Brasil no centro

obra literaria de Xavier Rodríguez Baixeras

Brasil no centro é un libro de Xavier Rodríguez Baixeras publicado no ano 2011. A xeito de diario, e tamén con contos breves, fala sobre a súa experiencia vital sobre todo no Brasil, concretamente en Salvador da Baía, que visitou por primeira vez no 2006, e onde residiu nas primaveras e veráns do hemisferio sur durante varios anos.

Brasil no centro
Título orixinalBrasil no centro
Autor/aXavier Rodríguez Baixeras
OrixeGalicia
Lingualingua galega
ColecciónLiteraria
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2011
Páxinas328 páx.
ISBNISBN 978-84-9865-368-7
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O libro comeza cos seus pensamentos do 5 de maio de 2007, en Compostela, cando a Asociación de Escritores lle outorgou un premio de poesía por O pan da tarde. Logo, no medio e groso do libro, reprodúcense unha serie de relatos que o autor dá en chamar estampas, con impresións, costumes, vivencias e reflexións que se fixo e viu nas súas etapas no Brasil, entre 2006-2007 e 2007-2008. Na última parte do libre volve á forma de dietario, comezando en abril de 2008 e remata o 3 de febreiro de 2009 novamente en Salvador. Nas derradeiras páxina do libro móstrase un glosario con verbas propias do portugués brasileiro.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar