Eleccións xerais de España de 1869

As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.

Prim foi nomeado Presidente do Goberno tras gañar as eleccións xerais de 1869

En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o había refundado baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.

Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.

O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeo I.

Composición do Congreso dos DeputadosEditar

Eleccións Xerais en España, 15 de xaneiro de 1869

Partido Escanos Líder
Coalición Progresista-Liberal 236 Juan Prim
Partido Republicano Democrático Federal 85 Francesc Pi i Margall
Comunión Católico-Monárquica 20 Carlos María de Borbón
Independentes de dereitas 3 José Ramón Bugallal Muñoz
Outros 8

Deputados galegosEditar

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]

A CoruñaEditar

LugoEditar

OurenseEditar

PontevedraEditar

NotasEditar

  1. Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar