]

En 1931, durante o mandato de Mustafa Kemal Atatürk, a mesquita péchase ao público, e ábrese novamente en 1935, pero esta vez como museo.

Arquitectura

editar
 
Sección da basílica orixinal.
 
Planta de Santa Sofía.

Santa Sofía é un dos maiores exemplos da arquitectura bizantina. A súa decoración interior, os seus mosaicos, as súas columnas de pórfiro e a súa cuberta en forma de cúpula son dun inmenso valor artístico. Os seus arquitectos, Antemio de Trales e Isidoro de Mileto, cubriron o edificio, de planta case cadrada, cunha cúpula central sobre cunchas. Esta repousa sobre catro arcos, sostidos á súa vez por catro alicerces. Dúas semicúpulas fan de contraforte da cúpula central e os muros abertos están asegurados por contrafortes. Posúe ademais uns belos mosaicos bizantinos. A construción definitiva levouse a cabo sobre a primitiva basílica de Constantino entre o 532 e o 537, durante o reinado de Xustiniano, no período coñecido como "Primeira Idade de Ouro". Os seus arquitectos realizaron un deseño sen antecedentes, tomando elementos coñecidos (planta basilical e rotonda), pero que se unen nunha estrutura nova.

En palabras de Agatías, os deseñadores (Artemio de Trales era matemático, Isidoro de Mileto arquitecto) trataron de «aplicar a xeometría á materia sólida». Xustiniano, segundo o seu cronista oficial Procopio de Cesarea, ao ver Santa Sofía terminada exclamou: «Salomón, vencinte».

A súa arquitectura é eminentemente espacial, aínda que o efecto exterior foi significativamente modificado polos otománs, que o enriqueceron con minaretes, esporóns e grandes contrafortes. A idea do edificio foi o que a gran cúpula que se ía a construír se sostivese mercé a catro arcos reforzados, mediante contrafortes e semicúpulas que desviasen os pulos. Os tímpanos dos cincos arcos principais reflicten como se levou o corpo de San Marcos á basílica.

A planta é un rectángulo de 77 x 71 metros. A cúpula con forma de media laranxa, de 56,6 metros de altura e 31,87 de diámetro, apóiase sen tambor en catro cunchas e está reforzada por corenta nervios entre os que se practican outros tantos ocos de fiestra, dando a sensación segundo Procopio de estar «suspendida do ceo por unha cadea de ouro». Por fóra, a masa da grande igrexa elévase non sen certa harmonía, pero sen demasiada graza.[Cómpre referencia] A cúpula impoñía unha centralización bastante allea ás basílicas do pasado, pero grazas ás pendentes e a translación dos esforzos ás naves laterais, así como un refinado uso da luz, «non parece descansar en base sólida». O edificio atópase fronte á Mesquita Azul.

 
Vista interior da cúpula.

Cúpula

editar

A cúpula parece non descansar sobre ningún soporte sólido e flotar en ingravidez sobre a súa galería de arcadas ininterrompidas de 40 fiestras que contribúen amplamente a inundar de luz o interior policromado da basílica. As reparacións sucesivas no transcurso da historia fixeron perder á cúpula a súa base circular perfecta e hoxe aparece un pouco elíptica e irregular, dun diámetro que varía de 31,24 m a 30,86 m e alzado de 55,6 m.[27]

A cúpula aséntase sobre catro cunchas triangulares cóncavas, solución xa aplicada polos arquitectos romanos en construcións de amplitude menor, clásico nas construcións bizantinas e posteriores. No caso de Santa Sofía, as cunchas reparten a forza exercida pola cúpula en catro alicerces masivos preparados para os catro ángulos e apontoados por medias-cúpulas ao leste (ábsida) e ao oeste (entrada edificio).

Nártice e porta imperial

editar
 
Porta imperial.

Reservada ao emperador, a porta imperial era a porta principal de entrada da basílica, entre o nártice interior e o nártice exterior. A súa parte superior é adornada cun mosaico bizantino que representa a Cristo e o emperador León VI o Sabio.

Unha longa rampla, a partir da parte norte do nártice exterior, leva á galería superior, tradicionalmente reservada á emperatriz e a a súa corte, que presenta unha forma de ferradura que rodea a nave ata a ábsida . Os mosaicos mellor conservadas están situados na parte sur da galería.

O palco da emperatriz situábase no centro da galería superior. Dende alí, a emperatriz e as señoras da corte dominaban as cerimonias. Unha pedra verde marca a localización do trono da emperatriz. Unha porta de mármore situada no sur da galería superior era utilizada polos membros do sínodo.

Mosaicos

editar

No transcurso dos séculos, a igrexa foi decorada de ricos mosaicos, con figuras da Virxe María, Xesús, santos, emperadores e emperatrices, ou tamén de motivos xeométricos nun estilo puramente decorativo.

O 1204, no momento da Cuarta cruzada, os cruzados latinos foron saquear os obxectos de valor a todos os grandes edificios bizantinos da cidade, incluíndo o ouro dos mosaicos de Santa Sofía. Moitos destes obxectos foron enviados a Venecia polo dux Enrico Dandolo, que organizara a invasión e o saqueo de Constantinopla.

Como resultado da conversión do edificio en mesquita, en 1453, un bo número dos mosaicos foron recubertos de xeso, baseándose na prohibición do islam de representar escenas figurativas. Este proceso non foi cumprido dunha soa vez, xa que existen relatos do século XVII nos que os viaxeiros declaran ver imaxes cristiás na antiga basílica.

Entre os anos 1847 e 1849, o edificio foi restaurado por dous irmáns suízos, Gaspare e Giuseppe Fossati, que obtiveron do sultán Abdülmecit I o permiso de limpar todos os mosaicos que se ían descubrindo no transcurso dos traballos de restauración. Con todo, non se previu a súa restauración e, ata, os Fossati deberían enmascarar con pintura certas figuras que acababan de descubrir. Este é o caso das caras de dous mosaicos de serafíns descubertos no transcurso dos traballos sobre as cunchas, no centro do edificio. As outras dúas figuras de serafíns simétricos as cunchas non foron atopadas polos Fossati, que os recrearon completamente. Noutros casos, os Fossati reforzarón con pintura as partes de mosaicos danados, ata o punto de redebuxar os mesmos ás veces completamente.

O arquivo dos Fossati son ás veces as únicas fontes dos mosaicos hoxe desaparecidas, de xeito verosímil destruídas por un violento terremoto, en 1894. Entre estas figuraba un gran mosaico do Cristo Pantocrátor sobre a cúpula, un mosaico sobre a «porta dos Pobres» non identificada, unha grande imaxe dunha cruz incrustada de pedras preciosas e un gran número de imaxes de anxos, de santos, de patriarcas, e de pais da Igrexa. A maioría das imaxes que se perderon atopábanse sobre os dous tímpanos. Os Fossati engadiron un minbar, así como os catro grandes medallóns sobre os muros da nave, poñendolle os nomes de Mahoma e os primeiros califas do islam.

Mosaicos da porta imperial

editar
 
Mosaico da porta imperial.

Os mosaicos da porta imperial adornan o tímpano que se atopa na parte superior da porta reservada os emperadores. Segundo o seu estilo, pódense datar de finais do século IX ou comezos do X. O emperador esta representado cunha auréola e podería ser León VI o Sabio ou o seu fillo Constantino VII. Este inclínase ante o Cristo Pantocrátor, sentado sobre un trono incrustado de pedras preciosas e dando a súa bendición, coa man esquerda suxeita un libro aberto.[28] Pódese ler sobre o libro:EIPHNH YMIN. EΓΩ EIMI TO ΦΩC TOY KOCMOY. «A paz sexa convosco. Eu son a luz do mundo. "(Xoán 20:19; 20:26; 08:12). Nos dous medallóns, a cada lado dos ombreiros de Cristo, figuran á súa esquerda, o arcanxo Gabriel, fundador da igrexa, sostendo unha caxata, e a súa dereita, a súa nai, María. Este mosaico expresa o poder intemporal conferido por Cristo aos emperadores bizantinos.

Mosaicos da entrada suroeste

editar
 
A Virxe e o Neno, arrodeados de Xustiniano e Constantino.

Os mosaicos do tímpano da entrada suroeste datan de 944. Foron descubertos no momento das restauracións de Fossati, en 1849. A Virxe está sentada sobre un trono decorado con pedras preciosas. O Neno Xesús está sentado sobre os seus xeonllos, dando a súa beizón e mantendo un rolo na súa man esquerda. Na banda esquerda atópase o emperador Constantino, vestido de cerimonia, presentando a María un modelo de cidade. A inscrición no seu costado di: «KΩNCTANTINOC O EN AΓIOIC MEΓAC BACIΛEYC», en galego «Constantino, o gran basileu entre os santos». Na banda dereita áchase o emperador Xustiniano, ofrecendo un modelo de Santa SOfía, coa inscrición: «IOYCTINIANOC O AOIΔIMOC BACIΛEYC», en galego «Xustiniano, o basileu digno de ser cantado». Os medallóns, dos dous costados da cabeza da Virxe, levan o monogramas «MP» e «ΘY», abreviatura de «MHTHP ΘEOY», en galego «Nai de Deus».

Mosaicos da ábsida

editar
 
Mosaico da ábsida: a Theotokos (a Virxe e o neno Xesús).

O mosaico da Theotokos (a Virxe e o Neno) é o primeiro mosaico do período posticonoclasta. Foi inaugurado o 29 de marzo de 867 polo patriarca Focio e os emperadores Miguel III e Basilio o Macedonio. Este mosaico está situado moi alto, na media-cúpula da ábsida. María esta sentada sobre un trono, tendo o neno Xesús sobre os seus xeonllos. Os seus pés descansan sobre un pedestal. Tanto o zócolo como o trono son adornados con pedras preciosas. Estes mosaicos son considerados como unha reconstrución dos mosaicos do século VI que foron destruídos no transcurso do período iconoclasta. As figuras dos mosaicos están dispostas sobre un fondo de ouro orixinal do século VI. Os retratos dos arcanxos Gabriel e Miguel (en gran parte destruídos), sobre a doela do arco, datan igualmente do século IX.

Mosaico do emperador Alexandre

editar
 
Mosaico de Alexandre III

O mosaico do emperador Alexandre é bastante difícil de atopar, escondido nunha esquina moi escura do teito do segundo piso. Representa o emperador Alexandre III, co seu abrigo imperial, mantendo un rolo na súa man dereita e un globo imperial á esquerda. Un debuxo de Fossati ensina que o mosaico sobreviviu ata 1849, e pensábase que fora destruído no terremoto de 1894. En 1958 foi descuberto baixo unha sinxela capa de pintura.[29]

Mosaico da emperatriz Zoé

editar
 
Mosaico da emperatriz Zoé

Este mosaico da galería sur data do século XI. O Cristo pantocrátor, vestido de azul escuro (como é o uso na arte bizantina), esta sentado no medio, sobre fondo de ouro, dando a bendición coa man dereita e sostendo a Biblia coa esquerda. En cada lado da súa cara dispóñense os monogramas «IC» e «XC», é dicir, «IHCOYC XPICTOC» (Iesous Khristos). Esta flanqueado polo emperador Constantino IX e a súa esposa a emperatriz Zoe Porfiroxénita, ambos en traxes de cerimonia. O emperador presenta un moedeiro que recorda a doazón que fixo a igrexa, mentres que Zoé ten un libro, símbolo da súa propia doazón. A inscrición ao lado do emperador di: «KΩNCTANTINOC EN X(PICT)Ω TΩ Θ(Ε)Ω AYTOKPATΩP ΠICTOC BACIΛEYC PΩMAIΩN O MONOMAXOC», «Constantino, piadoso emperador en Cristo Deus, rei de romanos, Monomachos». A inscrición da emperatriz lese como segue: «ZΩH H EYCEBECTATH AYΓOYCTA», «Zoé, a moi piadosa Augusta». A cara e o nome do emperador non son os de orixe. É posible que o mosaico represente en principio o primeiro marido de Zoé, Romano III, ou o seu fillo adoptivo, Miguel IV, "o Paflagonio".

Mosaico dos Comneno

editar
 
Mosaico de Xoán II Comneno e a súa esposa, Irene

O mosaico dos Comneno esta sobre o muro oriental ao lado sur da galería. foi executado logo de 1122. A Virxe María esta de pé no medio, co traxe azul escuro habitual na arte bizantina. Ten sobre os xeonllos a Cristo neno, que dá a bendición coa man dereita mantendo un rolo na man esquerda. Sobre o seu lado dereito, o emperador Xoán II Comneno é representado cun vestido adornado con pedrerías. Ten na man un moedeiro, símbolo dunha doazón imperial a igrexa. A emperatriz Irene esta no lado esquerdo da Virxe, con roupa de cerimonia, que presenta un documento. O seu fillo máis vello Aleixo Comneno é representado sobre unha pilastra ao lado. Os seus trazos tristes son o reflexo da súa morte, o mesmo ano, de tuberculose. Pódese comparar este grupo co mosaico da emperatriz Zoé, que é dun século anterior, e ver a evolución: a expresión dos retratos atópase agora máis realista, noutras palabras, menos idealizada. A emperatriz ten cabelos louros trenzados, fazulas rosas e ollos grises, propios dos seus orixes húngaros. O emperador é representado na dignidade.

  1. 1,0 1,1 Hagia Sophia Location Arquivado 04 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. Magdalino, Paul, et. al. "Istanbul: Buildings, Hagia Sophia" in Grove Art Online. Oxford Art Online. http://www.oxfordartonline.com. Páxina visitada o 12 de decembro de 2015.
  3. Fazio, Michael; Moffett, Marian; Wodehouse, Lawrence (2009). McGraw-Hill Higher Education, ed. Buildings Across Time (3rd ed.). ISBN 978-0-07-305304-2. 
  4. Simons, Marlise (22 de agosto do 1993). "Center of Ottoman Power". The New York Times. Consultado o 4 de xuño de 2009. 
  5. Foni, Alessandro E.; Papagiannakis, George; Magnenat-Talmann, Nadia. "Virtual Hagia Sophia: Restitution, Visualization and Virtual Life Simulation" (PDF) (en inglés). Virtual World Heritage. Archived from the original on 25 de marzo de 2009. Consultado o 29 de xuño de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Janin (1953), p. 472.
  7. Janin 1953 páx. 41.
  8. 8,0 8,1 Müller-Wiener (1977), p. 86.
  9. Emporis (ed.). "Haghia Sophia" (en inglés). Consultado o 4/08/2014. 
  10. Maranci, Christina (setembro de 203). Society of Architectural Historians, ed. "The Architect Trdat: Building Practices and Cross-Cultural Exchange in Byzantium and Armenia". Journal of the Society of Architectural Historians (en inglés) 62 (3): 294–305. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  11. Ali, Daniel and Spencer, Robert. Inside Islam. West Chester: Ascension Press, 2003, pp. 108–110, 112–118.
  12. Runciman (1965), p. 145
  13. Nicol (1979), p. 88
  14. 14,0 14,1 Nicol (1979), p. 90
  15. 15,0 15,1 15,2 Runciman (1965), p. 147
  16. Runciman (1965), pp. 133–134
  17. Nicol, Donald M. The Last Centuries of Byzantium 1261–1453. Cambridge: Cambridge University Press, 1972, p. 389.
  18. Runciman (1965), p. 149
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 Müller-Wiener (1977), p. 91.
  20. Janin 1953 páx 475
  21. 21,0 21,1 Mamboury (1953), p. 288.
  22. Tafur, Pero (1926). G. Routledge, ed. Travels and Adventures, 1435–1439. Trans. M. Letts. Londres. pp. 138–148. 
  23. G. Gerola, “Le vedute di Costantinopoli di Cristoforo Buondemonti,” SBN 3 (1931): 247–79.
  24. Necipoĝlu (2005), pg. 13
  25. Mungan, I. (2004). Hagia Sophia and Mimar Sinan. Mungan & Wittek (eds); Taylor & Francis Group, Londres. pp. 383–384. ISBN 90 5809 642 4. 
  26. 26,0 26,1 Müller-Wiener (1977), p. 93.
  27. Emporis (ed.). "Haghia Sophia" (en inglés). Consultado o 8 de agosto do 2015. 
  28. The Hagia Sophia Church. "Imperial Door Mosaic" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 12 de decembro do 2015. 
  29. Lord Kinross, Hagia Sophia : A story of Constantinople, Newsweek, Nova York, 1972, p.132-133.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar