Constantino Ardanaz Undabarrena
Constantino de Ardanaz y Undabarrena, nado en Bilbao o 5 de febreiro de 1820 e finado en Santander en 1873, foi un enxeñeiro e político español.
Constantino Ardanaz Undabarrena | |
---|---|
Nome completo | Constantino de Ardanaz y Undabarrena |
Nacemento | 5 de febreiro de 1820 |
Lugar de nacemento | Bilbao |
Falecemento | 1873 |
Lugar de falecemento | Santander |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e enxeñeiro de camiños |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Enxeñeiro de Camiños, iniciou o seu labor profesional aos 23 anos. Dous anos despois foi destinado a Barcelona onde traballou no río Llobregat. En 1857 pasou a dirixir o ferrocarril de Sevilla a Cádiz.
Republicano convencido, durante a lexislatura de 1865 foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo. Tras a Gloriosa ocupou o cargo de Ministro de Facenda entre o 13 de xullo e o 1 de novembro de 1869.
Predecesor: Laureano Figuerola Ballester |
Ministro de Facenda 13 de xullo de 1869 -1 de novembro de 1869 |
Sucesor: Laureano Figuerola Ballester |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constantino Ardanaz Undabarrena |