Juan Armada Valdés
Juan Bautista Vicente María de Ávila Armada Valdés, marqués de Figueroa, nado na parroquia xixonesa de San Salvador de Deva o 27 de outubro de 1823[1] e finado en Figueroa (Abegondo) o 27 de febreiro de 1910[2], foi un militar e político galego.
Juan Armada Valdés | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1823 |
Lugar de nacemento | Deva |
Falecemento | 27 de febreiro de 1910 |
Lugar de falecemento | Figueroa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar e político |
Fillos | Juan Armada Losada |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Juan Antonio Armada Mondragón Guerra (marqués de Santa Cruz de Ribadulla) e María del Rosario Benita Fernanda Valdés Ramírez de Jove (condesa de Canalejas). Coronel de artillería. Foi deputado no Congreso polo distrito de Santiago de Compostela (1857-1865), A Estrada (1864-1865), e novamente Santiago de Compostela (1865-1871).
Vida persoal editar
Casou con Ramona Losada Miranda (marquesa de Figueroa) e foi pai de Juan Armada Losada Concepción Armada Losada e Joaquina Armada Losada, que casou con Miguel Gil Casares.
Notas editar
- ↑ Lasso-de la Vega López-de Tejada, Miguel (1992). Linajes y palacios ovetenses. Datos para su historia (en castelán). Hidalguía. p. 109.
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 28-2-1910, p. 2.