Anxo (nome)
Anxo[1][2] é un nome propio masculino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xelo e Anxelo, e os hipocorísticos Xele, Xeliño, Xelucho, Lucho e Xeluco.[2]
En xaneiro de 2023 existían 3.352 varóns en Galicia co nome Anxo, cunha media de idade de 16,6 anos,[3] e 6 co nome Anxelo, cunha media de idade de 17,7 anos.[4] Non hai persoas rexistradas coa variante Xelo.
Historia
editarÉ un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico.
Santoral
editarAnxo
editar2 de outubro: Santos Anxos Custodios.
Variantes noutras linguas
editarVariantes noutras linguas | |
---|---|
Lingua albanesa | Engjëlli |
Lingua alemá | Engel |
Lingua aragonesa | Anchel |
Lingua asturiana | Ánxelu |
Lingua búlgara | Ангел (Angel) |
Lingua catalá | Àngel |
Lingua checa | Anděl |
Lingua corsa | Anghjulu |
Lingua dinamarquesa | Angelus |
Lingua escocesa | Aingeal |
Lingua española | Ángel (fem. Ángela, Ángeles, Angelina e Angélica). |
Esperanto | Anĝelo |
Éuscaro | Aingeru, Gotzon |
Lingua finesa | Angelus |
Lingua francesa | Ange |
Lingua galega | Anxo |
Lingua grega | Άγγελος (Aggelos) |
Lingua neerlandesa | Angelus |
Lingua húngara | Angelusz |
Lingua hawaiana | Anhel |
Lingua inglesa | Angel |
Lingua italiana | Angelo[5] |
Lingua xaponesa | 天使 (tenshi) |
Lingua latina | Angelus |
Lingua lituana | Angelas |
Lingua maltesa | Anġlu |
Lingua norueguesa | Angelus |
Lingua polonesa | Anioł |
Lingua portuguesa | Anjo, Ângelo |
Lingua romanesa | Anghel |
Lingua rusa | Ангел (Angel) |
Lingua sarda | Angelu |
Lingua siciliana | Àncilu |
Lingua sueca | Angelus |
Personaxes celebres
editarAntigüidade
editar- Anxo de Sicilia (Santo Anxo de Sicilia), Sicilia, 1225, presbítero e mártir siciliano.
- Ángela de la Cruz (Santa Ánxela da Cruz), Sevilla, 1846, relixiosa católica andaluza.
- Ánxela de Foligno (Santa Angela da Foligno), Foligno, 1248, terciaria franciscana, mística e escritora medieval italiana.
- Ánxela Merici (Santa Ánxela de Merici), Desenzano del Garda (Brescia), 1474, foi unha relixiosa italiana.
- Miguel Anxo, coñecido coma Michelangelo, Caprese Michelangelo, 1564, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta italiano.
- Dinastía Anxo, dinastía que gobernou Constantinopla e o Imperio bizantino de 1185 a 1204.
- Aleixo III Anxo, 1153, foi un emperador bizantino.
- Aleixo IV Anxo, 1182, foi un emperador bizantino.
- Isaac II Anxo, 1155, foi un emperador bizantino.
Outras personalidades
editarGalegos
editar- Anxo Lorenzo, Moaña, 1974, gaiteiro galego.
- Anxo Quintana, Allariz, 1959, político galego (Bloque Nacionalista Galego, BNG)
- Anxo Quintela, Vigo, 1960, escritor e xornalista galego.
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias, O Pereiro de Aguiar, 1920, foi un bispo galego.
- Miguel Anxo Fernán-Vello, Cospeito, 1958, escritor e editor galego.
- Miguel-Anxo Murado, Lugo, 1965, escritor, xornalista e guionista galego.
- Miguel Anxo Fernández Fernández, O Carballiño, 1955, escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
- Anxo Angueira, Dodro, 1961, filólogo, escritor e estudoso da literatura galega.
- Anxo Tarrío, Santiago de Compostela, 1945, catedrático galego de filoloxía galega e portuguesa.
- Ángel Castro Argiz (Anxo Castro Argiz), Láncara, 1875, emigrante galego, pai dos dirixentes Fidel e Raúl Castro.
- Anxo Guerreiro, Xermade, 1945, foi un político e xornalista galego.
- Xosé Anxo Laxe, Outeiro de Rei, 1954, político galego.
- Anxo Rei Ballesteros, Boqueixón, 1952, foi un escritor galego.
- Ángel Villanueva Cendón (Manuel Anxo Villanueva Cendón), Ourense, 1935, avogado, empresario e político galego do PPdeG.
- Luis Ángel Lago Lage (Luis Anxo Lago Laxe), Rábade, 1957, político galego do PSdeG.
- Miguel Anxo Sande Corral, Arteixo, 1961, escritor e xornalista galego.
- Anxo Pintos, Vigo, 1968, músico e compositor galego.
- Miguel Anxo Fernández Lores, Vilalonga, 1954, é un médico e político galego.
- Anxo Carbajal, Ourense, 1965, actor galego.
- Miguel Anxo González Suárez, Ourense, 1947, foi un futbolista galego.
- Anxo López Sueiro, A Capela, político coruñés da Capela.
- Anxo Gómez Sánchez, filólogo galego.
- Anxo Lorenzo Suárez, Vigo, 1964, sociolingüista e político galego.
- Miguel Anxo Mato Fondo, Ponteceso, 1953, escritor e crítico literario galego.
- Anxo Romero Loxo, Rianxo, 1905, foi un músico e compositor galego.
- Miguel Anxo Seixas Seoane, Arzúa, 1960, historiador galego.
- Manuel Anxo Taboada Rodríguez, 1955, político galego Do PSdeG. P
- Manuel Anxo Fernández Baz, Ribeira, 1975, político e ensaísta galego.
- Manuel Anxo Laxe Freire, Castro de Rei, 1944, foi un escritor e tradutor galego.
- Anxo Casalderrey, Ribadavia, 1965, adestrador de fútbol galego.
- Anxo Fariña, Vigo, 1977, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
- Miguel Anxo Mouriño, Cambados, 1943, é un escritor galego.
- Anxo González Guerra, Cartelos, Carballedo, 1955, profesor galego.
- Anxo Lugilde, Lugo, 1970, xornalista galego.
Mulleres
editar- Anxos Sumai, Catoira, 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.
- Ánxela Bugallo, A Coruña, 1963, é unha política galega vencellada ao BNG.
- Ánxela Gracián, Castroverde, 1968, escritora galega.
- Ánxela Loureiro, Ferrol, 1956, escritora de literatura infantil e xuvenil galega.
- Anxos Romeo, A Estrada, 1965, escritora, poeta e pintora galega.
- María dos Anxos González Refoxo, Padrón, filóloga galega.
Outras nacionalidades
editar- Ángel Acebes, político español.
- Ángel Alonso, escritor español.
- Angelo Badalamenti, músico e compositor estadounidense.
- Àngel Colom, político catalán.
- Ange-Jacques Gabriel, arquitecto francés.
- Àngel Guimerà, escritor, poetae dramaturgo catalán.
- Ángel Herrera Oria, xornalista sacerdote español.
- Angelo Mai, relixioso e filólogo italiano.
- Ángel Nieto, piloto de motociclismo español.
- Ange-Félix Patassé, expresidente da República Centroafricana.
- Angelo Poliziano, humanista e poeta italiano.
- Ángel de Saavedra, escritor, dramaturgo, poeta, pintor e político español.
- Angelus Silesius, poeta relixioso xermano-polonés.
- Angelo Sodano, relixioso italiano.
- Ángel Suquía, crego español, cardeal e arcebispo de Madrid.
- Ángel Valiente, poeta decimista cubano recoñecido.
- Ángel Parra, cantautor chileno.
- Miguel Ángel Revilla, Polaciones, 1943, é un economista e político rexionalista cántabro.
- Miguel Ángel Silvestre, Castelló de la Plana, 1982, actor español.
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Anxo na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Anxelo na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ (it) Segundo unha estimación do ano 2000 era o noveno nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nombres masculinos en Italia en el siglo XX
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.
- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.