Ángela de la Cruz

pintora galega

Ángela de la Cruz, nada na Coruña en 1965 é unha artista galega. Foi nomeada para o Premio Turner en 2010.[1][2][3] En 2017, gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas.

Infotaula de personaÁngela de la Cruz
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLisson Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, antes de mudarse a Londres en 1989, onde estudou arte na Universidade de Arte de Chelsea, no Goldsmiths College e na Slade School of Art (University College, Londres). Vive e traballa en Londres.[4][5][6] Tivo unha filla, nada en 2005, mentres se atopaba nun coma despois de padecer unha hemorraxia cerebral.[7] De la Cruz utiliza agora cadeira de rodas e necesita asistentes para realizar o seu traballo.[8]

Expuxo en Manifesta 5 en Donostia en 2004. A súa primeira exposición individual no Reino Unido, chamada "After", tivo lugar no Camdem Arts Centre en abril e maio de 2010.[9] Foi nomeada para o Premio Turner en 2010.

De la Cruz tamén utilizou aluminio como material de base para o seu traballo. O material é soldado cunha forma para despois esmagalo, golpealo e distorsionarlo (polo Estudo de Mike Smith, que traballa baixo as instrucións de Ángela) antes de ser entregado ó estudo de Ángela da Cruz para ser pintado polos seus axudantes.[10] Expuxo algúns destes traballos na Galería Lisson[11] de Milán, en 2013, e no Centre d'Art A Panera de Lleida, en 2015.[12][13]

Foi galardoada co Premio Nacional das Artes Plásticas 2017. O xurado recoñeceu a "intensidade da súa obra que explora a complexa relación entre o espazo ilusionista da pintura e a presenza física da escultura”.[14]

Notas editar