Volvoreta (novela)

novela de Wenceslao Fernández Flórez

Volvoreta é unha novela en lingua castelá de Wenceslao Fernández Flórez, publicada en 1917 con ilustracións de Castelao. Nese mesmo ano obtivo o Premio Círculo de Bellas Artes. Foi levada ao cine en 1976 por José Antonio Nieves Conde.

Volvoreta
Autor/aWenceslao Fernández Flórez
Ilustrador/aCastelao
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Novela
Data de pub.1917

De carácter costumista e naturalista, está ambientada na área rural próxima á cidade da Coruña. Conta as relacións amorosas entre Sergio e Federica (alcumada Volvoreta), unha rapaza que serve na casa da súa nai. Contrapóñense os sentimentos románticos e hipócritas do mozo (avergóñase dos seus sentimentos cara a unha muller de clase inferior) coa concepción máis vulgar e pragmática que ela ten do amor. Ao descubrir os amores a rapaza marcha a traballar á cidade, e o rapaz vai na súa procura, comezando a traballar de xornalista.

NotasEditar