Pulqueria

Aelia Pulqueria (en latín: Aelia Pulcheria, en grego antigo: Πουλχερία), nada en Constantinopla o 19 de xaneiro de 399 e finada o 18 de febreiro de 453,[1] foi unha emperatriz bizantina, considerada santa tanto para a igrexa ortodoxa como para a católica.[2]

Pulqueria
Pulcheria (fresco).jpg
Nacemento19 de xaneiro de 399
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecementoxullo de 453
Lugar de falecementoConstantinopla
SoterradaIgreja dos Santos Apóstolos
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónraíña
PaiArcadio
NaiAélia Eudóxia
CónxuxeMarciano
FillosMárcia Eufémia
IrmánsArcádia e Teodosio II
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pulqueria naceu na dinastía teodosiana, que gobernaba Constantinopla. Os seus pais eran os emperador Arcadio e a emperatriz Aelia Eudoxia. A irmá máis vella de Pulqueria, Flaccilla, naceu en 397 mais probablemente morreu nova. Os seus irmáns máis novos foron Arcadia (nado en 400), o futuro emperador Teodosio II (nado en 401) e Marina (nada en 401).[3] Axiña se distinguiu pola súa piedade e a súa ortodoxia nunha época de frecuentes discusión teolóxicas que se convertían moitas veces en cuestións políticas.

Trala morte prematura dos seus pais, asumiu durante dous anos a rexencia en nome do seu irmán Teodosio.[4] Teodosio proclamou a Pulqueria, Augusta, o 4 de xullo de 414; era deo coronata e posuía basileia.[5] Nesta época fixo un voto de virxindade. Retirouse a un palacio nas proximidades de Constantinopla, onde viviu unha vida de piedade e devoción xunto a un grupo de seguidoras, aínda que sen apartarse da actualidade política do imperio.

 
Moeda de Aelia Pulqueria

Mentres cazaba a cabalo en 450, Teodosio caeu e feriu a columna; faleceu dous días despois por mor da lesión.[3] O que ocorreu exactamente no goberno durante o interregnum non está claro. Especúlase que reinou soa sobre o imperio arredor dun mes trala morte de Teodosio, o que principalmente implicou organizar o funeral público de Teodosio.[6] Como o emperador falecido non tiña fillos varóns sobreviventes, Pulqueria puido dar lexitimidade dinástica a alguén de fóra casando con el. Ela quería manter o seu voto de virxindade a pesar de aceptar un matrimonio lexítimo.[7] Casou con Marciano, un tribuno achegado ao xeneral Aspar, probablemente pola suxestión do xeneral.[8] As orixes de Marciano eran baixas en comparación dos emperadores previos.[6] Unha condición para o matrimonio era que Marciano respectase o voto de virxindade de Pulqueria, o que el aceptou.[2]

Non se coñece en que día de 453 faleceu Pulqueria.[3] Probablemente faleceu en Constantinopla. A súa morte conmocionou o pobo, xa que formara un vínculo cos habitantes da cidade.[9]

No político, a súa grande obra foi asegurar a continuidade do Imperio Bizantino nunha época de enormes convulsións. Co seu matrimonio, quedou garantida a sucesión pacífica da coroa imperial.

No relixioso, destacou a súa loita contra o monofisismo. Tivo un importante papel no concilio de Calcedonia (451). Nel participou co seu marido Marciano e foi aclamada como a nova Santa Helena, defensora da ortodoxia católica. A ela débese tamén a edificación de varias igrexas en Constantinopla, algunhas delas de gran veneración para o pobo. Pola súa piedade, Pulqueria gozou de gran popularidade.

A súa festa celébrase o 10 de setembro.

NotasEditar

  1. "Saint Pulcheria". 28 de xuño de 2009. 
  2. 2,0 2,1 Women in World History: A biographical encyclopedia. Edited by Anne Commire and Deborah Klezmer. Waterford, Connecticut: Yorkin Publications. 1999-2002.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jones, A.H.M, J.R. Martindale, and J. Morris. The Prosopography of the Later Roman Empire. Cambridge: Cambridge University Press, 1971.
  4. Holum, Kenneth G. Theodosian Empresses: Women and Imperial Dominion in Late Antiquity. Berkeley e Os Ánxeles, California: University of California Press, 1982. p. 97
  5. Holum, Kenneth G. (1989). Theodosian Empresses: Women and Imperial Dominion in Late Antiquity. University of California Press. p. 97. ISBN 978-0-520-90970-0. 
  6. 6,0 6,1 Holum, Kenneth G. Theodosian Empresses: Women and Imperial Dominion in Late Antiquity. Berkeley and Los Angeles: University of California Press, 1982. p. 208
  7. Garland (1999). Byzantine empresses: women and power in Byzantium, AD 527–1204. Londres: Routledge, 1999. p. 3. 
  8. R.W. Burgess, 'The Accession of Marcian in the Light of Chalcedonian Apologetic and Monophysite Polemic', Byzantinische Zeitschrift 86/87 (1993/1994), 47–68.
  9. "Mention of her death in the chronicles confirms that her passing, like that of Flacilla [her grandmother], struck like an earthquake in the dynastic city. Unlike Eudocia [wife of the late Theodosius], she lived out her life in Constantinople and its suburbs, forming a bond with its people which even death could not sever." Holum, Kenneth G. Theodosian Empresses: Women and Imperial Dominion in Late Antiquity. Berkeley and Los Angeles: University of California Press, 1982. p. 226.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cameron, Averil. The Mediterranean World In Late Antiquity AD 395–600 Londres: Routledge.
  • Chestnut, Glenn F. The First Christian Histories: Eusibius, Socrates, Sozomen, Theodoret and Evagrius. Macon, GA: Mercer University Press. 1986 2nd Ed.
  • Duckett, Eleanor. Medieval Portraits from East and West. Ann Arbor: The University of Michigan Press. 1972.
  • Garland, Lynda. Byzantine empresses: women and power in Byzantium, AD 527–1204. Londres: Routledge. 1999.
  • Holum, Kenneth G. Theodosian Empresses: Women and Imperial Dominion in Late Antiquity. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press. 1982.
  • Jones, A.H.M; J.R. Martindale; e J. Morris. The Prosopography of the Later Roman Empire. Cambridge: Cambridge University Press. 1971.
  • Pope St. Leo the Great. St. Leo the Great: Letters. Translated by Brother Edmund Hunt, C.S.C. Nova York: Fathers of the Church, Inc. 1957.
  • Sozomen. The Ecclesiastical History of Sozomen: Comprising a History of the Church from A.D. 324 to A.D. 440. Traducido por Edward Walford. Londres: Henry G. Bohn. 1855.
  • Teetgen, Ada B. The Life and Times of Empress Pulcheria: A.D. 399–A.D. 452. Londres: Swan Sonnenshein & Co., Lim. 1907.
  • Turpin, Joanne. Women in Church History: 20 Stories for 20 Centuries. Cincinnati, OH: St. Anthony Messenger Press. 1986.
  • Limberis, Vasiliki. Divine Heiress: The Virgin Mary and the Creation of Christian Constantinople. Londres e Nova York: Routledge. 1994.
  • Women in World History: a Biographical Encyclopedia. Editado por Anne Commire e Deborah Klezmer. Waterford, CN: Yorkin Publications. 1999–2002.

Ligazóns externasEditar