Xoán II Comneno, nado en Constantinopla o 13 de setembro de 1087 e finado en Cilicia o 8 de abril de 1143, foi un emperador bizantino.

Xoán II Comneno
Nacemento13 de setembro de 1087
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento8 de abril de 1143
Lugar de falecementoCilicia
Causahunting accident
SoterradoMesquita de Zeyrek
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpolítico
PaiAleixo I Comneno
NaiIrene Ducaina
CónxuxePiroska da Hungria
FillosIsaac Comneno, Aleixo Comneno, Andrónico Comneno, Manuel I Comneno, Maria Komnene, Anna Komnene, Theodora Komnene, Eudokia Komnene e unknown daughter Comnene
IrmánsIsaac Comneno, Ana Comnena, Teodora Comnena Angelina, Eudóxia Comneno, Andrônico Comneno e Maria Comnena (filha de Aleixo I)
Na rede
WikiTree: Komnenos-24
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo e sucesor de Aleixo I Comneno, interveu na Península Balcánica esmagando os restos dos pechenegos (1122), e interveu tamén en Hungría e Serbia. Menos éxito tivo na súa intervención nas loitas entre pisanos e xenoveses, sen lograr axuda de ningún para aliviar o dominio veneciano do comercio bizantino.

En Oriente logrou impoñer a súa autoridade sobre o principado de Antioquía, e sobre os estratéxicos condados de Edesa e Trípoli. Planeaba o avance cara a Palestina cando foi ferido mortalmente nun accidente de caza.

Foi considerado polos seus contemporáneos como o mellor emperador da dinastía Ducas-Comneno.

Imperio Bizantino

Segue a:
Aleixo I Comneno
Xoán II Comneno
Precede a:
Manuel I Comneno
Dinastía Ducas-Comneno