Luís Rodríguez Seoane

médico e político galego
(Redirección desde «Luis Rodríguez Seoane»)

Luís Isidoro Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1836 e finado en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902, foi un médico e político galego.

Luís Rodríguez Seoane
Nacemento5 de abril de 1836
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento12 de agosto de 1902
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
IrmánsJosé Rodríguez Seoane
Na rede
Galiciana: 5358
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Luís Rodríguez Garea, era doutor en Medicina pola Universidade de Madrid. Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo, onde leu un dos brindes[1], e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. Foi deputado nas Cortes pola circunscrición de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884) e senador pola provincia de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1885-1886). En 1871 foi nomeado gobernador civil de Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1857) e colaborou en El Buscapié, El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán.

Obras editar

 
Álbum de la Caridad, 1862.

Sobre Medicina editar

  • Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas, 1878
  • Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar, 1880
  • Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago, 1880

Poesía editar

  • Mis ideales. Poesías, 1902.

Vida persoal editar

Era irmán de José Rodríguez Seoane.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar