Miguel Sande
Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Pastoriza, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta, xornalista, escritor |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarXornalista de profesión, foi delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro.
O seu primeiro libro publicado é Á alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. En 1998, publicou a segunda obra de teatro, Ninguén chorou por nós, premiado co Rafael Dieste, foi estreado en setembro de 1999 no Teatro Colón de Vigo nunha adaptación libre da compañía Teatro Bruto. No 2000 publicou 39 veces chao, un monólogo a través dun teléfono móbil.[2]
Como poeta publicou o libro A palabra soterrada, escrito no deserto do Sáhara, entre Tunisia e Alxeria.
Obra en galego
editarPoesía
editar- Palabras para despois da tose (1985). Sada: Ediciós do Castro.
- Como a nudez escura da auga (1986). Sada: Ediciós do Castro.
- A traxectoria caótica do péndulo (1990). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-7154-741-5.
- A palabra soterrada (1994). Culleredo: Espiral Maior. 48 páxs. ISBN 9788488137333.
- Hoxe, que vén o vento do sur (2006). Culleredo: Espiral Maior. 93 páxs. ISBN 9788496475243.[3]
- Os filósofos xa non brindan con cicuta (2019). Arte de Trobar, Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, Obra Social ABANCA. 96 páxs. ISBN 978-84-09-15172-1.
- Los filósofos ya no brindan con cicuta (2019). Anaquel de Poesía. 135 páxs. ISBN 978-84-122808-9-0.
- Brinde e desespero (2023). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-263-6. ePub: ISBN 978-84-1110-274-2
Narrativa
editar- Se algún día esta muller morta (2006). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-8288-970-2.[4]
- A vida fóra (2011). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-370-0.[5]
- A candidata (2016). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN : 978-84-9865-736-4.[6]
- O negociador (2022). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788411101110. As negociacións do secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español narradas a través dun testemuño excepcional.[7]
Teatro
editar- Á alba pide conmigo vivir (1986). Xunta de Galicia. 64 páxs. ISBN 978-84-228-0300-3.[8]
- Ninguén chorou por nós (1999). Deputación da Coruña.
- 39 veces chao (2002). Deputación da Coruña. 87 páxs.
- Ninguén chorou por nós nadie lloró por nosotros / 39 veces chao (2022). A. Directores de Escena T. 136 páxs. ISBN 978-84-17189-40-2.[9]
- Elas, que din (2005). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 92 páxs. ISBN 9788493412616.
Ensaio
editar- Cuba, doce e soturna (1994). Santiago: Laiovento. 105 páxs. ISBN 978-84-87847-43-9.
Obras colectivas
editar- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
- Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
Obra en castelán
editarPoesía
editar- Poemas (1981). A Coruña: La Voz de Galicia.
Premios
editar- Finalista do Premio Nacional de teatro Calderón de la Barca en 1985, por Á alba pide comigo vivir.
- Premio de teatro Rafael Dieste en 1998, por Ninguén chorou por nós.
- Finalista do premio de teatro Rafael Dieste en 2001, por 39 veces chao.
- Gañador do I Premio Narrativa Breve Repsol en 2006, pola novela Se algún día esta muller morta.
- Premio García Barros en 2016, pola novela A candidata.
- Gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación 2019 por Os filósofos xa non brindan con cicuta.[10][11]
- Gañador do XXV Premio de poesía Johan Carballeira por Brinde e desespero.[12]
- Finalista do Premio Xerais de Novela 2021 por O negociador.
Notas
editar- ↑ "Miguel Sande Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "A traxectoria caótica do péndulo". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Miguel Sande publica en Espiral Maior el poemario «Hoxe, que vén o vento do sur»". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-22. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Se algún día esta muller morta (I Premio Repsol 2006)". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "A vida fóra". www.fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-23.
- ↑ "A candidata". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-19.
- ↑ Rabuñal, Henrique (outubro, novembro, decembro 2022). "O labirinto da alma humana". Grial LX (236): 104–105. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Miguel Sande: “A función da literatura é reinterpretar a vida, non reflectila”". Noticias de Galicia. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Miguel Sande presenta su obra «Ninguén chorou por nós»". La Voz de Galicia (en castelán). 2000-09-12. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Miguel Sande, gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Miguel Sande: «Non busco a poesía retórica, senón o sinxelo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-18. Consultado o 2022-04-26.
- ↑ "Miguel Sande con 'Brinde e desespero' vence no XXV Premio Johan Carballeira de Poesía". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-04-26.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Miguel Sande Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.