Ánxela Loureiro
Ánxela Loureiro Fernández, nada en Ferrol en 1956, é unha mestra e escritora galega de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos.[1][2]
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, escritora |
Xénero artístico | Teatro, Novela, Poesía, Guión cinematográfico |
Familia | |
Cónxuxe | Guillermo Llorca |
Traxectoria
editarIníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada Ollo! Hai lurpios na horta que acadou en 1978 o 1º Premio de Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán[2][3] e que se representou por toda Galicia en 1980. Aínda que continuou escribindo obras teatrais, en ocasións grazas ás axudas para a creación da Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.
A súa poesía adoita relacionarse coa música, como demostran os premios no concurso Cantareliña (San Sadurniño) e tamén diferentes colaboracións en publicacións e discos.[4]
En 1996, publicou o seu primeiro libro de narrativa, Viaxe de ida e volta. Seguíronlle Laia a nena da illa, Camiño perigoso e Ota quere voar galardoado cos premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento.[4] No ano 2018 publicou Choiva de ras.
Tamén se volcou no mundo do cine como guionista de proxectos infantís: Pica-pica circus, longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; E por que II, curtametraxes de animación sobre exercicio físico e alimentación saudable; e Bruxarías (2015) para a produtora Continental Producciones. Esta última foi candidata á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.[5][6]
A súa afección pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como “Ledicia” do que é a súa fundadora.[7] Formou parte do grupo folk Saraibas actuando en numerosos escenarios de Galicia e Europa e gravando varios discos incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e realizando arranxos musicais.[8][9][10]
A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado como Canción para o ano onde convida a que se utilice a música popular nas aulas. No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación dos xogos tradicionais musicais e defende a súa incorporación nas aulas como elementos de socialización.
En toda a súa obra amosa un especial interese por resaltar os valores da solidariedade, amizade, igualdade e liberdade. A súa linguaxe, sempre, é coeducativa.
En marzo de 2019 presentou o seu libro Voces da memoria con ollos de muller, para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no período 1970-1977 en Ferrol e a súa achega para conquistar as liberdades democráticas.[11]
A elas, ás que estando presentes son ignoradas,
ás que sendo solidarias non levan premios,
ás que protagonizando non aparecen nos créditos,
ás que arriscando a súa vida non son heroínas.
A elas, ás que escribiron unha páxina da nosa historia en Ferrol.
Ás mulleres do 72.
Á miña nai e á miña irmá por ser parte deste relato.Dedicatoria de Ánxela Loureiro Fernández en Voces da memoria con ollos de muller [12]
Obra
editarRevistas
editar- Entrevista con Emilio Calatayud. Unha oportunidade para a convivencia, na Revista IDEA nº 13.
- Entrevista con Cristina Almeida. A importancia de educar en igualdade, na Revista IDEA nº14
- Entrevista con Nélida Zaitegi. A voz do diálogo, na Revista IDEA nº 15.
Libros
editarTeatro infantil
editar- Ollo! Hai lurpios na horta. 1978.
Novelas infantís e xuvenís
editar- Viaxe de ida e volta. Edicións Xerais,1996.
- Laia, a nena da illa. Edicións Xerais. 1998 (Finalista do Premio Merlín)
- Camiño perigoso. Edicións Xerais, 2002 (Finalista do Premio Merlín)
- Ota quere voar. Edicións Xerais, 2003 (Premio Lecturas Galix 2005 e Premio Literario Frei Martín Sarmiento 2005)
- Choiva de ras. Edicións Xerais, 2018.
Libros didácticos
editar- Cancións para o ano. Edicións Xerais. 1995. (Textos, partituras e actividades didácticas dirixidas ao profesorado)
- José Fontenla Leal un dinamizador do galeguismo. Edición do Concello de Ferrol (Unidade didáctica)
Libros de texto
editar- Coautora do libro de texto globalizado Nobelos de papel de Edicións Xerais.
- Colaboradora dos libros Música 3 , Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M.
Libros compartidos
editar- A fábrica de soños no libro colectivo E dixo o corvo, Edicións Xunta de Galicia.
- Andrea Chapapote no libro colectivo Contos de circo, cronopios e avións. Edicións Xunta de Galicia 2005
Outros libros
editar- Voces da memoria con ollos de muller. Concello de Ferrol, 2019
Cancións
editar- A buxaina brincadeira, Ris pun chis e Quen son? nos cadernos de Cantareliña II, III e VII respectivamente.
- A caracola, Pasan coches polas rúas, A castaña, Sol do outono, Os meus ollos, Estrela na noite, Nace unha planta, Noite de San Xoan, Facendo o disfrace, Despertar no galiñeiro, Arco da Vella, Son ecoloxista, O maio letras das cancións recollidas no libro As nosas cancións I e II de Edicións Música para todos.
Discos
editar- Camiño Longo. Grupo folk Saraibas. (Voz, percusión e arranxos).
- Cancións para o ano. Grupo folk Saraibas. (Coordinación, voz, percusión e arranxos).
- Canción Poesía no disco colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. (Voz)
- Música 3, Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M. (Coordinación, arranxos musicais, voz e percusión)
Notas
editar- ↑ "BIOGRAFÍA - Encontros con...ÁNXELA LOUREIRO". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ 2,0 2,1 "Ánxela Loureiro Fernández". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Ateneo Ferrolán". ateneo-ferrolan.blogspot.com. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ 4,0 4,1 "Presentación da publicaciónde "Folla de Lata". Empuje.net (en castelán). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ Merchán, Juana (2017-06-01). "Premios Platino 2017: Lista de nominados". Cinemanía (en castelán). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Brujerías (2015)" (en castelán). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Grupo Ledicia (Grupo musical)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "La Voz entregará mañana el compacto de Saraibas titulado «Cancións»". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Especial Saraibas". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2016. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Anxela". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2015. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Ánxela Loureiro: "Na ditadura eu fun detida tres veces e agredida polos Guerrilleiros Cristo Rey"". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ Voces da memoria con ollos de muller (páxina 7). Concello de Ferrol. 2019
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista Arquivado 02 de xullo de 2018 en Wayback Machine. en Sermos Galiza
- Cantareliña. RIS PUM CHIS
- Trailer Meigallos