José Joaquín Barreiro Ferro
avogado e político galego
José Joaquín Barreiro Ferro, nado en Santiago de Compostela en 1814 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1870, foi un avogado e político galego.
José Joaquín Barreiro Ferro | |
---|---|
Nacemento | 1814 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 6 de xuño de 1870 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Fernando María Barreiro Moscoso, casou en primeiras nupcias en 1846 con Luisa María Taboada de Losada, filla dos Señores de Tor, e en segundas con Alejandra de la Riva. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Arzúa en 1846, 1850, 1853, 1857, 1858, 1863 e 1864 e polo de Santiago de Compostela en 1869. Foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1865.