Wenceslao Fernández Flórez

escritor galego
(Redirección desde «Fernández Flórez»)

Wenceslao Fernández Flórez, nado na Coruña o 11 de febreiro de 1885 e finado en Madrid o 29 de abril de 1964, foi un narrador, xornalista e humorista galego.

Modelo:BiografíaWenceslao Fernández Flórez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1885 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoConto, novela e Folletín Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0273273 BNE: XX895627 Bitraga: 164 BUSC: fernandez-florez-wenceslao-1885-1964 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Wenceslao Antonio Félix Saturnino Fernández Flórez foi o fillo máis vello do profesor ferrolán Antonio Félix Fernández e de Florentina Flores. Os pais casaron dous anos despois de el nacer e terían dous fillos e tres fillas máis.[1] No instituto foi compañeiro de aulas de Roberto Nóvoa Santos, malia que Wenceslao tivo que abandonar os estudos aos quince anos tras a morte do seu pai. Comezou a traballar no xornal coruñés La Mañana e posteriormente en El Heraldo de Galicia, Diario de La Coruña e Tierra Gallega. Con 18 anos dirixiu Diario Ferrolano, malia que, por ser menor de idade, non aparecía como tal. En 1907 entrou a traballar en El Noroeste da Coruña, que chegou a dirixir posteriormente. Dirixiu tamén, desde a súa fundación en 1906, o semanario agrarista de Betanzos La Defensa.[2]

A comezos de 1914 marchou a Madrid. Alí traballou como correspondente de El Noroeste e como empregado na Dirección General de Aduanas. Abandonou o cargo para traballar en El Imparcial e pouco despois en ABC. Neste último empezou a sección "Acotaciones de un oyente", unha serie de crónicas parlamentarias que o fixeron moi famoso. Posteriormente reuniunas en Crónicas parlamentarias (1914-1936). Tamén escribiu en El Liberal e Tribuna.

Mantivo estreita amizade con dirixentes do nacionalismo galego, como Castelao, frecuente ilustrador das súas obras. Logrou o premio do Círculo de Belas Artes coa súa novela Volvoreta (1917),[a][b] que narra os amores prohibidos entre unha serventa e o seu mozo señor no marco da Galiza rural. En 1926 recibiu o Premio Nacional de Narrativa de España.

 
Eduardo Sánchez Miño, Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909).

Malia a súa ideoloxía conservadora (seguidor e admirador da política de Antonio Maura), non escatimou en críticas a propósito da política e dos políticos do reinado de Afonso XIII. Víronse reflectidas nas súas obras "El secreto de Barba Azul", Las siete columnas ou El espejo irónico. Condecorado en 1935 coa Banda da República, ó estalar a Guerra civil española foi inmediatamente obxecto de ameazas de morte, acusado de non mostrarse partidario do Goberno da Fronte Popular. Fuxindo, pois, das chamadas Milicias de Vigilancia de Retaguardia, atopou refuxio na Embaixada da Arxentina. Baixo a invitación do Goberno dos Países Baixos, pasou a refuxiarse posteriormente na Embaixada dese país. Fernández Flórez era, en efecto, moi apreciado nos Países Baixos polas admirativas descricións que fixera do país no seu libro de viaxes La conquista del horizonte.

Baixo a protección da Embaixada de Holanda conseguiu viaxar a Valencia en marzo de 1937, como primeiro paso para saír de España. Porén, en Valencia foille denegada a saída de España. Produciuse entón un tenso incidente diplomático entre o Goberno de Holanda e o da República. Ante a insistencia do Executivo holandés, o Ministro de Gobernación, Julián Zugazagoitia, consultou co entón Ministro de Defensa, Indalecio Prieto. Este contestoulle literalmente:

"Si valiera mi voto lo emitiría en sentido favorable a las pretensiones del Gobierno holandés. No creo que merezca la pena producir un rozamiento con ese Gobierno".[3]

Grazas a isto, Wenceslao logrou saír de España en xullo de 1937. Anos despois, entre 1940 e 1941, Fernández Flórez foi chamado ante o Consello Sumarísimo aberto contra Julián Zugazagoitia, no que declarou na súa defensa. Parece que a condena a morte e fusilamento de Zugazagoitia, que tivo lugar antes de que Fernández Flórez declarase, produciulle un gran desgusto.

Sobre as súas experiencias na Embaixada de Holanda e no Madrid de 1936, escribiría dúas novelas, Una isla en el mar rojo (1938) e Novela Número Trece (1941). En 1945 ingresou na Real Academia Española e en 1959 recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio. En 1951 adaptou El capitán Veneno de Pedro Antonio de Alarcón para o cine, con dirección de Luis Marquina.

Ademais, as súas propias obras serían obxecto de numerosas adaptacións cinematográficas. Richard Harlan adaptou Odio en 1933. Rafael Gil versionou El hombre que se quiso matar en 1942 e 1970, Huella de luz en 1943 e Camarote de lujo en 1959). José Luis Cuerda adaptou El bosque animado en 1987.

Tivo un fillo, o militar Wenceslao Muíños Figueiras (1907-1985), que non recoñeceu legalmente pero con quen mantiña relación.[4]

Publicou unhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados pola ironía e a retranca, ás veces próximo ó fantástico. Amósase moi sensible á paisaxe galaica, que envolve nun profundo lirismo. Moitas das súas novelas e relatos posúen contidos simbólicos. Non é un gran innovador en canto ás formas e estruturas novelísticas, senón que segue academicamente os modos da narrativa tradicional. Existen nel reminiscencias de Stendhal e de Eça de Queirós, a quen traduciu.

A súa obra transmite unha mensaxe de escepticismo cara a un mundo que cambia só superficialmente e descoida valores espirituais e morais. As súas personaxes móvense entre a frustración e o fracaso. Pese ó subversivo, ás veces, do seu conservadorismo, gozou de gran prestixio durante o franquismo. Publicou con regularidade artigos de prensa, fixo edicións das súas "Obras Completas" e deu a luz numerosas obras. Os autores e críticos da esquerda literaria non lle perdoan o non compartir os seus puntos de vista políticos e aliñarse inequivocamente co bando oposto. En consecuencia, silenciaron o seu nome e a súa obra.

As preocupacións morais e o seu pesimismo maniféstanse en case todas as novelas. Así, en El secreto de Barba Azul (1923) intenta demostrar que as paixóns moven as accións humanas. Esta tese repítese en Las siete columnas (1926), onde os sete pecados capitais constitúen, paradoxicamente, os piares da sociedade. Tamén ironiza sobre a hipocrisía en Relato inmoral (1928) e en El malvado Carabel (1931), e ofrece unha visión desencantada da sociedade baixo a aparencia do humor.

Algúns títulos

editar
 
Caricaturizado por Máximo Ramos.

Galería de imaxes

editar
  1. Adaptada ó cine por José Antonio Nieves Conde en 1976 co título de Volvoreta.
  2. Despois incluída na Biblioteca Básica Salvat e na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano.
  3. Adaptada ó cine por Edgar Neville en 1935, por Fernando Fernán Gómez en 1956 e por Rafael Valedón en 1962.
  4. Adaptada ó cine por José Neches en 1945, por José Luis Cuerda en 1987 con guión de Rafael Azcona, e por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez en filme de animación en 2001.
Referencias
  1. Fernández Santander 1987, p. 15.
  2. Fernández Santander 1987, p. 21.
  3. Rubio García-Mina, Javier (1979). Asilos y canjes durante la Guerra Civil Española. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-0620-3. 
  4. Fernández Santander 1987, p. 16.
  5. Iglesias, Xabier (13/3/2013). "O ilustre Cardona". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar