Teodosio II
Flavius Theodosius, coñecido como Teodosio II, nado o 10 de abril do 401 e finado o 28 de xullo de 450, foi o fillo máis vello de Eudoxia e de Arcadio, á idade de 7 anos converteuse en emperador romano de Oriente, gobernando desde o 408 ao 450. Primeiro o goberno estivo en mans de Antemio, prefecto pretorio de oriente, que xa gobernara durante o reinado de seu pai, pero a partir do 414 Teodosio viuse influenciado pola súa irmá máis vella, Pulqueria, que o levou a un cristianismo intransixente e á persecución de xudeus e pagáns.
Teodosio II | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Flavius Theodosius |
Nacemento | 10 de abril de 401 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 28 de xullo de 450 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Causa | caída de cabalo |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | político |
Pai | Arcadio |
Nai | Aélia Eudóxia |
Cónxuxe | Aélia Eudócia |
Fillos | Licínia Eudóxia |
Irmáns | Arcádia e Pulqueria |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Casou con Atenais no ano 421, filla dun sofista pagán, que tivo que bautizarse antes de casar co emperador. Cambiou o seu nome para Eudoxia Aelia. Con ela tivo unha filla, chamada Licinia Eudoxia, que casou con Valentiniano III, emperador Romano de Occidente.
Durante o reinado de Teodosio apareceu o nestorianismo e os primeiros problemas graves de relixión, que afectarían fortemente ao imperio no futuro próximo e a longo prazo. os seus exércitos rexeitaron invasións persas, pero foi derrotado por Atila o huno, a quen debeu tributar. Tamén creou a Universidade de Constantinopla.
Faleceu inesperadamente en 450, produto dun accidente ecuestre.
O Código de Teodosio Editar
En 429 Teodosio creou unha comisión para sintetizar e aclarar tódalas leis existentes desde o reinado de Constantino e crear un sistema legal completamente formalizado. Este plan quedou incompleto, pero unha segunda comisión, que recolleu toda a lexislación existente, si se completou e a súa colección publicouse como o Codex Theodosianus no 438.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Arcadio |
Teodosio II | Precede a: Marciano |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |