Xavier Rodríguez Baixeras

poeta, ensaista e tradutor galego
(Redirección desde «Xavier R. Baixeras»)

Francisco Xavier Rodríguez Baixeras, nado en Tarragona en 1945, é un poeta, ensaísta e tradutor galego. É irmán do pintor Rafael Baixeras.

Infotaula de personaXavier Rodríguez Baixeras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSpanish poetry (en) Traducir e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , tradutor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua galega, lingua portuguesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 111 AELG: 242

Traxectoria editar

Naceu en Tarragona, onde estaba destinado como militar o seu avó paterno, orixinario de Nois (Foz). O seu pai, galego, era secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalá. Por tanto medra políglota en tres idiomas: catalán, castelán e galego[1]. A familia marcha despois a Ribadeo. Alí fai os estudos primarios. En 1957 trasladáronse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. En Segovia estuda o bacharelato. Pasa pola Universidade de Valladolid, e despois pola de Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.

En Madrid retomou o contacto con Galicia a través das clases que na delegación da UNESCO dirixía Ben-Cho-Shey. Tamén coñeceu a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasladouse novamente coa familia á Coruña, onde comezou a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtivo praza en Palma, onde viviu tres anos. En 1977 trasladouse a Vigo onde entrou en contacto con escritores e xente da cultura, e comezou a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor[2][3]. Amigo persoal de poetas e artístas da Movida viguesa dos 80, como Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello ou Ramiro Fonte. Desde 2006, unha vez xubilado como profesor de lingua e literatura do instituto Castelao do Calvario de Vigo, pasou a residir en Salvador de Baía (Brasil) durante catro anos. Reside en Vigo alternando estadías en Nois (Foz) onde cultiva a poesía, ensaio e a tradución. Como tradutor traduciu ao galego a autores italianos, cataláns e de lingua portuguesa ao galego; tamén a autores galegos ao castelán e ao catalán[1][4]. Participa activamente en recitais poéticos[5], presentacións, colaboracións literarias e congresos[6].

Premios editar

Obra en galego editar

Poesía editar

Ensaio editar

  • Trece poetas cataláns (1996, Espiral Maior).
  • Diario de comidas (2004, Galaxia).
  • Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980 (2009, Espiral Maior).
  • Brasil no centro (2011, Galaxia).

Dicionarios editar

  • Dicionario da Comida Galega (2018, Aira/Engaiolarte)[14].   
  • O Dicionário Electrónico e-Estraviz, de Estraviz e Xavier Baixeras (colaborador).

Traducións ao galego editar

Edicións críticas editar

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Poesía editar

  • La ciudad sumergida (1971, Salamanca). Premio de Poesía El Álamo 1971.

Traducións ao castelán editar

  • Debacle, de Camilo Gonsar (2003, Trea, Xixón).
  • En el país de las lágrimas, J. Viale Moutinho. Ed. Xerais.
  • Bretaña Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Xerais.
  • Arnoia, Arnoia, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Anaya.
  • Amor de Artur, X. L. Méndez Ferrín (en col.) Ed. Debate.
  • Danina y Lalila, J. Cardoso Pires, Alianza ed.
  • Lisboa. Diario de abordo, J. Cardoso Pires, Alianza ed.
  • Un juego de apócrifos, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe.
  • La rosa de Borges, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe.
  • Una abeja en la lluvia, Carlos de Oliveira. Ed. KRK.
  •  Finisterra, Carlos de Oliveira. Ed. KRK.
  • Diario de una expedición, Euclides da Cunha, Ed. KRK.
  •  Adiós norte, Ramiro Fonte, Ed. Renacimiento.
  • Capitán invierno, Ramiro Fonte, Ed. Pre-textos.
  • La gándara de la noche, Xavier Rodríguez Baixeras, Ed Libertarias.
  • Mar al norte, Álvaro Cunqueiro, Ed. Alento.

Obra en catalán editar

Traducións ao catalán editar

  • Bretanya Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Laia.
  • La llum dels esgarriats, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Abella.
  • Sis poetes gallecs, colaboración con Àlex Susanna. Ed. Columna, Barcelona 1990[16].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Xavier Rodríguez Baixeras". Aira Editorial. 2019-06-12. Consultado o 2019-07-24. 
  2. "Páxina de error". bvg.udc.es. Consultado o 2019-07-24. 
  3. "Rodríguez Baixeras, Xavier (1945-VVVV). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com. Consultado o 2019-07-24. 
  4. "Rodríguez i Baixeras, Xavier". www.visat.cat (en catalán). Consultado o 2019-07-24. 
  5. "Evento: Recital poético de lecturas rosalianas | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2019-07-24. 
  6. "Rodríguez Baixeras, Xavier (1945-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-24. 
  7. "Premio de la Crítica (gallego):". epdlp.com. Consultado o 2019-07-29. 
  8. "gandores_premio_poesía" (PDF). afundacion.org. Consultado o 24/04/2020. 
  9. Comesaña, Sara. "Xavier Rodríguez Baixeras: "Hay que dejar de lado la sociedad y escucharse a uno mismo"". La Opinión Coruña (en castelán). Consultado o 2019-07-24. 
  10. "Xavier Rodríguez Baixeras: “O bonito da homenaxe que me vai render a AELG é que os compañeiros estarán comigo” | Axenda cultural AELG". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Consultado o 2019-07-24. 
  11. "Rodríguez Baixeras gana este año el premio Álvaro Cunqueiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-28. Consultado o 2020-01-28. 
  12. "La gándara de la noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  13. "El pan de la tarde= O pan da tarde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  14. "Xavier Rodríguez Baixeras: «A nosa cociña é sinónimo de cultura»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-05. Consultado o 2019-07-24. 
  15. A memoria da árbore, Lecturafilia.com, 23 de abril de 2019.
  16. "Rodríguez i Baixeras, Xavier". www.visat.cat (en catalán). Consultado o 2019-07-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar