Ángel Nieto
Ángel Nieto Roldán nado en Zamora o 25 de xaneiro de 1947 e finado en Eivissa o 3 de agosto de 2017[1], foi un piloto de motociclismo español que chegou a conquistar 13 campionatos do mundo en diferentes categorías na disciplina de velocidade.
![]() (1972) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel Nieto Roldán ![]() 25 de xaneiro de 1947 ![]() Zamora, España ![]() |
Morte | 3 de agosto de 2017 ![]() Eivissa, España ![]() |
Causa da morte | accidente de tráfico ![]() |
Outros nomes | 12+1 ![]() |
Residencia | Eivisa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, director de equipo, comentarista deportivo ![]() |
Deporte | Motociclismo de velocidade ![]() |
Familia | |
Fillos | Ángel Nieto Jr., Pablo Nieto ![]() |
Parentes | Fonsi Nieto, sobriño ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | fundacionangelnieto.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Zamora, cando só contaba cun ano de vida os seus pais trasládanse a Madrid, onde comeza o seu percorrido deportivo aos 13 anos, en carreiras de afeccionados. Sen medios para adquirir unha motocicleta coa que participar en competicións oficiais, trasládase a Barcelona, conseguindo entrar en Bultaco. Despedido por abandonar sen permiso o posto de traballo, logra entrar en Ducati, onde permanece ano e medio, competindo no equipo Derbi-Zippo. Aos 16 anos, entra no departamento de probas de Derbi, e pouco despois consegue unha motocicleta de 50 cc. Case sen experiencia, gaña en 1969 os seus dous primeiros Grandes Premios. Iniciase así unha traxectoria por diferentes equipos: Derbi, Morbidelli, Kreidler, Minarelli, Garelli e Bultaco), que ten o seu fin en 1986, obtendo seis Campionatos do Mundo en 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977), sete en 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e catro subcampionatos. Durante os case vinte anos, gañou 90 grandes premios (27 en 50cc, 62 en 125cc e 1 en 80cc) e 23 Campionatos de España en diferentes cilindradas. Porén non tivo moito éxito na súa incursión en cilindradas superiores, como en 250cc.
Vida persoal
editarEn 1975, causou con Pepa Aguilar con quen tivo 2 fillos, Ángel Nieto Jr (1976) e Pablo Nieto (1980). Separáronse 15 anos despois, ao coñecer á pilota Belinda Alonso, coa que tivo o seu terceiro fillo, Hugo (1999). E o tío tamén do piloto Fonsi Nieto (1978).
Retirada do motociclismo
editarLogo da súa retirada do motociclismo activo, a principios de 1987 formou o equipo "Team Ducados Ángel Nieto", do que formaron parte Carlos Cardús, Alberto Puig e Julian Miralles. O equipo foi disolto en outubro de 1988.
Foi desde este momento en que compaxinou a dirección deportiva coa de comentarista de televisión. En 1998 pasou a ser director técnico do Vía Digital Team. En 1999, un dos seus pilotos, o ilerdense Emilio Alzamora, gañou o Campionato do Mundo de 125 centímetros cúbicos.
Algúns dos seus familiares tamén seguen unidos ao motociclismo, como os fillos Gelete e Pablo, e o seu sobriño Fonsi que participan ou teñen participado en probas do campionato do mundo.
Pioneiro
editarÁngel Nieto foi un supersticioso (triscaidecafobia). Foi coñecido por referirse a seus trece títulos mundiais como "doce máis un". Nos seus autógrafos e asinamentos aos afeccionados, firmaba como: "Ángel Nieto 12+1". Considerado un dos mellores pilotos do motociclismo español e un auténtico pioneiro, foi o mestre da nova rexeneración de pilotos españois que comezou a destacar na escena motociclista internacional a finais da década dos oitenta.
Galardóns
editarRecibiu unha gran cantidade de galardóns ao longo da súa carreira. Os máis salientables son a Gran Cruz ao Mérito Civil, a Orde Olímpica e a Gran Cruz da Real Orde ao Mérito Deportivo. A comezos de febreiro de 1996 o Comité Olímpico Español presentouno como candidato ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte. A cidade de Madrid dedicoulle un museo, o Museo Ángel Nieto (moi preto ao Parque de Enrique Tierno Galván), onde poden verse algunhas das súas motos, cascos e trofeos. Na súa cidade natal dedicáronlle unha rúa e un pavillón deportivo.
Accidente en quad e morte
editarO 26 de xullo de 2017, sufriu un grave accidente ao conducir un quad en Eivissa, e foi trasladado cara á Policlínica Nosa Señora do Rosario. Foi operado durante máis de dúas horas e quedou en "estado grave, pero non crítico", segundo fontes do mesmo recinto. Con todo, o 3 de agosto de 2017, a mesma policlínica informou de que a súa condición se deteriorou gravemente debido a un edema cerebral masivo. Morreu aquela tarde.[1]
Filmografía
editar- Ángel Nieto: 12+1 (2005) documental - Álvaro Fernández Armero.
- Ángel Nieto campeón del mundo (1971) curta - Juan Cobos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Muere el expiloto Ángel Nieto, (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel Nieto |
Bibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- A trip to the Museum Ángel Nieto in Madrid (en castelán) (dead link)
- Ángel Nieto documentary film (dead link)