Johnny Servoz-Gavin

Georges-Francis "Johnny" Servoz-Gavin, nado en Grenoble o 18 de xaneiro de 1942 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 2006[1], foi un piloto de carreiras francés, de automobilismo deportivo e monoprazas.

Modelo:BiografíaJohnny Servoz-Gavin
Biografía
Nacemento(fr) Georges Francis Servoz-Gavin Editar o valor en Wikidata
18 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Grenoble, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Grenoble, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Equipe Matra Sports (pt) Traducir
-Tyrrell Racing
-Cooper Car Company Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Participou en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula entre a tempada 1967 de Fórmula Un e a tempada de 1970, non conseguindo cualificar nun. Logrou un podio e un total de nove puntos de campionato. Pilotou para o equipo Tyrrell de Fórmula Un, principalmente como compañeiro de equipo de Jackie Stewart.

Traxectoria

editar

Servoz-Gavin naceu ao pé dos Alpes. Cando era adolescente, traballou como instrutor de esquí, durante o cal coñeceuse como "Johnny".[1]

Os primeiros traballos de Servoz-Gavin incluíron o desenvolvemento de automóbiles deportivos para Matra.[2] Logo de competir inicialmente en rallyes, Servoz-Gavin trasladouse á carreiras de monoprazas. Anteriormente asistira á escola de pilotos no circuíto de Magny-Cours no centro de Francia, (do cal foi "expulsado") e en 1965 ingresou no Campionato de Francia de Fórmula 3 nun Brabham BT18 privado.[2] A finais dos 60, Servoz-Gavin era unha estrela en ascenso, seguindo os pasos de Jacky Ickx e Jean-Pierre Beltoise. Foi campión francés de Fórmula Tres en 1966 pilotando un Matra MS5 oficial e, en 1969, gañou o Campionato de Europa de Fórmula 2.[1]

Fórmula Un

editar

As súas actuacións nas carreiras de Fórmula Tres gañaron a atención do equipo Matra, o que o levou á Fórmula Un.[2] A súa mellor tempada foi a tempada 1968 de Fórmula Un, particularmente o Gran Premio de Italia de 1968, no que terminou segundo e logrou seis puntos, pilotando un Matra. Tamén impresionou no Gran Premio de Mónaco de 1968, entrando como substituto de Jackie Stewart, comezou na primeira fila da grella,[1] e liderou por diante de Graham Hill na saída, ata que a súa carreira rematou ao romper o eixo de transmisión nun incidente similar ao que resultou na morte de Lorenzo Bandini no Gran Premio de Mónaco de 1967. O ano seguinte, tamén logoru un sexto lugar no Gran Premio do Canadá de 1969 no Circuíto de Mosport Park, o que lle conseguiu un lugar na historia como o único piloto en conseguir un punto de campionato mundial cun coche de Fórmula Un con tracción nas 4 rodas, o Matra MS84.[3]

Servoz-Gavin sufriu unha lesión ocular nun evento fora das pistas no inverno de 1969-70, e preocupouse de que a súa visión estivese danada.[1] Pilotou un March 701, para o equipo Tyrrell[3] que terminou quinto (aínda que último) no Gran Premio de España de 1970 no Jarama. Logo de golpear unha barreira novamente, e non cualificar para o Gran Premio de Mónaco de 1970, decidiu retirarse.[1] Servoz-Gavin considerou que os riscos inherentes á Fórmula Un e as carreiras en xeral non merecían a pena pero os problemas coa súa visión poden ter influenciado na súa decisión.[3]

Outros intereses no automobilismo

editar

En 1969, Servoz-Gavin participou en eventos de resistencia de Matra, co-pilotando con Pedro Rodríguez.[2]

Vida posterior

editar

Home de boa aparencia e pertencente a alta sociedade, estaba entre varios pilotos de Fórmula 1 que se rumorea como o piloto descoñecido na película de curtametraxe de 1977 de Claude Lelouch, C'était un rendez-vous, aínda que Lelouch afirmou pilotar o propio automóbil.[4][5]

Despois de deixar as carreiras, Servoz-Gavin viviu nunha casa flotante e sufriu graves queimaduras cando unha botella de gas estoupou no seu barco en 1982. Morreu en maio de 2006 como resultado dunha embolia pulmonar, despois dun período de mala saúde. Tiña 64 anos.[2]

Rexistro de carreiras

editar

Resultados nas 24 Horas de Le Mans

editar
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1966   Matra Sports SARL   Jean-Pierre Beltoise Matra MS620-BRM P
2.0
112 Ret Ret
1967   Equipe Matra Sports   Jean-Pierre Beltoise Matra MS630-BRM P
2.0
155 Ret Ret
1968   Equipe Matra Sports   Henri Pescarolo Matra MS630 P
3.0
283 Ret Ret
1969   Equipe Matra Elf   Herbert Müller Matra MS630 P
3.0
158 Ret Ret
Fonte:[6]

Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 2

editar

(clave) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Pts
1967 Matra Sports Matra MS5 Ford SNE SIL NÜR
Ret
HOC TUL
8[7]
JAR
5[8]
ZAN
Ret
PER
5[9]
BRH 15
Matra MS7 VAL
3
1968 Matra Sports Matra MS7 Ford HOC THR JAR PAL
Ret
TUL ZAN PER HOC VAL NC 0
1969 Matra International Matra MS7 Ford THR
5[10]
HOC
6[11]
NÜR
6[12]
JAR
4[13]
TUL PER
2[14]
VAL
1
37

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts
1967 Matra Sports Matra MS7 (F2) Ford Cosworth FVA 1.6 L4 RSA MON
Ret
NED BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX NC 0
1968 Matra International Matra MS10 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA ESP MON
Ret
BEL NED ITA
2
CAN
Ret
USA MEX
Ret
13º 6
Cooper Car Company Cooper T86B BRM P142 3.0 V12 FRA
Ret
GBR ALE
1969 Matra International Matra MS7 (F2) Ford Cosworth FVA 1.6 L4 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE
Ret
ITA 17º 1
Matra MS84 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 CAN
6
USA
NC
MEX
8
1970 Tyrrell Racing Organisation March 701 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA
Ret
ESP
5
MON
NSC
BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX 20º 2
fonte:[15]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Henry, Alan (26 de xullo de 2006). "Johnny Servoz-Gavin". The Guardian. Consultado o 14 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 McDonough, Ed (2010). Matra Sports Cars: MS620, 630, 650, 660 & 670 - 1966 to 1974. p13: Veloce Publishing Limited. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 351. ISBN 0851127029. 
  4. "Johnny Servoz-Gavin". gp.com. Consultado o 16 de setembro de 2012. 
  5. "Behind the Scenes of Lelouch's Rendezvous". The Motoring Enthusiast. 27 de maio de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2012. 
  6. "All Results of Johnny Servoz-Gavin". racingsportscars.com. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  7. recibiu 2 puntos de campionato porque Jochen Rindt, Jack Brabham e Graham Hill que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  8. recibiu 6 puntos de campionato porque Jim Clark, Jackie Stewart e Jack Brabham que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  9. recibiu 3 puntos de campionato porque Jackie Stewart que terminou por diante era inelexible para puntuar
  10. recibiu 6 puntos de campionato porque Jochen Rindt, Jackie Stewart e Jean-Pierre Beltoise que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  11. recibiu 3 puntos de campionato porque Jean-Pierre Beltoise e Piers Courage que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  12. recibiu 4 puntos de campionato porque Jackie Stewart, Jo Siffert e Jean-Pierre Beltoise que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  13. recibiu 9 puntos de campionato porque Jackie Stewart, Jean-Pierre Beltoise e Piers Courage que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  14. recibiu 9 puntos de campionato porque Piers Courage que terminaron por diante eran inelexibles para puntuar
  15. Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 350. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

editar