Manuel Anxo Laxe Freire
escritor español
Manuel Anxo Laxe Freire, nado en Duarría, Castro de Rei o 12 de decembro de 1944 e finado en 2006[1], foi un escritor e tradutor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1944 Castro de Rei, España |
Morte | 2006 (61/62 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarCriado no seo dunha longa familia troncal chairega, cursou a carreira de Maxisterio en Lugo. Aos 21 anos aprobou as oposicións de Maxisterio, exercendo como profesor en distintas aldeas de Galicia. Posteriormente licenciouse en Filoloxía Románica e Filoloxía Inglesa. Desde 1971 foi profesor de inglés nun centro de ensino secundario da Coruña.
Obra
editarNarrativa
editar- Loita e morte, 1986, Xerais (novela).
- Semente de onte, 1994, Vía Láctea (novela).
- Xogos serodios, 2003, Edicións Lea (novela).
Traducións
editar- Billy Budd, de Herman Melville, 1985, Colección Xabarín, Xerais.
- Outra volta á torniqueta, de Henry James, 1989, Edicións do Cumio.
- Retrato do artista como cadelo (The Portrait of the Artist as a Young Dog), de Dylan Thomas, 1992, Xerais.
Notas
editar- ↑ Ficha de Manuel Anxo Laxe Freire en galegos.info Consultado o 3 de setembro de 2010