Diario de La Coruña (1902)

Diario de La Coruña foi un xornal editado na Coruña entre 1902 e 1903.

Diario de La Coruña
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Apareceu o 1 de agosto de 1902[1] para substituír a La Mañana. Fundado e dirixido por Eduardo de Torres Taboada,[2] defendía a política de Francisco Silvela. Na redacción figurou Alfredo García Ramos, que foi despois director. Entre os seus colaboradores estaba Wenceslao Fernández Flórez. Cesou a súa publicación antes de xullo de 1903.

  1. "Periódicos", El Noroeste, 2-8-1902, p. 1.
  2. La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar