Antemio de Trales
Antemio de Trales (en latín Anthemius, en grego antigo Ἀνθέμιος), nado en Trales, Lidia, Imperio Romano de Oriente en 474 e finado en Constantinopla en 533, foi un notábel arquitecto, matemático e profesor.
Nome orixinal | (grc) Ἀνθέμιος ὁ Τραλλιανός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἀνθέμιος c. 474 Tralleis (Imperio Bizantino) |
Morte | c. 534 (59/60 anos) Constantinopla |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Grupo étnico | Gregos |
Actividade | |
Ocupación | matemático , enxeñeiro , arquitecto , físico , escultor |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Stephanus of Tralles (en) |
Irmáns | Alexandre de Trales (pt) , Olímpio de Trales (pt) , Metrodoro de Trales (pt) e Dióscoro de Trales (pt) |
Traxectoria
editarO seu pai chamábase Estevo e era médico. Un dos seus irmáns era o famoso médico Alexandre de Trales (Alexander Trallianus), e Agatías di que os outros tres irmáns, Dióscoro, Metrodoro e Olimpio, tamén eran eminencias nas súas profesións. Antemio pasou gran parte da súa vida profesional como profesor de matemáticas en Constantinopla.
Xunto con Isidoro de Mileto, foi un dos dous principais arquitectos encargados por Xustiniano I para construír a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla en 532, pero morreu pouco despois de comezar a obra. Consérvase un escrito chamado Περί παραδόξων μηχανημάτων (Sobre os paradoxos da mecánica) sobre espellos parabólicos e ustorios. Coñecía a pólvora e construíu unha máquina de vapor[1].
Notas
editar- ↑ Anthemius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 184