Adolfo Merelles Caula

avogado e político galego

Adolfo Merelles Caula, nado en Ourense o 2 de xuño de 1843 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1911, foi un avogado e político galego.

Adolfo Merelles Caula
Nome completoAdolfo Merelles Caula
Nacemento2 de xuño de 1843
Lugar de nacementoOurense
Falecemento20 de febreiro de 1911
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoSacramental de San Lorenzo y San José
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiDomingo Antonio Merelles
FillosAdolfo Merelles Martel
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Adolfo Merelles Caula en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880.

Traxectoria editar

Fillo de Domingo Antonio Merelles. Foi deputado por Ourense (1869-1871) e por Ribadavia en doce lexislaturas entre 1871 e 1910. Elixido senador polas provincias de Canarias (1891-1893) e Ourense (1896-1898). Foi promotor de La Opinión Liberal, un periódico editado en Ourense entre 1886 e 1887. Durante os diversos gobernos liberais foi director xeral de Obras Públicas e de Administración e Fomento,[1] subsecretario de Gobernación (1886-1887)[2][3] e de Ultramar (1894)[4][5] e director xeral de Penales.[1] Foi o pai de Adolfo Merelles Martel.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar