Jerry Hoyt
Gerald F. Hoyt (29 de xaneiro de 1929 - 11 de xullo de 1955) foi un piloto estadounidense de Chicago, competiu principalmente no Campionato Nacional. Morreu en 1955 despois de estrelarse nunha carreira de automóbiles Sprint en Oklahoma City.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1929 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de xullo de 1955 (26 anos) Oklahoma City, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Crown Hill Cemetery (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Indy 500
editarNas 500 Millas de Indianápolis de 1955 Hoyt sorprendeu a moitos, incluído a si mesmo, ao acadar a pole (primeira posición inicial) nas cualificacións. A súa velocidade media de 225´38 quilómetros por hora foi nese momento a segunda máis rápida na pista.[1] Non obstante, unha fuga de combustible obrigouo a retirarse da carreira despois de 40 voltas. Como as 500 formaba parte do Campionato Mundial da FIA daquela, Hoyt acreditado como o pole sitter máis novo da historia da Fórmula 1 ata ese momento. Nas súas catro carreiras no circuíto, nunca completaría máis de 130 voltas na carreira de 200 voltas.
Morte
editarEn xullo de 1955, dous meses despois de lograr a pole en Indianápolis, Hoyt participou nunha carreira de sprint car en Oklahoma City. Na primeira volta, o seu coche entrou en contacto cun valado, provocando o seu envorco. Os coches da época proporcionaban pouca proteción á cabeza do piloto e Hoyt morreu á mañá seguinte por lesións cerebrais. Casáraase só dúas semanas antes.[2]
Está enterrado no Cemiterio de Crown Hill en Indianápolis.[3]
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
editar
|
|
- Aínda que Hoyt comezou a carreira de 1955 desde a pole position, a súa velocidade de clasificación foi a décima por detrás do clasificado máis rápido Jack McGrath. Este é o rango de velocidade máis baixo dun pole siters na era moderna de Indianápolis.
Resultados completos na Fórmula 1
editar(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Ludson Morris | Kurtis Kraft | Offenhauser L4 | GBR | MON | 500 21 |
SUI | BEL | FRA | ITA | NC | 0 | ||
1951 | Pat Clancy | Ewing | Offenhauser L4 | SUI | 500 NSC |
BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP | NC | 0 | |
1953 | John Zink | Kurtis Kraft | Offenhauser L4 | ARX | 500 23* |
NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 |
1954 | Hoosier Racing | Kurtis Kraft | Offenhauser L4 | ARX | 500 8 † |
BEL | FRA | GBR | ALE | NC | 0 | |||
1955 | Jim Robbins | Stevens | Offenhauser L4 | ARX | MON | 500 31 |
BEL | NED | GBR | ITA | NC | 0 |
- * Indica unidade compartida con Andy Linden e Chuck Stevenson
- † Indica unidade compartida con Paul Russo
Resumo da súa carreira no Campionato Mundial de F1
editarAs 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial da FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Jerry Hoyt participou en 4 carreiras do Campionato do Mundo, comezando na pole unha vez pero sen puntuar no Campionato do Mundo.
Notas
editar- Referencias
- ↑ Speedway Gamble: Hoyt risked wind, won pole position[Ligazón morta] United Press, 25 de maio de 1955. Retrieved 11 de maio de 2014.
- ↑ Jerry Hoyt dies after crash in Oklahoma City Associated Press, 11 de xullo de 1955. Retrieved May 11, 2014.
- ↑ "Indianapolis Auto greats" (PDF). Celebrating Automotive Heritage at Crown Hill Cemetery (Crown Hill Cemetery). 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2012. Consultado o 2012-09-10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerry Hoyt |
Ligazóns externas
editar- Jerry Hoyt en Find a Grave (en inglés)